DESPEDIDA DEPORTIVA DO CURSO 22-23

24/06/2023 09:56
Europe/Madrid

En feminino e plural, así rematamos este curso cunha actividade deportiva organizada por Manuel Hermo (departamento de inglés) e Xosé Pedreira (departamento de EF). Torneo de fútbol 6 con máis de 60 alumnas dos 4 cursos da ESO que deron unha lección (ao colectivo masculino de alumnos e profesores) de comportamento, esforzo, competividade e respecto. Parabéns a todas as participantes e un agredecemento ó labor arbitral de Rubén e Jorge (departamento de Historia).  Bo verán. 

Sen medo a medrar!

 "SEN MEDO A MEDRAR" é o proxecto de lexicografía que nace no IES Laxeiro e que  medra con CEIP de VIlatuxe, porque o alumnado fixo 
xermolar o nome da PRUNIA para referirse á flor da cerdeira e PRUNEDO para facer referencia ao lugar de plantación... 

o _galego medra_ e os falantes son os que o fan posible. 

Divulguemos estas palabras para  ir medrando coa lingua!

 

Este proxecto foi realizado por:

IES Laxeiro ----> Alumnado de 3º ESO C e coordinado por a súa profesora María Begoña González Cuñarro

CEIP Vicente Arias de la Maza ----> Alumnado de Ed. Infantil e coordinado por a súa profesora María Teresa Aller Alonso

Reconto dos traballos científicos do noso Club de Ciencias - Curso 2022-2023

Dende o Club de Ciencias do IES Laxeiro, recollemos e publicamos os resultados das investigacións e outras actividades realizadas neste curso 2022-2023.

 Fai Click en cada ligazón para acceder ao documento adxunto.

ALUMNADO DE 1º DE BAC NO CAMIÑO DE SANTIAGO

08/06/2023 10:32
Europe/Madrid

O alumnado de 1º de BAC ven de completar 2 etapas do Camiño de Santiago, realizando o percorrido entre Vigo e Pontevedra, correspondente ao "Camiño portugués da costa". A 1ª etapa rematou no núcleo urbano de Redondela. O grupo pudo descansar e durmir no pabillón polideportivo desta localidade. 

 

PRIMEIROS AUXILIOS NO CEIP MANUEL RIVERO CO ALUMNADO DE 1º DO CSAF

31/05/2023 14:50
Europe/Madrid

Este mércores 31 de maio o alumnado de 1º curso do CSAF compartiu os seus coñecementos nas técnicas de SVB (soporte vital básico) co alumnado de 5º e 6º de primaria do CEIP Manuel Rivero.

 

Proba de Competencia Dixital alumnado de 4º ESO - Curso 2022-2023

Competencia DixitalCOMPETENCIA DIXITAL DO ALUMNADO
4º ESO - PROBA DE PILOTAXE


O noso centro educativo foi seleccionado para a realización dunha proba piloto coa que se pretende analizar a competencia dixital do alumnado de 4º de ESO.


A competencia dixital enténdese a combinación de coñecementos, habilidades e aptitudes para o uso seguro, crítico e responsable das TIC na aprendizaxe, o traballo, o lecer, a participación na sociedade e a interacción con ditas tecnoloxías. A nivel práctico estrutúrase en cinco grandes áreas (Información e datos, Comunicación e colaboración, Creación de contido dixital, Seguridade e privacidade e Contorna dixital e solución de problemas). Pódese acceder na seguinte Ligazón ao portal para realizar a proba de demostración ---> Fai Click!


Mediante esta proba piloto obterase información de gran valor de cara ás decisións executivas que a CCEFPU tomará nos vindeiros cursos en relación ás accións de impacto definidas na Estratexia Educación Dixital 2030, as cales están enfocadas a unha maior presenza da educación dixital nas aulas co fin de acadar, entre outros obxectivos, a cidadanía dixital plena (convivencia dixital pacífica, alfabetización informacional e loita contra a desinformación, pensamento crítico) e atallar a fenda dixital.


Dita proba realizarase de xeito online a través da plataforma deseñada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), a cal garante en todo momento a privacidade dos datos dos participantes. ComDix: Plataforma de certificación en el Marco Gallego de Competencias Digitales (xunta.gal)

Solicitude de Axudas para a adquisición de Material Escolar - Curso 2023-2024

SOLICITUDE DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR - CURSO 2023-2024

[ORDE10mai2023 pola que se regula aparticipación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado na EPrimaria, ESO e EE de centros docentes sostidos con fondos públicos para 2023/2024 (código procedemento ED330B) (DOG, 19mai)].

NOTA IMPORTANTE:

O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos en EDIXGAL no curso 2023/24 está excluído da partcipación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúnan os requisitos establecidos na orde.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:   do 20 DE MAIO AO 21 DE XUÑO DE 2023

O alumnado que se incorpore ao centro docente fóra deste prazo disporá dun mes contado a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31mar2023.

PROCEDEMENTO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

PARA MAIS INFORMACIÓN:

Pode consultar --> FAQ - "Preguntas Frecuentes" Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar

Acceso á Axuda do Aplicativo fondo_libros  --> https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

 

A DIRECCIÓN

Procedemento de Reclamacións ás Cualificacións - Prazos

No Documento Adxunto recollemos o procedemento para a reclamacións das cualificacións.

Expóñense os prazos para realizar os trámites e as actuacións para 2º Bacharelato, para ESO e 1º Bachharelato e para Ciclos de Formación Profesional.

Tamén está recollido no documento adxunto, a normativa lexislativa aplicable ao procedemento.

 

A DIRECCIÓN

Bolsas Complementarias ao Estudo para ALUMNOS/AS de Centros Docentes do CONCELLO de LALÍN. 2023-24

BOLSAS COMPLEMENTARIAS AO ESTUDO para ALUMNOS/AS de CENTROS DOCENTES do CONCELLO de LALÍN. 2023-24

(BOPPO, 4mai)

 
TIPOLOXÍA DAS AXUDAS.

Financiarase a adquisición de:
1. Libros de texto.
2. Libros de lectura.
3. Material escolar e/ou complementario (material informático e material funxible, mochilas ...)
4. Vestiario e material deportivo.
5. Calzado en xeral.

 
REQUISITOS.

(a) Ser pai/nai/ ou titor/a legal do alumnado matriculado ou con reserva de matrícula no segundo ciclo de educación infantil, educación primaria ou educación secundaria obrigatoria nun centro educativo do Concello de Lalín durante o curso escolar 2022/2023.

(b) Todos os membros da unidade de convivencia deberán de figurar empadroados e residir de modo efectivo no Concello de Lalín. As persoas estranxeiras que residan no Concello de Lalín poderán beneficiarse desta prestación, sempre que o/a solicitante se atope en situación administrativa regular e cumpran as condicións da LO4/2000, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España, tendo ademais que reunir os demais requisitos establecidos nas presentes bases.

(c) Convivir, na unidade familiar, as/os alumnos/as para os que se solicita as axudas.

(d) Ter presentada a solicitude e documentación no prazo establecido.

(e) Non ter pendente de xustificar ningunha subvención e/ou axuda de inclusión social concedida polo Concello de Lalín no exercicio 2022.

(f) Determinadas condicións de renda referidos aos da unidade de convivencia, segundo a declaración de IRPF do último exercicio fiscal (2022).

 
LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.

As solicitudes de bolsas, xunto coa documentación, presentaranse preferiblemente por vía telemática a través da sede electrónica do Concello de Lalín.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente perante o rexistro xeral do Concello de Lalín

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais a contar dende o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no BOPPO.


A DIRECCIÓN

Procedemento de Admisión - ESO e Bacharelato

ESO E BACHARELATO

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN

 PUBLICADAS LISTAXES DEFINITIVAS DE PERSOAS ADMITIDAS E NON ADMITIDAS

 consulta nos taboleiros interiores do centro

A DIRECCIÓN

Distribuir contido