Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
Mes da Ciencia no IES LaxeiroComo cada ano, celebramos o mes de novembro como da Ciencia en Galego. Dende o noso centron dende o Club de Ciencias e do Equipo de Normalización Lingüística, están a planificar un conxunto de actividades para disfrutar da Ciencia en Galego. A Proposta de actividades é moi diversa e conta coas seguintes, e moito máis...
Xa temos testimonios de Boas Prácticas no noso centro, aquí tendes unha mostra no seguinte vídeo: Vídeo realizado por Cristina Iglesias Iglesias - Profesora de Física y Química
» Gañadores III Concurso Luis Gustavo - edición 2021Na previa de convocar a edición 2022 do próximo Concurso Luis Gustavo, publicamos os Gañadores do Concurso Luis Gustavo da Edición 2021 Seguimos tendo a honra dende o Grupo do Club de Ciencias de seguir con esta fermosa iniciativa a prol da ciencia. Está encadrada nas actividades desenvoltas ao longo do curso escolar, como un fomento da cultura científica, das ciencias, tecnoloxías, matemáticas...
Aportamos os carteis coas obras premiadas como arquivos adxuntos.
» Loco Festival ACNUR no IES LaxeiroAquí colgamos Fotos e Vídeos do noso Loco Festival para colaborar con ACNUR! Entrada [21/06/2022] do Faro de Vigo ---> "En el instituto Laxeiro de Lalín organizaron ayer el denominado Loco Festival para colaborar con Acnur y apoyar a los refugiados, en esta ocasión con el trasfondo de la guerra en Ucrania. Distintos departamentos didácticos y alumnos de varios cursos protagonizaron actividades diversas, desde un mosaico a cartelería, desde instalaciones reivindicativas y poemas a actuaciones musicales, percusión corporal, hucha solidaria y venta de pulseras y chapas ". Entrada [21/06/2022] da Voz de Galicia ---> "Estudiantes de Secundaria, Bachillerato y Educación Secundaria de Adultos del instituto Laxeiro participan ayer y hoy en distintas actividades del Loco Festival, una iniciativa con la que desea dar a conocer la labor del Alto Comisionado de las Naciones Unidas para los Refugiados y Refugiadas (Acnur). Un equipo de esta entidad estuvo ayer filmando las distintas actividades que acoge el centro lalinense durante los recreos, como animación musical, venta de material, o distintas exposiciones para conocer además la situación de las personas desplazadas".
» Convocatoria Extrordinaria: Datas das Probas - Bacharelato e FP BásicaPublicamos as Datas das Probas da Convocatoria Extraordinaria de Formación Profesional Básica e de Bacharelato. Nos documentos PDF Adxuntos tendes os horarios das probas de cada Curso, de cada Módulo de cada familia profesional FP Básica.
» Datas Probas Finais Ciclos Formación ProfesionalPublicamos as Datas das Probas Finais de cada unha das Familias dos Ciclos Formativos do noso centro: Nos documentos PDF Adxuntos tendes os horarios das probas de cada Ciclo, de cada Curso, de cada Módulo de cada familia profesional. Para calquera dúbida ou mais información acudide a Xefatura de Estudos, Facer Click nos iconos de cada Familia ou ben desplegar a lista de documentos adxuntos seguintes:
» Procedemento de Reclamación ás Cualificacións Finais 18/05/2022 11:09
01/07/2022 11:09
Europe/Madrid
2º BACHARELATO - MAIO & XUÑO
ESO e BAC - XUÑO
FP
NORMATIVA APLICÁBEL: No relativo aos Ciclos Formativos de FP -ORDE12xul2011, pola que se regulan o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial - A45 (Reclamacións sobre as cualificacións). No relativo ao resto de ensinos do centro -ORDE2mar2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en EInfantil, EPrimaria, ESO e BAC -Circular 1/2022, SXEFP, pola que se precisan aspectos da ORDE2mar2021 ... para o curso 2021-2022. -ORDE25xan2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de EPrimaria, de ESO e BAC no sistema educativo de GZ.
FINALISTAS nos desafíos sobre Economía Circular de GALICIENCIAOs "Pitufos Científicos", equipo formado por Nuria Jar de la Fuente, África López Díaz e Samuel Núñez Grove, quedaron entre os 9 equipos finalistas dos 600 centros participantes para defender a súa proposta sobre economía circular no último reto final que tivo lugar, de xeito presencial, durante a celebración de Galiciencia. Competiron cos representantes doutros centros e aínda que non acadaron o premio defenderon con decisión e orixinalidade a súa idea.
Uníronse á visita das instalacións de Tecnópole os seus compañeiros e compañeiras de 4º ESO e todos/as tiveron a oportunidade de visitar a maior feira científica de Galicia. A temática deste ano, Economía circular, coincide coa do noso concurso de fotografía Luis Gustavo, no que ata o 30 de maio vos animamos a participar!
Ademais de visitar os stands, nos que alumnado de distintos centros galegos de primaria e secundaria presentaron os seus interesantes proxectos, o alumnado asistiu ao taller "Da liña ao círculo" no que se ofreceu unha perspectiva diferente do consumo potenciando o pensamento crítico e reflexivo de cada un de nós ante a necesidade de mudar a nosa actual economía lineal por unha economía circular baseada na planificación do deseño e vida dos produtos para lograr o máximo aproveitamento e reducir o consumo de recursos naturais.
» Datas Probas Libres Ciclos de Formación ProfesionalPublicamos as Datas das Probas Libres de cada unha das Familias dos Ciclos Formativos do noso centro: Nos documentos PDF Adxuntos tendes os horarios das probas de cada Ciclo, de cada Curso, de cada Módulo de cada familia profesional. Para calquera dúbida ou mais información acudide a Xefatura de Estudos, Facer Click nos iconos de cada Familia ou ben desplegar a lista de documentos adxuntos seguintes: » IMPORTANTE: Información a familias e alumnado - Concrecións curriculares da ESO e Bacharelato adaptadas á LOMLOEInformación a familias e alumnado As Concrecións Curriculares de ESO e Bacharelato están adaptadas á LOMLOE e á Orde do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación de Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato no sistema educativo de Galicia (DOG 11/02/2022)
ADENDAS ás programacións didácticas no apartado de avaliación consecuencia da ORDE 25 xaneiro 2022.
» VISITA Á CATEDRAL DE SANTIAGO E PÓRTICO DA GLORIAAlumnado Historia Da Arte de 2º BAC.Curso 2021-22
O día 28 de xaneiro o alumnado de Arte acompañado pola súa profesora, María Soledad Milmanda Cajaraville e polo profesor Jorge Fuentes Montoto visitaron a impresionante Catedral de Santiago e o Pórtico da Gloria. Admiramos a magnífica restauración levada a cabo, desfrutando da policromía do Pórtico do Mestre Mateo.
Contemplamos a impoñente fachada do Obradoiro e bordeamos a Catedral descubrindo a cabeceira e a única fachada románica, a de Praterías.
Tras o parón da pandemia que nos impediu o curso pasado realizar esta actividade, foi un enorme pracer retomala, nun curso onde contamos cun numeroso grupo de Arte.
|
Novos números
|