Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
David Utrera , 2º no concurso "Mellor periodista xuvenil" de La Voz de GaliciaDavid Utrera, de 2º de bacharelato, acadou o 2º premio no VIII Concurso Escolar Mellor periodista Infantil e Xuvenil, convocado, dentro do Programa Prensa-Escola, por La Voz de Galicia, no que participou baixoa supervsión do profesor Manuel Igrexas.
O artigo co que conseguiu o premio leva por título Ergámonos e será publicado na edición de mañá mércores, 25 de maio, de La Voz de Galicia. A entrega do galardón terá lugar o vindeiro 4 de xuño no parque de Acea de Ama en Culleredo (A Coruña) na festa fin de curso da 14ª edición de Voz Natura, curso 2010-2011.
Os nosos parabéns para David.
A Escola Cooperativa Móbil no IES Laxeiro de LalínA semana do 16 ao 20 de maio, os alumnos do IES Laxeiro de Lalín asistirán ás sesións da Escola Cooperativa Móbil, dentro da programación da campaña de divulgación das cooperativas promovida pola Consellería de Traballo e Benestar. Os monitores especializados na materia exporán a alternativa do cooperativismo como vía de acceso ao mercado laboral e guiarán aos estudantes no desenvolvemento de proxectos cooperativos, a través de charlas e obradoiros Convocadas as axudas 2011 para alumnos/as de FCTCon data de 12 de maio ven de publicarse no DOG a Orde do 3 de maio pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo. No ligazón tendes a información correspondente a devandita solicitude. O prazo é de 31 días naturais a partires da súa publicación e a solictude debe realizarse no ANEXO I da presente Orde. Ademáis da solicitude debedes presentar como documentación : Certificado de residencia durante as prácticas e documento de entidad bancaria a voso nome. Podedes acceder ao impreso de solicitude a través da seguinte dirección: www.edu.xunta.es/fp/fct. Convocatoria de probas libres para obtención do título de graduado en Educación SecundariaCon data de 11 de maio de 2011 saiu publicada no DOGA a Resolución do 22 de abril pola que se ditan as instrucións para a realización das probas para obtención do título de Graduado de Educación Secundaria. Os prazos de inscripción serán desde o día 16 ao 27 de maio para a convocatoria de xuño e o 1 e o 2 de setembro para a convocatoria do mesmo mes. Os días fixados para a realización das probas serán o 14 de xuño e 9 de maio respectivamente.No arquivo adxunto pdes consultar máis información » Cualificacións provisionais das Probas de acceso a Ciclos SuperioresXa están publicadas desde o día 18 as cualificacións provisionais das Probas de acceso 2011 de Ciclos Superiores. Os días hábiles para efectuar reclamacións serán os días 19 , 20 e 25 de abril na secretaría do Instituto onde se fixo a inscripción. Por motivo de reformas eléctricas, no IES.Laxeiro o día hábil será o luns , día 25 de abril. O IES Laxeiro subcampión do Parlamento xove 2011
O equipo do IES Laxeiro formado por Nuria Lorenzo, Tamara García, Yoly Ogando, David Utrera, Celia Varela e Daniel Sousa, coordinado polo profesor Manuel Igrexas, foi subcampión no concurso de debate Parlamento xove 2011 organizado pola Subdirección xeral de Xuventude da Xunta de Galicia. » Aberto o prazo para solicitar acreditación de competencias profesionais a través da experiencia laboralA través da Orde do 21 de marzo de 2011(DOG do 25) convócase o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral na Comunidade Autónoma de Galicia para determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais. Para máis información consultar na seguinte dirección: http://www.edu.xunta.es/fp/acreditacion.htm Concurso Cifras e Letras 2010-11. Gañadores na fase de centroEsta semana ven de celebrarse a fase final de centro do concurso Cifras e Letras, resultando a seguinte clasificación: » laxas traducidas, sesión de traballo 5/2011o luns 28 de marzo logo das aulas de tarde reúnese novamente o grupo de tradución "laxas traducidas" para traballar na tradución da proposta de traballo linh dinh - blood and soap. máis información en laxastraducidas.blogspot.com Convocado concurso de méritos para selección e nomeamento de Directores de centros docentes públicosNo DOG do 25 de marzo sae publicada a Orde do 17 de marzo pola que se convoca concurso de méritos para a selección e nomeamento da dirección de centros docentes públicos. Entre os centros que aparecen no Anexo 1 como vacantes figura o IES. Laxeiro, polo que se abre o período de presentación de solicitudes, para acceder á Dirección. O prazo de presentación de solicitudes é de vinte días naturais, polo que rematará o 14 de abril.
|
Novos números
|