Masterclass europea de Física de Partículas

O pasado venres día 3 de abril dous alumnos de 2º de Bach A, Xosé López e David Barreira, asistiron en Santiago a unha Masterclass en Física de Partículas. A xornada tivo lugar na Facultade de Física da Universidade de Santiago de Compostela e foi organizada polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías e pola Organización Europea para a Investigación Nuclear (CERN). 

 

Masterclass 2

 

O programa era moi completo.

Pola mañá recibiron un par de conferencias sobre Física de Partículas a cargo de profesores da Facultade. Pola tarde realizaron un experimento de detección de trazas de desintegración de partículas Z a partires de datos reais dun acelerador de partículas do CERN.

Masterclass 1

Para rematar a xornada, as análises obtidas comunicáronse directamente ao CERN mediante videoconferencia múltiple xunto con alumnado doutras sedes europeas. Certamente, foi un día de inmersión total nos conceptos e métodos modernos da Física de Partículas.

 

Masterclass 3