I concurso de avións de papel "Gumersindo Areán"

O departamento de Tecnoloxía do Ies Laxeiro ven de convocar o I concurso de avións de papel "Gumersindo Areán". A data límite para anotarse é o 29 de febreiro.

Hai tres modalidades para participar: Distancia, duración e deseño.

Na modalidade "distancia" gañará aquel avión que chegue máis lonxe, na modalidade "duración" aquel que voe durante máis tempo e na modalidade "deseño" aquel que sexa máis vistoso.

Hai substanciosos premios.

Para anotarse ponte en contacto co departamento de Tecnoloxía.

No ficheiro que segue podes consultar as bases da convocatoria. 

AdxuntoTamaño
bases-avions.pdf29.35 KB