Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
Bolsas Complementarias ao Estudo para ALUMNOS/AS de Centros Docentes do CONCELLO de LALÍN. 2023-24BOLSAS COMPLEMENTARIAS AO ESTUDO para ALUMNOS/AS de CENTROS DOCENTES do CONCELLO de LALÍN. 2023-24 Financiarase a adquisición de: (a) Ser pai/nai/ ou titor/a legal do alumnado matriculado ou con reserva de matrícula no segundo ciclo de educación infantil, educación primaria ou educación secundaria obrigatoria nun centro educativo do Concello de Lalín durante o curso escolar 2022/2023. (b) Todos os membros da unidade de convivencia deberán de figurar empadroados e residir de modo efectivo no Concello de Lalín. As persoas estranxeiras que residan no Concello de Lalín poderán beneficiarse desta prestación, sempre que o/a solicitante se atope en situación administrativa regular e cumpran as condicións da LO4/2000, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España, tendo ademais que reunir os demais requisitos establecidos nas presentes bases. (c) Convivir, na unidade familiar, as/os alumnos/as para os que se solicita as axudas. (d) Ter presentada a solicitude e documentación no prazo establecido. (e) Non ter pendente de xustificar ningunha subvención e/ou axuda de inclusión social concedida polo Concello de Lalín no exercicio 2022. (f) Determinadas condicións de renda referidos aos da unidade de convivencia, segundo a declaración de IRPF do último exercicio fiscal (2022). As solicitudes de bolsas, xunto coa documentación, presentaranse preferiblemente por vía telemática a través da sede electrónica do Concello de Lalín.
» |
Novos números
|