Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
Información xeralInformación xeral sobre a A21eg Procedemento de Reclamación ás Cualificacións Finais 18/05/2022 11:09
01/07/2022 11:09
Europe/Madrid
2º BACHARELATO - MAIO & XUÑO
ESO e BAC - XUÑO
FP
NORMATIVA APLICÁBEL: No relativo aos Ciclos Formativos de FP -ORDE12xul2011, pola que se regulan o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial - A45 (Reclamacións sobre as cualificacións). No relativo ao resto de ensinos do centro -ORDE2mar2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en EInfantil, EPrimaria, ESO e BAC -Circular 1/2022, SXEFP, pola que se precisan aspectos da ORDE2mar2021 ... para o curso 2021-2022. -ORDE25xan2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de EPrimaria, de ESO e BAC no sistema educativo de GZ.
PROCEDEMENTO DE RECLAMACIÓN ÁS CUALIFICACIÓNS FINAIS 18/05/2022 10:59
30/06/2022 10:59
Europe/Madrid
O IES Laxeiro celebra o éxito acadado nas ABAU 2017Como todos os anos no IES LAXEIRO témonos esforzado por axudar a que o noso alumnado progrese na súa vida académica. E como todos os anos estamos orgullosos e orgullosas de todos e todas e cada un deles e delas e do seu esforzo por mellorar e superarse. En concreto, este ano, todas e todos os que realizaron as ABAU, a nova selectividade, conseguiron aprobar e, polo tanto, o ano próximo poderán seguir os seus estudos na universidade ou realizar ciclos superiores de formación profesional. Isto foi posible desde o compromiso co esforzo diario, coa esixencia ante o estudo, coa cercanía e o cariño. O ano que ven tocará volver a remangarse para que outro grupo de mozas e mozos nos deixen e sigan o seu camiño. Os profesores e profesoras e o equipo directivo estamos orgullosos da cifra redonda, un pleno. Tanto dos que obtiveron uns resultados soberbios, por riba do trece; como dos aprobados ‘raspados’. Todos e todas se esforzaron e merecen e teñen e terán o noso recoñecemento. Noraboa: Aída, Alejandro, Alexia, Alexia, Antonio, Brais, Carlota, Celia, Clara, Duarte, Elvira, Eva, Gabriela, Iria, Isabel, Jacobo, Juan, Xosé Manuel, Lucía, Manolo, María, Marta, Nerea, Noa, Pedro, Sandra, Verónica, Paula, Lucas, Oscar , Daniel e Uxío. Os equipos de 1ºESO B e 3ºESO B gañaron as finais de CIFRAS E LETRAS
O venres 25 de maio celebráronse as finais do concurso de Cifras e Letras que organizaron os departamentos de Matemáticas dos dous Institutos de Lalín, “Ramón Mª Aller” e “Laxeiro”. Houbo dúas finais, unha para 1º e 2º de ESO e outra para 3º e 4º de ESO. Á final de 1º e 2º de ESO, que se celebrou no salón de actos do IES “Ramón Mª Aller”, chegaron os catro equipos gañadores das finais por cursos que se celebraron nos seus respectivos centros. Nela participaron os alumnos:
1º ESO IES “LAXEIRO: JACOBO JORGE HERMIDA / JUAN MANUEL PÉREZ PEDROUZO 1ºESO IES “RAMÓN Mª ALLER”: RUBÉN FERREIRO ARIAS / RUBÉN NOGUEIRA TABOADA 2º ESO IES “LAXEIRO: XABIER GARCÍA ANDRADE / ADRIÁN OURO MIGUÉLEZ 2º ESO “RAMÓN Mª ALLER”: DANIEL CAGIDE RIVAS / SANTIAGO BUJÁN FERREIRA
Á final de 3º e 4º de ESO, que se celebrou no salón de actos do IES “Laxeiro”, chegaron os catro equipos gañadores das finais por cursos que se celebraron nos seus respectivos centros. Nela participaron os alumnos e alumnas:
3º ESO IES “LAXEIRO: BELÉN FERNÁNDEZ LÓPEZ / NOELIA FERNÁNDEZ VÁZQUEZ 3º ESO “RAMÓN Mª ALLER”: GABRIEL VÁZQUEZ FREIJEIRO / BRAIS PARDO AREÁN 4º ESO IES “LAXEIRO: MARCOS OTERO VÁZQUEZ/ JUAN CARLOS ORO VIDAL 4º ESO “RAMÓN Mª ALLER”: BRYAN TREJOS RESTREPO / NICOLÁS VARELA GARCÍA
As finais estiveron moi competidas, na de 1º e 2º resolveuse na última rolda e na de 3º e 4º tivo que recurrirse a unha rolda adicional de cifras para resolver o empate entre o 2º e 3º clasifcado. Gañaros as respectivas finais os alumnos de 1ºESO B do IES “Laxeiro”: JACOBO JORGE HERMIDA e JUAN MANUEL PÉREZ PEDROUZO e as alumnas de 3ºESO B do IES “Laxeiro”: BELÉN FERNÁNDEZ LÓPEZ e NOELIA FERNÁNDEZ VÁZQUEZ Todos os alumnos participantes recibiron agasallos e camisetas deseñadas expresamente para esta final.
laxas traducidas, sesión de traballo 5/2011o luns 28 de marzo logo das aulas de tarde reúnese novamente o grupo de tradución "laxas traducidas" para traballar na tradución da proposta de traballo linh dinh - blood and soap. máis información en laxastraducidas.blogspot.com Listado definitivo de inscritos no IES.Laxeiro ás Probas de acceso á Ciclos SuperioresPublicada no día de hoxe a listaxe definitiva de inscritos ás Probas de acceso á Ciclos Superiores. O día 3 de marzo sairá publicada a resolución provisoria de exencións. Xornadas de Orientación Laboral no IES.LaxeiroOs días 23, 24 e 25 do mes de marzo terá lugar no IES. Laxeiro de Lalín unha nova edición das Xornadas de Orientación Laboral, nas que o eido agrario, as enerxías renovables , os procesos de selección e o futuro do automóbil serán algúns dos temas destacados . » |
Novos números
|