Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
Obradoiro de Educación para a Igualdade de XéneroO venres día 25 de abril visitaranos a poñente Dna. Maljorys del Carmen Peña para impartir un obradoiro de educación para a igualdade de xénero destinado ao alumnado de 2º de E.S.O. (grupos A e B). Dna. Maljorys del Carmen Peña traballa na República Dominicana en institutos que reciben alumnado de barriadas conflitivas. Empéñase sobre todo en tratar o tema do desenrolo persoal e de respecto de xénero como instrumento máis do labor educativo e social. O Laxeiro participa na primeira Liga de Debate de GaliciaAlumnos do Laxeiro van participar do 18 ao 20 de abril na primeira Liga de Debate de Galicia promovida pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade. O obxectivo da actividade é fomentar entre os estudantes galegos os debates de competición entre dous equipos. En total serán 24 centros de todo Galicia os que participan nesta primeira edición, onde desenvolverán o tema: Debe primar a seguridade pública fronte ás liberdades individuais?. Campaña de prevención de accidentes "Te puede pasar"Ao igual que en cursos anteriores, dende o Ministerio de Educación de colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico, estase a realizar a campaña de prevención de accidentes e as súas consecuencias graves "Te puede pasar". A campaña consiste nunha charla-coloquio impartida por un médico e un parapléxico da Asociación para o Estudo das Lesións Medulares (AESLEME). No noso centro realizarase o luns 14 de abril ás 16:30 h, e asistirá o alumnado de 1º BAC, de Ciclos Formativos que non se atope facendo as FCT nas empresas, e de EPA. Gañadores do I concurso de avións de papel "Gumersindo Areán"O pasado día 13 de marzo tivo lugar o I concurso de avións de papel "Gumersindo Areán" organizado polo departamento de tecnoloxía en colaboración co departamento de actividades. Houbo un grande éxito de participación nas tiradas das modalidades de distancia e duración, que se realizaron no ximnasio do centro. » Exposición "Os Monos de Laxeiro"Dende o venres día 22 de febreiro temos no centro unha exposición de debuxos de Laxeiro. Co título "Os Monos de Laxeiro", expóñense unha serie de debuxos humorístico-críticos no andar do edificio B. » Premio no Concurso "O Parlamento: a túa casa"Os alumnos e alumnas de 1º Bac de Ética e Filosofía do Dereito veñen de obter o 1º premio da modalidade de Bacharelato no concurso "O Parlamento: a túa casa" organizado polo Parlamento de Galicia. Obtivemos este premio pola elaboración dun proxecto de lei de Desenvolvemento rural de Galicia no que propúñamos medidas para evitar o proceso de despoboamento e abandono que esta padecendo o noso agro. O curso pasado tamén participamos no concurso, obtendo o 3º premio cun proxecto de lei de Eutanasia. Actividades centenario do pintor LaxeiroO vindeiro 23 de febreiro celébrase o centenario do nacemento de "Laxeiro". Como sabedes, o noso instituto sempre tivo unha relación próxima e de colaboración con este persoeiro. Esta semana comezan as actividades de conmemoración do centenario. Entre as actividades coas que contaremos temos un obradoiro de animación á escultura e de escultura en barro a cargo do escultor Luchi. » I concurso de avións de papel "Gumersindo Areán"O departamento de Tecnoloxía do Ies Laxeiro ven de convocar o I concurso de avións de papel "Gumersindo Areán". A data límite para anotarse é o 29 de febreiro. »
|
Novos números
|