C.M. Equipos e instalacións electrotécnicas

Ciclo formativo de grao medio

Duración: 2000 horas

  Que se aprende a facer?

Construír, explotar e manter liñas e instalacións de distribución de enerxía eléctrica en media tensión, baixa tensión e centros de transformación, instalacións singulares e de automatización de edificios. Realizar a construción de equipos electrotécnicos de distribución  de enerxía eléctrica, así como para a protección e o control de máquinas eléctricas. Manter e ensaiar máquinas eléctricas mediante a aplicación de procedementos establecidos. Realizar o mantemento preventivo e correctivo das instalacións do seu ámbito.

  En qué ámbitos se traballa?

Execución e mantemento de liñas eléctricas de distribución en MT e BT, instalacións de electrificación, singulares e de automatización en edificios; mantemento de máquinas eléctricas, tanto estáticas como rotativas, construción de cadros e equipos electrotécnicos.

  Que ocupacións se desempeñan?

Instalador de liñas eléctricas, montador de centros de produción, electricista xeral, instalador electricista de edificios, electricista industrial, montador de cadros eléctricos, bobinador, instalador electrónico de edificios, instalador de antenas, instalador de equipos telefónicos e reparador de electrodomésticos.

Módulos Horas
 Administración, xestión e comercialización na pequena empresa 80
 Automatismos e cadros eléctricos 240
 Calidade 55
 Electrotecnia 185
 Formación e orientación laboral 55
 Formación en centros de traballo 380
 Instalacións automatizadas en vivendas e edificios 130
 Instalacións eléctricas de enlace e centros de transformación 130
 Instalacións eléctricas de interior 240
 Instalacións singulares en vivendas e edificios  160
 Mantemento de máquinas eléctricas  160
 Relacións no equipo de traballo  55
 Seguridade nas instalacións eléctricas  55

  Que título se obtén?

Técnico en equipos e instalacións electrotécnicas.

  A que outros estudos se pode aceder?

Bacharelatos.