Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
Fotos e vídeos do proxecto EnxeñoAcabamos de recibir as fotos e os vídeos da xornada do proxecto Enxeño realizada en Vigo á que asistíu alumnado de 2º de E.S.O. A xornada consistía en montar, programar e probar robots co paquete Lego Mindstorms. Se pinchas en Ler máis podes ver un vídeo da actividade. » Literatura de tradición oral das terras de SanabriaO venres 6 de febreiro ás 12,30 a Biblioteca do IES Laxeiro organiza unha seión de contacontos con José Luis Gutiérrez "Guti" que nos traerá unha selección de romances populares das terras de Sanabria. » O IES Laxeiro participa na II Liga galega de debateUn equipo do IES Laxeiro participou do 29 de xaneiro ao 1 de febreiro na II Liga Galega de Debate.
O equipo estaba formado polos alumnos de 1º BAC: Fátima Mosteiro, José » Viaxe a SotaventoComo xa ven sendo tradicional, o pasado xoves 22 de xaneiro de 2009 o alumnado de 1º de Bacharelato da modalidade de Ciencias e Tecnoloxía visitou o parque eólico de Sotavento, situado na Serra da Loba. Nesta visita puideron afianzar os seus coñecementos de física e tecnoloxía acerca das enerxías renovables. A visita tivo unha duración de catro horas aproximadamente, onde se expuxo un importante contido tanto práctico coma teórico, pois os guías adaptáronse moi ben ao nivel dos escolares. Esta actividade estivo organizada polos departamentos de Física e Química e de Tecnoloxía. Festival de NadalO xoves 18 de decembro celebrouse no salón de actos do instituto o Festival de Nadal. Nel participaron alumnado da ESO e de Bacharelato. Ó longo da mañá, foron pasando polo escenario alumnos e alumnas da área de Música para interpretar diferentes cancións e coreografías. Tamén contamos cun espectáculo de maxia a cargo do Mago David. Este mesturou humor e maxia sen deixar de cautivar en ningún momento ó público. Axuda de EscritorioÁs veces somos un pouco reacios a incorporar as novas tecnoloxías á nosa práctica docente. Aquí tedes un exemplo moi ilustrativo. » Día Internacional Contra a Violencia de XéneroO pasado martes día 25 de novembro, os alumnos e alumnas dos Ciclos Formativos e 2º de Bacharelato acercáronse ó Filmax Pontiñas para ver a película "A Descoñecida" do director italiano Giuseppe Tornatore. Esta actividade estaba enmarcada dentro das actividades organizadas pola Oficina de Igualdade do Concello de Lalín con motivo do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. Viaxe a Galiciencia e actividades de TecnópoleO pasado martes día 18 de novembro o alumnado de 4º de E.S.O. viaxou a Ourense para asistir e desfrutar coas actividades programadas no proxecto Galiciencia e outras preparadas grazas ao patrocinio do parque Tecnópole e a organización de Altega. A viaxe foi preparada polos departamentos de Física e Química e Tecnoloxía. » Visita exposiciónsO vindeiro xoves 13 de novembro, dentro das actividades da Semana da Ciencia, o alumnado de 3º ESO visitará en Santiago dúas exposicións relacionadas coas matemáticas: - De como aprendemos a contar e os aparellos empregados (Facultade de Matemáticas - Campus Sur) - Escher e as matemáticas (Sala de exposicións de Sargadelos) Estas exposicións estarán abertas ao público en xeral ao longo de toda a semana para aqueles que esteades interesados.
Viaxe Fin de curso a LondresEste xoves día 19, 41 alumnos e alumnas de 4º ESO parten de viaxe para Londres con motivo da excursión de fin de curso. Estarán acompañados por tres profesores do centro. A volta será o día 24 deste mes.
|
Novos números
|