Acreditación de competencias por experiencia laboral . Convocatoria 2012

A Orde do 29 de decembro de 2011(DOG do 9 de xaneiro de 2012) convoca o proceso de acredita¬ción de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, de distintas familias profe¬sionais. O prazo de presentación de solicitudes será desde o 16 de xaneiro de 2012 ao 15 de febreiro de 2012. A solicitude de participación no procedemento farase empregando a aplicación infor¬mática subministrada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que se atopa no enderezo http://www.edu.xunta.es/acreditacion. Esta aplicación estará activa a partir do 16 de xaneiro de 2012.

 INFORMACIÓN: www.edu.xunta.es/fp

Programa de inmersión lingüística en Mohernando

Un grupo de 25 alumnos de 2º de ESO ven de participar no "Programa de Inmersión Lingüística Outono 2011" organizado pola Secretaría de Estado de Educación y Formación Profesional". A actividade desenvolveuse entre o 30 de outubro e o 5 de novembro na finca El Encinar, en Mohernando (Guadalajara), onde compartiron estancia e talleres co IES Sayena de Castell de Ferro (Granada). Alí desenvolveron talleres arredor dos seguintes temas: "A contorna natural e cultural", "A aldea global", "Enerxías renovábeis", "Desenvolvemento sostible", "Reducir, reusar, reciclar". Tanto nestas como nas actividades cotiás, veladas, etc. estaban acompañados e dirixidos por monitores procedentes de Bristol, Manchester, Ohio ou New York, sendo, en todo momento, a lingua inglesa a vehicular na comunicación.

A experiencia resultou altamente positiva para o alumnado, tanto no aspecto linguistico como social e vivencial.

No blog de Anglo Orbe, entidade organizadora, podedes ver fotos e o día a día.

 

Calendario de inicio do curso 2011-12

Xoves, 15 de setembro:

  • Presentación para o alumnado de 1º de ESO ás 20,30 h. (acompañados dos seus pais ou titores legais).

Venres, 16 de setembro:

  • Presentación para o alumnado de ESO (1º, 2º, 3º, 4º) ás 12,30 h. (haberá bus para vir ás 12,00 h. e volver ás 14,30 h.)
  • Presentación para o alumnado de bacharelato ás 12,30 h.
  • Presentación para o alumnado de adultos (ESA, 2º PCPI e BAC) ás 19,00 h.
  • Inicio da matrícula do alumnado de Programas de Cualificación Profesional Inicial.

Luns, 19 de setembro:

  • Clases con horario normal en ESO, bacharelato e adultos.
  • Presentación do alumnado de ciclos formativos ás 9,00 h.
  • Clases con horario normal en ciclos formativos

Días 26 e 27 de setembro: festas locais en Lalín.

Día 28 de setembro: reanudación das clases.

O IES. Laxeiro seleccionado para o "Programa de Inmersión Lingüística outono 2011"

O IES.Laxeiro foi un dos doce centros de secundaria de Galicia seleccionado para participar no "Programa de Inmersión Lingüística Outono 2011" organizado pola Secretaría de Estado de Educación y Formación Profesional. Un grupo de 25 alumnos/as de 2º ESO participarán desde o 30 de outubro ata o 5 de novembro nun estadía no centro Anglo Orbe de Mohernando en Guadalajara xunto con outros centros seleccionados de toda a xeografía nacional. Unha gran oportunidade para desenvolver contidos transversais xunto co perfeccionamento da fala en lingua inglesa. No Blog adxunto refréxase o tipo de actividades e o ambiente no que se vai a desenvolver a citada actividade.

Relación de Libros de Texto do IES.Laxeiro para o curso 2011-2012

Pulícase o listado de Libros de Texto para o curso 2011-2012 no IES.Laxeiro de Lalín. Os listados da ESO coas súas diferentes modalidades de axudas, o listado de Bacharelato coas súas modalidades, listados de Ciclos Formativos Medios e Superiores e tamén da ESA de adultos, están presentes nesta información. A Dirección do IES.Laxeiro non se fai responsable do material non refrexado nestes listados.

Final comarcal de Cifras e Letras

O xoves 26 de maio celebrouse no Auditorio de Lalín e no IES "Ramón Mª Aller" a final comarcal do concurso de "Cifras e Letras" que organizaron os departamentos de Matemáticas do CPI de Rodeiro, IES "Pintor Colmeiro", IES Ramón Mª Aller" e IES "Laxeiro". Houbo dúas finais ás que chegaron dous alumnos de 1º ciclo (1º e 2º de ESO) e outros dous de 2º ciclo (3º e 4º de ESO) que estiveron acompañados e animados polos seus compañeiros de clase. Fotos na galería do centro.

Cifras e letras

Concurso de carteis: "Un decreto contra o galego"

Os departamentos de Plástica e Normalización Lingüística convocaron un concurso de carteis para concienciar ao alumnado do centro sobre a negativa incidencia que ten o decreto de plurilingüismo no ensino.

Novo éxito do IES.Laxeiro no concurso de relato corto da Fundación Coca Cola

O IES.Laxeiro volve á súa cita co éxito na creación literaria. Cada ano, como ven sendo costume, o seu alumnado de 2º ESO amosa as súas cualidades de futuros/as escritores/as e colleitan novos éxitos no concurso nacional de relato corto que , como cada ano, e van cincuenta e un,organiza a Fundación Coca Cola. Este ano son duas alumnas de 2º ESO A as que logran acadar un posto na final autonómica que se vai a desenvolver no Teatro Jofre de Ferrol o próximo venres, día 3 de xuño ás sete da tarde. Alba Tomé Seijas e Ana Santorum Martínez son as creadoras destos dous relatos que a través desta páxina queremos amosárvolos.

"Entre lienzos y cuadros de Alba y números de magia de Ana" atoparemos arte e creatividade de duas alumnas de 2º ESO que o próximo venres en Ferrol representarán ao IES,Laxeiro ,unha vez máis, no Concurso Nacional de Relato Corto Coca Cola 2011.

Distribuir contido