Viaxe a Galiciencia e actividades de Tecnópole

O pasado martes día 18 de novembro o alumnado de 4º de E.S.O. viaxou a Ourense para asistir e desfrutar coas actividades programadas no proxecto Galiciencia e outras preparadas grazas ao patrocinio do parque Tecnópole e a organización de Altega. A viaxe foi preparada polos departamentos de Física e Química e Tecnoloxía.

Pola mañá asistimos a talleres sobre temas científicos concretos. Así, soubemos como funcionaba o mecanismo polo que as prantas absorven a auga, coñecemos algo máis das propiedades da madeira, miramos por algún microscopio, entendemos algo máis do espectro lumínico, explicáronnos en que consistíu a medida do radio da terra por Eratóstenes, medimos a velocidade da luz e ulimos un montón de fragancias.

 

Tecnopole

 

Para completar a mañá, asistimos a unha exposición sobre o universo e as estrelas, magníficamente presentada por un experto en astronomía. As fotos que tivemos ocasión de ver foron espectaculares.

Pola tarde vimos uns videos sobre ciencia, asistimos a dous espectáculos de física recreativa e presentáronnos traballos e proxectos científicos doutros institutos.

 

Galiciencia

 

Foi unha experiencia fantástica!. A ciencia tamén é divertida!.