ELAS PODEN, TI PODES!

alumnado de 4º ESO participou no programa ‘CONÓCELAS’, unha iniciativa da Asociación Española de Investigación sobre o Cancro (ASEICA), que reúne a cerca de 150 científicas en colexios de toda España para visibilizar ás investigadoras que hai "detrás da batae conmemora o Día da Muller e a Nena na Ciencia.

A través dunha conexión virtual e en directo, o alumnado puiddescubrir e falar directamente con unha das “detectives do cancro”: a científica Antonia Tomás Lobaque traballa actualmente nun proxecto que investiga a influencia dos ritmos circadianos no desenvolvemento de tumores. Toñi non só redactou a súa traxectoria como científica senón que transmitiu optimismo e motivación, destacando o poder das mulleres na ciencia e a importancia de soñar e atreverse. 

Coa participación neste eventovisibilizamos a labor das mulleres investigadoras, fomentamos novas vocacións científicaanimamos ao alumnado e, en particular, ás nenas do noso centro a que se interesen pola Ciencia.

III Concurso Luis Gustavo - convocatoria 2021-2022

Xa temos en marcha a terceira edición o III Concurso de Ciencias na honra do noso "principiño" Luis Gustavo Rodríguez  Taboada.

O noso centro IES Laxeiro (Lalín) convoca o: III Concurso De Ciencia Luís Gustavo Rodríguez Taboada

O obxectivo do concurso é promover o espírito crítico, a curiosidade e a busca do coñecemento para contribuír a desenvolver a sostibilidade ambiental, económica e social, a través da innovación e a solución de problemas individuais e globais.

Este ano o concurso será fotográfico e o tema: ECONOMÍA CIRCULAR

O III Concurso de Ciencia "Luis Gustavo Rodríguez Taboada" recollerá os traballos ata o 30 de maio de 2022.

Para saber mais >> Acceder a Páxina Web do Concurso Luis Gustavo.

 

Noticia publicada no Faro de Vigo -> https://www.farodevigo.es/deza-tabeiros-montes/2021/12/18/uxia-rapado-gana-segunda-edicion-60802748.html

Noticia publicada na Voz de Galicia -> https://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/2021/12/18/uxia-rapado-ganadora-premio-luis-gustavo-rodriguez/0003_202112D18C2991.htm

Actividade “ MAPAS DIVERTIDOS” - Curso 2021-2022

O Departamento de Xeografía e Historia organizou o venres 19 de novembro unha actividade, impartida pola empresa Tifgal, para acercar ao alumnado de 1º de ESO o mundo da interpretación dos mapas. O alumnado aprendeu a diferenciar distintas imaxes, como zonas de auga, bosques, parcelas e zonas urbanas dunha forma atractiva e interactiva.

 

O obxectivo é acercar a Xeografía ao alumnado vendo a súa aplicación práctica sen deixar de aprender e divertirse.

Noticia publicada na Voz de Galicia do 20/11/2022.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/lalin/2021/11/20/valor-mapas-laxeiro/0003_202111D20C4992.htm

Noticia publicada no Faro de Vigo do 20/11/2022.

https://galego.farodevigo.es/deza-tabeiros-montes/2021/11/20/disfrutar-mapas-instituto-laxeiro-59742891.html

Felices festas e bo descanso dende o IES LAXEIRO.

Compartimos convosco esta imaxe elaborada polo noso alumno CRISTIAN BRUGUERA PEREIRO coa inestimábel axuda da súa profesora ELSA MARTÍNEZ.

Saúdos e moita saúde.


 

Decoración de Nadal con Ciencia!

Felicitamos as festas con símbolos químicos da táboa periódica e montamos a árbore de nadal empregando material de laboratorio: soporte metálico, pinzas e matraces esféricos.

Fe - Li - Ce - S    Fe - S - Ta - S

Para obter os diferentes líquidos de cores realizamos a práctica de medición do pH con col lombarda. A experiencia mostrou como a lombarda pode ser empregada como un indicador de pH natural  e permitiu construír unha escala de pH segundo as cores obtidas para as substancias analizadas. 

Ligazón Cuestionario SELFIE alumnado - Plan Dixital

Animámos a todo o noso alumnado a realizar o cuestionario SELFIE para colaborar co noso Plan Dixital de Centro.

 

https://schools-go-digital.jrc.ec.europa.eu/self-assessment?s=SIUO6ns&lang=gl

 

Graciñas

A día 16/11/2021, os resultados...

 

Programacións Didácticas e contidos mínimos - Curso 2021-2022

Nas seguintes ligazóns, pódese descargar ás Programacións Didácticas de cada Departamento/Área do curso escolar 2021 / 2022. Igualmente se pode consultar a través do apartado Documentación de cada Departamento ou Área.

 

Fai Click na icona da carpeta para acceder a todas as Programacións didácticas.

Icono De La Carpeta Vectores, Iconos, Gráficos y Fondos para Descargar  Gratis

 

 

Proxecto E-DixGal - Curso 2021 2022

Na semana do 27 de setembro, procedemos a entrega dos equipos portátiles para o noso alumnado, en réxime de cesión para este curso 2021-2022.

Aconsellamos as familias que revisen toda a información que está "centralizada" no espazo Abalar :
https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/

...e mais aínda no recuncho "específico" para as familias:
https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/espazo/e-dixgal/informacion-para-familias
Están dispoñible uns vídeos explicativos, cortiños a modo de videotitoriais.

Adxuntamos o folleto informativo sobre o Proxecto E-DixGal --> Descarga/ver folleto sobre o Proxecto E-DixGal 

Adxuntamos o folleto informativo sobre as condicións do seguro --> Descarga/ver folleto sobre o Seguro do Portátil 

A maiores, este ano, hai unha novidade para contratar o seguro anual para os equipos cedidos...
A Empresa PLEXUS habilitou unha páxina Web para contratar o seguro e centralizar as avarías/incidencias con relación aos equipos.
Existe un correo electrónico para contactar e pedir información sobre cobertura e demais condicións legais...
Correo electrónico: coberturasir@plexus.es
Páxina Web: https://coberturasir.plexus.es/

15 de setembro - Comeza o Curso Escolar 2021-2022

Comeza o curso escolar 2021-2022, aportamos a seguinte información do Acto de Presentación; para cada curso, grupo, horario e en canto ao acceso ao centro.

Calendario setembro - Curso 2021-2022

Publicamos información relativa a actividades no noso centro propias de comezo do mes de setembro...

Distribuir contido