Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
Consello escolarComposición do Consello Escolar do IES.Laxeiro tras a renovación 2010Rematado o proceso electoral , o Consello Escolar do IES.Laxeiro quedou configurado ,nos tres sectores afectados, pola renovación: profesorado, pais/nais e alumnado. O día 29 a Xunta Electoral proclamou os novos membros do Órgano Colexiado, polo que tan só resta a constitución do novo Consello que terá lugar na primeira quincena de decembro. No arquivo adxunto pódese observar a súa nova composición » Renovación parcial do Consello Escolar do IES.LaxeiroO día 4 de novembro comeza o calendario elaborado pola Xunta Electoral para a renovación do Consello Escolar do IES.Laxeiro. Desde o día 5 ata o 18 estará aberto o prazo de presentación de candidaturas nos sectores do PROFESORADO, PAIS/NAIS e ALUMNADO. A tal efecto os interesados/as poderán recoller os impresos de presentación de candidaturas na secretaría do Centro. Entre os días 23 e 25 terán lugar as votacións, para rematar o proceso o día 30 de novembro. Do calendario, datas e demais comunicados, terán oportuna información nesta páxina web. Desde aquí tan só animar a que participen, presenten candidatura e acudan a votar nos días sinalados a tal efecto. ¡ ANIMO! ¡PRESENTEN CANDIDATURA! ¡VOTEN!
O FUTURO DO LAXEIRO É DE TODOS/AS .
Convocadas becas e axudas para para niveis postobrigatorios non universitariosDende o 5 de xullo ata o 30 de setembro está aberto o prazo para poder solicitar becas e axudas de estudos postobrigatorios. A solicitude deberase facer VIA ON LINE a través da páxina www.educación.es e previamente o solicitante deberá rexistrarse coma usuario para poder tramitar a súa petición. Nos arquivos adxuntos podedes obter información correspondente. » Plan de Convivencia do I.E.S. LaxeiroDespois de moitas reunións e moito traballo xa foi elaborado o Plan de Convivencia. Desde a Comisión de Convivencia tratamos de que sexa un plan aplicable e práctico e que, sobre todo, axude a mellorar a convivencia no centro. Esperamos que sexa un punto de partida, xa que é un plan que revisaremos tódolos cursos, mellorando ou cambiando as actividades segundo a avaliación final que fagamos de cada unha delas. Tamén trataremos de darlle unha maior participación ao alumnado mediante a creación dos Consellos de Aula e mediante a dinamización da Asemblea de Delegados. O Plan xa foi aprobado polo claustro e polo Consello Escolar e será aplicado no vindeiro curso 2010-2011. » Postura do Consello Escolar ante a remodelación da avenida Bos Aires
Con esta nota queremos facer chegar á Comunidade Educativa a postura acordada polo Consello Escolar ante a remodelación da Avenida Bos Aires, co fin de evitar malas interpretacións que poidan derivarse da rumoroloxía ou de escritos que xurdan doutras instancias. » Normativa de Actividades do CentroNo arquivo adxunto podedes consultar a Normativa de Actividades extraescolares do Centro » Integrantes do Consello Escolar
|
Novos números
|