Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
1º PREMIO ESPIRAL DE EDUBLOGS 2009 PARA O BLOG DO CICLO SUPERIOR DE MANTEMENTO INDUSTRIAL
Este premio é organizado pola Asociación Espiral, Educación y O vindeiro 6 de xuño farase a entrega dos premios en Caixa Fórum de Madrid.
Nestes premios valóranse os recursos ofrecidos,
Este blog premiado mostra información relativa ó » Blog de Ciclo Superior de Mantemento de equipo industrialBlog creado no noso centro. Destinado ó Ciclo Superior de Mantemento de equipo industrial. Neste blog poderás videos das instalacións do IES Laxeiro, ofertas de emprego, traballos feitos polos alumnos, información de automatismos, enerxía eólica, ... Este blog está de noraboa. Na III edición do Premio Espiral, de Blogs educativos que se está ha celebrar, este é finalista na categoría de Blog de aula - FP y Ciclos. » Introdución á Aula Virtual do CentroO martes día 28 de abril ás 16:00 horas terá lugar unha xornada de introdución ao funcionamento da Aula Virtual do Centro dirixida ao profesorado. A razón de convocar esta xornada é mostrarlle ao profeorado tódalas posibilidades que ofrece a Aula Virtual como plataforma de organización do curso e de traballo durante o mesmo, así como animalos a que empecen a empregala de forma regular. A sesión durará aproximadamente dúas horas e media e será case na súa totalidade práctica. Ensinarase, entre outras cousas, como crear cursos, matricular alumnado, subir material (arquivos de texto e imaxes, vídeos, arquivos de son, etc.), poñer ligazóns a páxinas web, realizar actividades en liña, cuestionarios, actividades de avaliación, etc. Literatura de tradición oral das terras de SanabriaO venres 24 de abril ás 12,55 a Biblioteca do IES Laxeiro organiza unha seión de contacontos con José Luis Gutiérrez "Guti" que nos traerá unha selección de romances populares das terras de Sanabria. » Masterclass europea de Física de PartículasO pasado venres día 3 de abril dous alumnos de 2º de Bach A, Xosé López e David Barreira, asistiron en Santiago a unha Masterclass en Física de Partículas. A xornada tivo lugar na Facultade de Física da Universidade de Santiago de Compostela e foi organizada polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías e pola Organización Europea para a Investigación Nuclear (CERN). » Visita a exposición Da Terra de Lemos ao Reino de GaliciaO 18 de marzo un grupo de 26 alumnos de 2º BAC visitaron a exposición Da Terra de Lemos ao Reino de Galicia en Ourense. » Vista ao Museo de AltamiraOs días 13 e 14 de novembro @s alunm@s de 1º BAC fixeron unha visita ao Museo da Minería e da Industria, na vila de El Entrego (Asturias) e ao Museo de Altamira. » Festival de EntroidoO día 20 de febreiro celebrouse no patio do instituto o Festival de Entroido. Desfilaron pola pasarela alumnos e alumnas de tódolos niveis educativos, acadando unha alta participación. Entregáronse premios ós tres mellores disfraces de cada categoría. Como crear un arquivo pdfSeguro que algunha vez tivestes a necesidade de crear un arquivo pdf a partires dun dos vosos documentos. Este minitutorial explícavos brevemente como se pode facer isto de forma sinxela. » Presentación de Unidos por el FlowO martes 10 de marzo, ás 11,45 horas, no Salon de Actos do IES Laxeiro, Xaime López "Chispón" (ex-alumno do Laxeiro) presentará o proxecto Unidos por el Flow. »
|
Novos números
|