Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
CAMPIONATO PROVINCIAL DE ORIENTACIÓN DEPORTIVA - CASTRELOS (VIGO) 30/05/2024 08:51
Europe/Madrid
O pasado 24 de abril 20 alumnas/os de 2º da ESO do IES LAXEIRO acudiron ó campionato provincial de Orientación Deportiva celebrado no parque de Castrelos en Vigo. Boa xornada deportiva e gran experiencia para alumnos/as que xa tiñan participado neste curso na proba clasificatoria realizada en Pontevedra no mes de febreiro na cal conseguiron a súa clasificación para a final provincial.
INCIACIÓN Ó RUGBY DA MAN DE TÉCNICOS DO CLUB RUGBY CORETI LALÍN 30/05/2024 08:11
Europe/Madrid
Ó LONGO DESTE MES DE MAIO O ALUMNADO DE 1º E 2º DA ESO DO IES LAXEIRO RECIBIU A VISITA DE TÉCNICOS DO CLUB RUGBY CORETI LALÍN. DURANTE AS SESIÓNS DE EDUCACIÓN FÍSICA PRESENTARON ESTA MODALIDADE DEPORTIVA, DE AMPLA TRADICIÓN NA NOSA VILA E TRANSMISORA DE VALORES E NORMAS QUE FORTALECEN MOITO O SEU POTENCIAL COMO CONTIDO EDUCATIVO. AGARDAMOS QUE A ACTIVIDADE ANIME Ó NOSO ALUMNADO A INICIARSE NO RUGBY, E AGRADECEMOS O LABOR DIVULGATIVO DOS TÉCNICOS E DIRECTIVA DO CLUB RUGBY LALÍN.
ACTIVIDADE FÍSICA NO MEDIO NATURAL: FORNELOS DE MONTES 29/05/2024 18:17
Europe/Madrid
O pasado 10 de maio o alumnado de primeiro curso de bacharelato e do ciclo superior de acondicionamiento físico desprazouse ata o Fornelos Wake Club (Fornelos de Montes) para realizar actividades acuáticas vencelladas á unidade didáctica “Actividades físicas no medio natural”. Realizáronse actividades de wakeboard, kayak, xogos en inchables, pedaletas e paddle surf ó longo de toda a mañá e a tarde.
CICLOS FORMATIVOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL: CALENDARIO EXAMES FINAIS E PROBAS LIBRES 28/05/2024 19:04
30/08/2024 19:04
Europe/Madrid
En arquivo que se xunta pódense consultar as datas, horas e lugares nas que terán lugar os exames finais e probas libres dos ciclos formativos que forman parte da oferta formativa do centro Enlace > CALENDARIO A DIRECCIÓN Proba de Competencia Dixital alumnado de 2º Bacharelato e 4º ESO - Curso 2023-2024COMPETENCIA DIXITAL DO ALUMNADO
En base a O alumnado de 2º Bacharelato realizará a proba de 20 minutos sobre cuestións da Área 4 de Seguridade e Privacidade en Internet. O alumnado de 4º ESO, pode realizar a proba de competencia dixital, no mes de maio (pendente de data) para acreditar o NIVEL INTERMEDIO.
» ACTIVIDADES DE ACONDICIONAMENTO FÍSICO CO ALUMNADO GALEGO E RUMANO DO ERASMUS+ "SEEDS" 07/03/2024 17:54
Europe/Madrid
O pasado xoves 29 de febreiro os futuros técnicos de 1º curso do CSAF deseñaron e dirixiron dùas actividades de Fitness para alumnado participante no programa ERASMUS+ SEEDS: Sustainability, Equity and Education for Diverse Students. Durante toda a semana contamos coa visita dunha representación de alumnas/os e profesoras procedentes da cidade rumana de Buzău. Deixamos algúnhas imaxes das actividades realizadas agardando que foran formativas, divertidas e axudaran a concenciar @s participantes da importancia do exercicio físico como hábito de vida. DESPEDIDA DE ANO CON SENDEIRISMO POR MOURISCADE 01/01/2024 16:49
Europe/Madrid
O alumnado de 3º de ESO do IES Laxeiro despediu o trimestre participando nunha ruta de sendeirismo de trazado circular e 8 km de lonxitude que transcorre pola contorna de Mouriscade, seguindo o leito do río Asneiro ao seu paso polas parroquias de Doade e Vilanova. A actividade foi organizada polo alumnado de 2º curso do Ciclo de FP de "Guía no medio natural" do IES Colmeiro de Silleda. Durante a ruta visitamos o Castro de Doade, desfrutamos da decoración de Nadal do núcleo urbano desta parroquia no cal atopamos o museo etnográfico "Casa do Patrón" e pasamos pola aldea dos Muíños e por Vilanova onde fixemos unha parada para repoñer forzas. De volta a área recreativa de Mouriscade os organizadores dispuxeron con cordas distintos elementos de seguridade e pasos elevados que o alumnado do Laxeiro puido coñecer e utilizar. Feliz 2024.
ACTIVIDADE DEPORTIVA EN IDADE ESCOLAR: CAMPO A TRAVÉS 17/11/2023 15:43
Europe/Madrid
Boa participación do alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO do IES Laxeiro na fase zonal da actividade deportiva de Campo a través. Un total de 140 alumnas/os do Laxeiro compartiron unha boa máñá deportiva no recinto ferial da Semana Verde de Silleda. Deixamos unha pequena mostra dos podiums nos que tivemos ampla representación. VISITA AO CENTRO DEPORTIVO UNIT365 (MILLADOIRO) DO ALUMNADO DE 1º E 2º DO CSAF 17/11/2023 15:25
Europe/Madrid
O pasado venres 10 de novembro o alumnado do CSAF realizou unha visita de estudios ao centro deportivo UNIT 365, organizada polos departamentos de FOL e EF. O alumnado coñeceu da man de Roi López (ex-alumno do CSAF-IES Laxeiro, técnico de acondicionamento físico no Unit 365) o seu funcionamento, as súas instalacións e vivenciaron distintas actividades de adestramento: Pilates, adestramento en suspensión (TRX) e Ciclo Indoor. Agradecemos aos xerentes de UNIT 365 e a Roi López a boa acollida que nos ofreceron. LIBROS DE TEXTO 2023_2024
NOTA IMPORTANTE: Se non se especifica libro de texto nunha determinada materia, ámbito ou módulo é que non se vai utilizar. ESO > Todos os niveis da ESO están incluídos no programa EDIXGAL; polo tanto, non se especifica ningún libro de texto en formato papel. 1º BACHARELATO > (descargue documento) 2º BACHARELATO > (descargue documento) CICLOS FORMATIVOS > (descargue documento) ESA (Eso para adultos) > (descargue documento)
»
|
Novos números
|