3º ESO B e 4º ESO B do IES LAXEIRO participarán no XVIII Rally Matemático sen Fronteiras

Os grupos de 3º ESO B e 4º ESO B do IES LAXEIRO participarán no XVIII Rally Matemático sen Fronteiras.

O Rally celébrase desde 1991 a iniciativa do IREM (Institute pour la Recherche et L'Enseignement des Mathématiques) de Aquitaine. Participan grupos de alumnos de 3º e 4º de ESO de distintas comunidades (Cataluña, Baleares, Aragón, Galicia) e doutros países como Portugal, Andorra e Francia. 

Todas as clases inscritas resolverán o mesmo día, 21 de marzo, e á mesma hora os problemas propostos polo IREM de Toulouse.

Os gañadores de cada unha das zonas participarán na Fase Internacional en Toulouse (maio).

Publicada a listaxe provisional de admitidos ás Probas de Acceso á Ciclos Medios

Con data 17 de marzo ven de publicarse a listaxe provisional de admitidos ás probas de acceso á Ciclos Medios. Durante os días 18, 21, 22 e 23 de marzo poderanse efectuar as correspodentes reclamacións. A listaxe definitiva será publicada o 25 de marzo.

Axudas para a realización de actividades de formación en Linguas Estranxeiras Ano 2011

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca 3.730 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2011. Poderán solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma Galega dos cursos de 6º Primaria; 1º-2º-3º e 4º ESO; 1º e 2º Bacharelato e Ciclos Superiores que teñan no seu currículo un módulo profesional de lingua estranxeira.Na seguinte nota informartiva, na Orde do 8 de marzo de 2011 e no cartel informativo atoparedes toda a información. O prazo abrangue desde o 12 de marzo ata o 12 de abril  e a Web da convocatoria é a seguinte: http://wwww.edu.xunta.es/axudasle

Modificación nas Probas de acceso á Ciclos Superiores: A data será o venres día 1 de abril

No DOG de hoxe, día 10 de marzo, ven de publicarse a Resolución de 2 de marzo que modifica a Resolución de 11 de xaneiro, referente ás probas de acceso á Ciclos. O cambio da data da proba de acceso á Ciclos Superiores , será o venres, día 1 de abril, e o 17 de marzo, en lugar do día 10, como data de publicación dos lugares onde se van a constituir as comisións das realización de probas, son os cambios significativos.

Listaxe provisional de exencións para os inscritos no IES.Laxeiro ás Probas de acceso á Ciclos Superiores

Xa está disponible a listaxe provisional de exencións para as probas de acceso á Ciclos Superiores. Contra esta listaxe poderanse presentar reclamacións a modo de instancia, os días 4 7 8 9 e 10 de marzo no centro onde se realizase a inscripción.

Charlas sobre riscos en Internet

O pasado venres día 25 e o luns 28 de febreiro tiveron lugar no Centro dúas charlas impartidas por persoal da Guardia Civil dentro do Plan Director de convivencia e mellora da seguridade escolar. Neste caso a temática foron os riscos de Internet, e falouse sobre diversos temas relacionados co mal uso da rede e os potenciais perigos que ten. 

Aberto o prazo de reserva para alumnado de ESO e BACHARELATO de centros non adscritos

Desde o  1  ao 31 de marzo está aberto o prazo de admisión para alumnos/as que desexen efectuar a súa reserva para o curso 2011-2012 no IES. Laxeiro. Máis información na mesma páxina

Listado definitivo de inscritos no IES.Laxeiro ás Probas de acceso á Ciclos Superiores

Publicada no día de hoxe a listaxe definitiva de inscritos ás Probas de acceso á Ciclos Superiores. O día 3 de marzo sairá publicada a resolución provisoria de exencións.

A Rede de educación para o consumo responsable premia de novo ao IES.Laxeiro

O IES. Laxeiro é un dos doce centros premiados pola Rede de educación para o consumo responsable . Convértese deste xeito nun centro de referencia xa que cada ano o instituto ven colleitando éxitos neste apartado. O proxecto presentado polo IES.Laxeiro leva por título " Consumo, xénero e igualdade" e obtivo un premio de 2.700€ para o desenvolvemento desa actividade.

Noraboa ao equipo responsable pola xeira de premios colleitados.

No arquivo adxunto pódese ver a relación de centros premiados pola Resolución do 20 de setembro publicada no DOG do 20 de decembro

 

Alumnos do Laxeiro no Ben Falado

No programa Ben Falado da Televisión de Galicia que emitiron o pasado 10 de decembro participaron alumnos e alumnas do IES Laxeiro. As entrevistas que fixeron trataban principalmente das colaboracións na revista do Centro, A Cacharela. Podedes ver o programa directamente dende a páxina web da CRTVG.

Distribuir contido