Vista ao Museo de Altamira

Os días 13 e 14 de novembro @s alunm@s de 1º BAC fixeron unha visita ao Museo da Minería e da Industria, na vila de El Entrego (Asturias) e ao Museo de Altamira.

A visita a Altamira complementa e reforza o tema da evolución humana, tratado no bloque de contidos “O ser humano”.

A visita estivo estruturada en tres “etapas”:

1º Visita á Neocueva:  Debido a problemas de conservación, a cova orixinal
permanece pechada ao público, por iso se expón unha reproducción da
mesma. O espectáculo non deixa de ser fascinante. Fai 15.000 anos,
o ser humano dominaba un gran número de recursos para recrear e reproducir o
seu mundo simbólico.

2º Talleres: Dividímonos en tres grupos:

- Talleres de caza:  O monitor mostrounos diversas técnicas e ferramentas de caza
utilizadas polos Cromagnon: propulsor, coitelos de sílex, cordas de tendóns
etc…

- Taller de pintura:  Ensináronnos a forma de conseguir as cores, a través da
mestura de distintas sustancias, a forma en como pintaban e o que representaban
para eles.

- Taller do lume:  Consistiu en experimentar cos medios que utilizaban para producir
lume:  frotando un pao e coa chispa producida polo choque entre
pedras. Dende a actualidade e dende a forma que temos agora de
entendelo, resulta sorprendente e tamén bastante difícil de facer.

3º Visita ó Museo:  Había distintas salas, onde fundamentalmente se expoñían
as formas de vida das sociedades de cazadores-recolectores do Paleolítico
superior.  Instrumentos, obxectos e materiais que utilizaron estes humanos
e que hoxe resultan decisivos para entender a súa organización social.