Fotos de entroido no Laxeiro

Xa podedes ver fotos das actividades celebradas o pasado venres 12 de febreiro para festexar o entroido. Un ano máis houbo un grande nivel de participación e a calidade dos disfraces presentados a concurso foi moi alta.

Acceso á galería de fotos do entroido 2010

Vídeo día da paz

Grazas ao excelente traballo de José Manuel Poza (1º Bach), que fixo a
gravación das actividades durante o día da paz e conseguiu despois esta
magnífica montaxe, xa temos aquí o primeiro vídeo destas actividades,
centrado na canción que interpretou Iria Martínez, de 2º curso da
E.S.O. Gozade con esta fantástica obra de arte, tanto musical coma
cinematográfica.

Actividades do día da paz

O día 29 de xaneiro celebramos no Laxeiro o día escolar da paz, con actividades variadas (ao longo das titorías do mes). Se queres ver como se desenvolveron algunhas delas (pintura do Guernica, muro da Axenda 21, pregado de grúas...) mira as seguintes ligazóns.

Fotos da construción grúas pola paz

Fotos doutras actividades (mesturadas, así que hai que velas todas)

Irmanamento Lalín-Escaldes d'Engordany

Un grupo de alumnos do IES Laxeiro e IES Aller Ulloa participaron, do 24 ao 30 de xaneiro, nunha viaxe a Andorra, no marco do Irmanamento entre o concello de Lalín e o común de Escaldes d'Engordany. As actividades centraronse fundamentalmente na práctica do esquí, un dos piares da economía do coprincipado, aínda que os participantes tiveron tamén ocasión de coñecer a súa historia, paisaxe e organización política con visitas a museos, parlamento, comú, etc. Galería fotográfica aquí.

Nova regulación das PAAU

Publicouse no DOGA do luns 11 de xaneiro, a orde que regula as probas de acceso ao sistema universitario (ensinanzas de grao).

Para ter máis información, consultade en orientación (que xa está realizando sesións informativas con alumnado de 2º Bacharelato Nocturno e Diurno) e tamén podedes consultar directamente a orde na  páxina web da Consellería de Educación.

Obradoiros da Cruz Vermella

Na semana do 16 a 20 de novembro realizáronse dous obradoiros a cargo de asesores da Cruz Vermella:

  • o programa de prevención de condutas violentas: no que se trataron os DDHH, violencia de xénero, resolución de conflitos, autoestima e bullying
  • o programa de educación para a saúde: sexualidade, hábitos nocivos (drogas, tabaco, alcohol), trastornos alimentarios (anorexia e bulimia) e VIH-SIDA.

Nestes obradoiros participou alumnado de 3º e 4º ESO.

Por se queres ver as fotos, consulta no album correspondente na galería de imaxes do Laxeiro.

Toma Nota

O portal Infoempleo edita de forma bimestral a Revista TN Toma Nota, unha publicación xuvenil que podedes consultar de forma gratuíta e onde podedes atopar resposta a inquedanzas e intereses relacionados co mundo da formación e o emprego. Oriéntate e asesórate sobre o teu futuro académico e profesional!.

Revista Toma Nota

Revista Toma Nota

 

Presentación da novela O Cabo do Mundo, de Xabier Quiroga

O venres, 11 de decembro, ás 20,00 h., terá lugar a presentación da novela O Cabo do Mundo, de Xabier Quiroga, no salón de actos do IES Laxeiro.

Visita ao observatorio astronómico da USC

            O día 27 de novembro un grupo de alumnos de 1º e 2º de Bacharelato (diurno e adultos) visitaron o Observatorio Astronómico “Ramón Mª Aller Ulloa” da Universidade de Santiago de Compostela.

 telescopio

      

Programa Orienta

Xa podedes descargar o programa Orienta 2009-2010.

O  programa Orienta axúdavos, de forma interactiva e mediante cuestionarios, a tomar decisións sobre o voso futuro académico e profesional. Co seu uso teredes máis información sobre as posibilidades que se vos abren nos vindeiros cursos e en base aos vosos intereses e habilidades asesóravos á hora de escoller materias optativas, ciclos formativos, vías do bacharelato, ...

Especialmente interesante para o alumnado de segundo ciclo da E.S.O., Ciclos Formativos e Bacharelato.

Distribuir contido