Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
SecretaríaAdmisión a Ciclos Medios e Superiores para o curso 2021-2022Desde o venres, día 25 de xuño, ata o luns , día 5 de xullo, ás 13:00 horas, estará aberto o prazo para realizar a inscrición de admisión a ciclos medios e superiores de réxime ordinario para o curso 2021-2022. A Orde que regula este proceso de admisión é a do 15 de xuño de 2016 (DOG do 27 de xuño). Para a modalidade de FPDual o período de inscrición abarca desde o 25 de xuño ata o venres 2 de xullo ás 13:00h. (Ver calendarios de proceso de admisión) Os prazos para todo o proceso abranguen desde o día 25 de xuño ata o 8 de outubro.
Para calquer información podedes dirixirvos a páxina da xunta www.edu.xunta.es/fp ou nesta propia pweb www.ieslaxeiro.com, onde tendes os seguintes arquivos: Normativa reguladora do proceso de admisión Oferta de ciclos e prazas asignadas no IES Laxeiro curso 2021-2022 Calendario de admisión ordinaria Calendario de admisión FP Dual Anexo I Impreso solicitude admisión(só para 2º curso) Anexo II Impreso solicitude para FCT/Proxecto para adultos ou módulos liberados Impreso matrícula ou renuncia » Probas libres Graduado Educación Secundaria Probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria (Resolución do 03 de febreiro DOG do 12 febreiro 2021) CONVOCATORIAS 2021 Proba Primeira convocatoria: 21 de maio. Período de inscrición: 08 ao 18 de marzo. Proba Segunda convocatoria: 10 de setembro. Período de inscrición: 1 ao 8 de xullo. Información en : http://www.edu.xunta.gal/portal/node/33202 » Distribución de máscaras a alumnado da ESO do IES LaxeiroSegundo a Orde do 6 de novembro de 2020 e de acordo coas instrucións recibidas desde a Dirección Xeral de Centros da Consellería de EDucación, desde o día 16 ao 27 deste mes de novembro é o prazo para solicitar máscaras para o alumnado que segundo a citada orde teñen dereito. A solicitude será presencial e realizarase cubrindo os Anexos 1 e 2 da citada orde. IMPORTANTE: 1º.- O alumnado destinatario é o da ESO e educación especial do centro 2º.- O alumnado que obtivo axuda de libros ou de material a través do Fondo solidario, non teñen que realizar a solicitude, xa que xa se consideran admitidos. 3º.- O demáis alumnado pode solicitala sempre que a renta per cápita da familia non exceda do umbral de 6000€ 4º.- Terán dereito os matriculados en educación especial ou con discapacidades igual ou superior ao 65% Para máis información consultar os arquivos adxuntos:
- Orde do 06 de novembro de 2020(DOG do 13 de novembro) - Instrucións da Dirección Xeral de Centros da Consellería de Educación Prazo de solicitude: 16 a 27 de novembro Cubrir os Anexos 1 e 2 e entregalos na Secretaría do centro coa documentación que se precisa na ORDE. Os anexos pódense solicitar na Conserxaría do centro ou a través desta páxina Web no seguinte arquivo:
- ANEXOS I e II Solicitude de máscaras
» Admisión a Ciclos Medios e Superiores para o curso 2020-2021Desde o xoves, día 25 de xuño, ata o mércores , día 8 de xullo, ás 13:00 horas, estará aberto o prazo para realizar a inscrición de admisión a ciclos medios e superiores para o curso 2020-2021. A Orde que regula este proceso de admisión é a do 15 de xuño de 2016 (DOG do 27 de xuño). Os prazos para todo o proceso abranguen desde o día 25 de xuño ata o 9 de outubro.
Para calquer información podedes dirixirvos a páxina da xunta www.edu.xunta.es/fp ou nesta propia pweb www.ieslaxeiro.com, onde tendes os seguintes arquivos: Normativa reguladora do proceso de admisión Oferta de ciclos e prazas asignadas no IES Laxeiro curso 2020-2021 Anexo I Impreso solicitude admisión(só para 2º curso) Anexo II Impreso solicitude para FCT/Proxecto para adultos ou módulos liberados Impreso matrícula ou renuncia AFD: Documentación e normativaNos apartados seguintes aparece a normativa e a documentación relativa ás accións formativas para desempregados: - Orde do 17 de abril de 2019 Regulamento - Deberes e dereitos do alumnado
Calendario de exames de setembro 2019Publícanse nos seguintes arquivos os calendarios de exames de setembro do curso 2018-2019 no IES Laxeiro
Calendario de exames da ESO e FP Básica
Calendario de exames de Bacharelato e adultos
Calendario de exames de setembro 2017 modificadosPublícase de novo nos seguintes arquivos o calendario de exames de setembro do curso 16-17 no IES Laxeiro coas modificacións de aulas debido ás obras do centro.
Calendario de exames da ESO e FP Básica Calendarios exames setembro 2013 IES.LaxeiroCalendario de exames de setembro 2013 no IES.Laxeiro: Admisión Ciclos Medios e Superiores para o curso 2013-2014De acordo coa Resolución do 10 de xuño de 2013, desde o 17 de xuño ao 2 de xullo estará aberto o prazo para solicitar reserva de admisión para cursar Ciclos Formativos tanto medios coma superiores. O calendario de admisión e matrícula pecharase o día 26 de setembro, tras os diferentes prazos que se irán ofertando. A oferta educativa do IES. Laxeiro non sofre variación con respecto ao curso pasado e a oferta da Consellería para o curso 2013-2014 xa está actualizada. Nos arquivos adxuntos podes acadar os diferentes impresos de solicitude de 1º e 2º ano de cada ciclo formativo, recordando que este ano xa é posible realizar a solicitude web a través do portal de Formación Profesional www.edu.xunta.es/fp seguindo as instruccións correspondentes. » Convocatoria de probas de acceso a ciclos medios e superiores Ano 2013Convocadas as probas para acceso a ciclos medios e superiores según a resolución publicada no DOGA do 21 de xaneiro de 2013. Dirección,Xefatura de estudios e Orientación informarán ao alumnado interesado nestas probas que terán o seguinte calendario Para máis información consultade a resolución e nos seguintes arquivos adxuntos podedes formalizar a correspondente solicitude para presentarse ás probas.Lembrade que debedes facelo por duplicado. |
Novos números
|