Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
Os equipos de 1ºESO B e 3ºESO B gañaron as finais de CIFRAS E LETRAS
O venres 25 de maio celebráronse as finais do concurso de Cifras e Letras que organizaron os departamentos de Matemáticas dos dous Institutos de Lalín, “Ramón Mª Aller” e “Laxeiro”. Houbo dúas finais, unha para 1º e 2º de ESO e outra para 3º e 4º de ESO. Á final de 1º e 2º de ESO, que se celebrou no salón de actos do IES “Ramón Mª Aller”, chegaron os catro equipos gañadores das finais por cursos que se celebraron nos seus respectivos centros. Nela participaron os alumnos:
1º ESO IES “LAXEIRO: JACOBO JORGE HERMIDA / JUAN MANUEL PÉREZ PEDROUZO 1ºESO IES “RAMÓN Mª ALLER”: RUBÉN FERREIRO ARIAS / RUBÉN NOGUEIRA TABOADA 2º ESO IES “LAXEIRO: XABIER GARCÍA ANDRADE / ADRIÁN OURO MIGUÉLEZ 2º ESO “RAMÓN Mª ALLER”: DANIEL CAGIDE RIVAS / SANTIAGO BUJÁN FERREIRA
Á final de 3º e 4º de ESO, que se celebrou no salón de actos do IES “Laxeiro”, chegaron os catro equipos gañadores das finais por cursos que se celebraron nos seus respectivos centros. Nela participaron os alumnos e alumnas:
3º ESO IES “LAXEIRO: BELÉN FERNÁNDEZ LÓPEZ / NOELIA FERNÁNDEZ VÁZQUEZ 3º ESO “RAMÓN Mª ALLER”: GABRIEL VÁZQUEZ FREIJEIRO / BRAIS PARDO AREÁN 4º ESO IES “LAXEIRO: MARCOS OTERO VÁZQUEZ/ JUAN CARLOS ORO VIDAL 4º ESO “RAMÓN Mª ALLER”: BRYAN TREJOS RESTREPO / NICOLÁS VARELA GARCÍA
As finais estiveron moi competidas, na de 1º e 2º resolveuse na última rolda e na de 3º e 4º tivo que recurrirse a unha rolda adicional de cifras para resolver o empate entre o 2º e 3º clasifcado. Gañaros as respectivas finais os alumnos de 1ºESO B do IES “Laxeiro”: JACOBO JORGE HERMIDA e JUAN MANUEL PÉREZ PEDROUZO e as alumnas de 3ºESO B do IES “Laxeiro”: BELÉN FERNÁNDEZ LÓPEZ e NOELIA FERNÁNDEZ VÁZQUEZ Todos os alumnos participantes recibiron agasallos e camisetas deseñadas expresamente para esta final.
» |
Novos números
|