Visita á Área Arqueolóxica de Tourón

O día 13 de Novembro os alumnos/as de 1º BAC visitaron a Área Arqueolóxica de Tourón no Concello de Ponte Caldelas.

O Seminario de Filosofía organizou unha visita a Área Arqueolóxica de Tourón con vistas a reforzar a Unidade Didáctica: "O ser humano, o proceso de humanización".

Visita ao Arqueocampo

O 18 de novembo, un grupo de alumnos de 1º BAC Adultos realizou unha visita ao Arqueocampo organizado polo CSIC en Santiago de Compostela.

 

os alumnos realizando a excavación arqueolóxica

Tratábase de descubrir en que consiste o traballo dos arqueólogos. Os alumnos aprenderon como se forma un xacemento, realizaron unha excavación arqueolóxica, recolleron mostras e materiais e fixeron o tratamento dos materiais arqueolóxicos atopados: limpeza, clasificación, siglado, descrición e fotografía.

 

O traballo dos arqueólogos axúdanos a coñecer mellor a nosa historia e como foi cambiando ao longo do tempo

 

 

A maxia da robótica

O pasado luns 9 de novembro asistimos en Santiago ao Obradoiro "A maxia da robótica".

Alí puidemos experimentar coa montaxe e programación de robots Lego e gozar das múltiples posibilidades que a robótica nos oferta para levar a cabo tarefas de todo tipo. 

Podedes ver fotos de esta actividade na galería de fotos do IES Laxeiro.

Como mostra unha foto desta actividade:

 

Robot segueluz

Visita á exposición A evolución humana

Un grupo de alumnos de 1º BAC visitou o 3 de novembro a exposición A evolución humana no Auditorio de Lalín.

 

expo evolución humana explicación

 

Xornada de Convivencia cos alumnos de 1º da E.S.O.

O venres 16 de outubro, 82 alumnos de 1º da ESO e dez profesores participamos nunha xornada de xogos cooperativos, castañas e refrescos á sombra da carballeira do Rodo. A actividade, promovida desde a Comisión da Convivencia, ocupou un recreo e as dúas últimas sesións de clase. Con ela perseguíase un mellor coñecemento e achegamento entre alumnos e docentes de 1º da ESO.

Comeza a liga de fútbol sala do IES Laxeiro

O próximo xoves 22 de outubro comeza a temporada 2009-10 da liga de fútbol sala do IES Laxeiro. Os partidos disputaranse todos os xoves, no pavillón municpal, entre as 16 e 18 h. A relación de equipos participantes, normas e calendario expóñense no taboleiro de actividades do centro

Para coñecer as regras deste deste deporte, podes visitar a páxina da LNFS

Liga Fútbol Sala

O xoves 11 de xuño, no pavillón municipal de Lalín, xogouse a Final da Liga de Fútbol Sala 08/09 do IES Laxeiro. Os equipos que disputaron este partido foron "Entendes" e "Castigadores" cun resultado de 7-4 a favor de "Entendes". O equipo que acadou o 3º posto foi "Unión Penosa".  

Obradoiro de papiroflexia

O pasado día 4 de xuño anticipamos a celebración do día do medioambiente dunha forma moi especial. O alumnado de primeiro ciclo da ESO que forma parte do comité ambiental asistiu a un obradoiro de papiroflexia, onde coñeceron a historia de Sadako Sasaki e fixeron grúas de papel.

II Festival das Letras Galegas

O pasado 29 de maio tivo lugar no patio do centro o II Festival das Letras Galegas. Foi unha xornada na que participou toda a comunidade escolar do instituto con moito interés e respecto polas actuacións desenvolvidas polo alumnado.

Nestas actuacións houbo dende danzas renacentistas ata hip-hop con algunha que outra pincelada de música barroca, de canción tradicional e canción pop. Tamén contamos con grupos de percusión corporal, charanga, monólogos, demostracións de parkour e con unha exhibición de taqueos.

Como colofón ao festival púxose en marcha o proxecto "Os ciclos xeran enerxía" consistente en producir electricidade para alimentar unha emisora de radioafeccionado a través das pedaladas de tres bicicletas.

Participación no Correlingua 2009

O xoves 14 de maio 44 alumnos e alumnas de 2º e 3º ESO do IES Laxeiro participan na edición do Correlingua 2009 que se celebra na Estrada.

Distribuir contido