Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
Calendario de exames de setembro 2020Publícanse nos seguintes arquivos os calendarios de exames de setembro do curso 2019-2020 no IES Laxeiro
Calendario de exames da ESO e FP Básica
Matrícula 2021-2022 no IES LaxeiroComeza o período ordinario de matrícula na ESO e BACHARELATO para o curso 2021-2022. O período de matrícula ordinaria abrangue do 25 de xuño ao 10 de xullo . O período de matrícula extraordinario vai do 6 ao 10 de setembro O período de matrícula é para todo o alumnado con reserva 2021-2022 e que promocionara ao seguinte curso. Preme neste icono para iniciar o teu rexistro e a túa matrícula O proceso de matrícula é telemático, onde consta dun primeiro paso de rexistro/acceso e dun segundo paso para a escolla de curso/materias. Se o proceso está ben realizado recibirás na túa conta de correo electrónico o resgardo da túa matrícula. Se o proceso está incompleto ou defectuoso recibirás un aviso para revisala e volvela a enviar. O período de matrícula ordinaria abrangue do 25 de xuño ao 10 de xullo O período de matrícula extraordinario vai do 1 ao 10 de setembro Por se tendes algunha dúbida durante o proceso podedes chamar aos teléfonos seguintes: 886151941 ( Xefatura) - 886151942 (Xefatura) - 886151943 (Dirección) - 886151947 (Administración)
Admisión a Ciclos Medios e Superiores para o curso 2020-2021Desde o xoves, día 25 de xuño, ata o mércores , día 8 de xullo, ás 13:00 horas, estará aberto o prazo para realizar a inscrición de admisión a ciclos medios e superiores para o curso 2020-2021. A Orde que regula este proceso de admisión é a do 15 de xuño de 2016 (DOG do 27 de xuño). Os prazos para todo o proceso abranguen desde o día 25 de xuño ata o 9 de outubro.
Para calquer información podedes dirixirvos a páxina da xunta www.edu.xunta.es/fp ou nesta propia pweb www.ieslaxeiro.com, onde tendes os seguintes arquivos: Normativa reguladora do proceso de admisión Oferta de ciclos e prazas asignadas no IES Laxeiro curso 2020-2021 Anexo I Impreso solicitude admisión(só para 2º curso) Anexo II Impreso solicitude para FCT/Proxecto para adultos ou módulos liberados Impreso matrícula ou renuncia Horario de recollida de notas finais xuño 2020De acordo coa Resolución do 12 de xuño de 2020 da Secretaría Xeral Técnica de Consellería de Sanidade sobre medidas de prevención necesarias para a transición a unha nova normalidade publicadas no DOG do 13 de xuño, publicamos neste enlace e no arquivo adxunto o calendario de recollida dos boletíns de notas finais do curso 2019-2020. Os/as titore/as de cada grupo serán os encargados/as de entregar a cada alumno/a o boletín de notas finais e dese xeito poderán despedirse presencialmente dos seus titorandos logo du curso tan accidentado como o que vai rematar. Pregamos, para cumprir coas normas de sanidade, que todo alumnado veña provisto da correspondente mascarilla no momento da recollida de notas, acto que terá lugar no Salón de actos do centro para cumprir coas nomas de distanciamento estipuladas. Fai clik para descargar -> Horarios de recollida de notas finais xuño 2020 » Reservas 2020-2021 para ensinanzas de adultos no IES LaxeiroFormularios para efectuar a reserva en ensinanzas de adultos ( ESA e BACHARELATO) no IES Laxeiro para o curso 2020-2021. Durante este mes de xuño e posteriormente en setembro podedes cubrir os seguintes formularios para os estudos de adultos que se ofertan no instituto. ENLACES PARA REALIZAR A RESERVA: ESA, ESO PARA ADULTOS Fai click para abrir -> https://docs.google.com/forms/d/1Ql1KheO4qBU15d1v4XsKmK9S38rsNYKaImc023BWnyM/edit ALUMNADO QUE INICIA ESTUDOS DE BACHARELATO Fai click para abrir -> https://docs.google.com/forms/d/1gIDJYBmMFS-RhOf48lRjMlTgQxmdTGVAXUYgjPjcuzg/edit ALUMNADO QUE CONTINÚA ESTUDOS DE BACHARELATO Fai click para abrir ->https://docs.google.com/forms/d/1zAd4kcF3eC6-KowToOZV-v4t7nKwhnq49lOo4N16SQ0/edit
Para consultas e dúbidas a resolver chamar ao teléfono que aparece nos propios formularios Horarios exames finais ciclos formativos xuño 2020Según ordena a lexislación de avaliación de ciclos formativos, Orde de 12 de xullo de 2011 e a Resolución do 26 de xullo de 2019 de desenvolvemento de ciclos, no seu punto 4.3 , publicamos, para todo o alumnado de 1º ou 2º ano de ciclos, que perdeu o dereito a avaliación continua, o horario de exames finais curso 2019-2020. Debido a situación de pandemia COVID_19, os departamentos que así o decidiran nas adaptacións das programacións, poderán utilizar este mesmo horario para recuperación de alumnado de 2º ano con pendentes de 1º ano. Tal como remarcan as Instrucións complementarias do 28 de maio as probas finais non serán presenciais, senón telemáticas.
Fai click para descargar -> Horario de exames finais ciclos formativos 2020 Adaptacións das Programacións Didácticas curso 2019-2020 debido á situación do COVID-19Debido á situación do COVID-19, realizáronse variacións con respecto ás Programacións Didácticas publicadas ao principio deste curso 2019-2020. Presentamos á toda a Comunidade educativa do IES Laxeiro o Documento coas Adaptacións das Programacións Didácticas, con referencia lexislativa ás Instrucións do 27 de abril de 2020 da Dirección Xeral de Educación e Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación da Xunta de Galicia. O profesorado realizou ás adaptacións das programacións didácticas de cada materia, de cada curso e de cada grupo. Logo, foi revisado polo Equipo Directivo co refrendo dos Xefes de Departamento e remitido á Inspección Educativa. Fai Click aquí para descargar o arquivo Documento PDF -> Adaptacións das Programacións Didácticas curso 2019-2020
» Restablecemento do procedemento de admisión alumnado curso 2020-2021Reanúdase o prazo para a presentación de solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes con fondos públicos , polo tempo que restaba, de xeito que se iniciará o luns. día 11 de maio e rematará o día 18 do mesmo mes. O calendario do proceso pódese consultar no arquivo adxunto Por motivos de seguridade e prevención de riscos da pandemia establecerase un protocolo baseado nas normas que aconsellan as autoridades sanitarias e as propias da Consellería de Educación. Protocolo de atención ao público (Recomendaciós sanitarias) 1.- Procurar chamar ao centro con anterioridade para fixar unha hora de atención aproximada. Para entrar avisar desde o videoporteiro que está a carón da porta de entrada ao centro. 2.- Manter as distancias tal como están sinaladas no recinto de secretaría 3.- Acudir ao centro só unha persona e sen a presencia de nenos/as 4.- Vir coa documentación preparada e fotocopiada 5.- Acudir con mascariila preferentemente. 6.- A entrada da zona de secretaría, haberá xel de mans para limpiarse. 7.- O horario de atención ao público será de 10:00h a 13:00h. 8.- Recórdase que todo este proceso tamén se pode realizar telemáticamente a través da seguinte dirección: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado
Documento guía para a adaptación das actividades lectivasPresentamos a toda a Comunidade educativa do IES Laxeiro o Documento - Guía de adaptación das actividades lectivas e que ten como referencia as Instrucións do 27 de abril de 2020 da Dirección Xeral de Educación e Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Un documento elaborado polo Equipo Directivo co refrendo dos Xefes de Departamento en reunión da Comisión Pedagóxica e co visto bo do Claustro do Profesorado. Con el tratamos de clarificar e explicar tanto a alumnado coma aos pais e nais as normas e adaptacións que imos a seguir no centro durante esta 3ª avaliación para avaliar a todo o noso alumnado neste ano tan complicado debido ao COVID-19.
|
Novos números
|