Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
VISITA AO PARLAMENTO DE GALICIAO 30 de xaneiro as alumnas e alumnos de 3º da ESO do IES Laxeiro participaron na visita á sede do Parlamento de Galicia, en Santiago de Compostela. A actividade, organizada polo Departamento de Xeografía e Historia permitiulles achegarse á institución e ver “in situ” as actividades que se levan a cabo nesta institución.
A través dunha visita guiada foron coñecendo os diferentes espazos que conforman o Parlamento galego, coñecer o funcionamento dos órganos de goberno, as función, e visitar as distintas dependencias dos grupos parlamentarios, ademais de ver as diversas coleccións artísticas e bibliográficas coas que conta o Parlamento.
Ademais, puideron poñer en práctica a actividade iniciada na aula de: creación de grupos parlamentarios e iniciativas político-cidadáns. Os/as vocais de cada grupo parlamentario puderon subir á tribuna do Salón de Plenos, defender as súas propostas que foron sometidas a votación dos compañeiros e compañeiras que ocupaban as cadeiras do hemiciclo.
Para ver mais Fotos da nosa visita, fai click -> FOTOS Excelente actuación do IES Laxeiro na fase zonal do campionato escolar de orientaciónEste martes, 18 de febreiro, cincuenta estudantes de 2º de ESO do IES Laxeiro participaron no campionato zonal de orientación, celebrado no Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra. Un total de seis centros escolares competiron na modalidade de carreira de orientación, na que o IES Laxeiro acadou un éxito notable. Na categoría máis concorrida (infantil) logramos meritorios postos.
O 1º Concurso de Ciencia "Luis Gustavo Rodríguez Taboada" amplia a súa recollida de traballos ata o 3 de abrilO xurado e o Equipo Directivo do IES Laxeiro toma a decisión de ampliar o prazo de presentación de traballos para esta 1ª edición ata o 3 de abril alegando motivos técnicos e informáticos de soporte que crearon problemas a hora de enviar traballos. Ademais atendemos con esta decisión a petición de varios centros que nos solicitaban mais tempo para elaborar os seus proxectos. Por estes motivos e comprendendo as dificultades que se orixinan na 1ª edición, anunciamos esta ampliación de prazo de entrega , facendo constar que todas as demais datas e prazos son as que figuran nas bases do concurso , polo que a resolución do xurado manterase para o 17 de maio, día no que se darán a coñecer os gañadores dos premios que figuran nas bases do concurso. Agardamos que esta medida sirva para aumentar o número de participantes nas diferentes categorías. Homenaxe a Miguelanxo Prado O próximo xoves cumprimos un dos nosos soños: recibir no noso centro a Miguelanxo Prado e nomear a aula de Plástica. Con el inauguramos asemade o Corredor das Artes. Sorteo da cesta do Nadal 2019 no IES LaxeiroEfectuado o sorteo das rifas da cesta de nadal 2019, comunicamos que o número agraciado co premio foi o seguinte
4777 Integración en CanadáO profesor do Educación Física, Xosé M. García, participou nunha estadía no instituto canadense Bell High School, situado na capital Ottawa. Esta experiencia é unha das modalidades que ofrece o programa PIALE da Consellería de Educación para o profesorado galego. Trátase dun programa de inmersión total, neste caso en inglés, consistente na integración na vida escolar, sen obrigas lectivas, no centro escolar de Canadá. A experiencia foi moi produtiva, segundo Xosé M. Por un lado, supón un pulo na mellora da competencia lingüística: mellora a confianza en canto á expresión e comprensión oral, a fala e a escoita, en inglés. O feito de ter que enfrontarse a situacións cotiás noutra lingua para resolver algúns problemas, ir ao teatro ou ter conversacións telefónicas, por exemplo, constitúe un reforzo e inflexión na aprendizaxe da lingua. Doutra banda, asistir ás clases da materia que impartes permite coñecer de primeira man o vocabulario específico, as expresións e o seu uso no contexto apropiado. Por outro lado, a observación da práctica docente, da organización escolar ou tratamento da diversidade permite reflexionar sobre a propia práctica e realidade escolar. É interesante descubrir aspectos do sistema escolar transferibles ou adaptables nas nosas escolas, así como as boas prácticas. Neste sentido destacaría:
Moitos dos aspectos transferibles dependen de decisións que traspasan o ámbito dunha escola polo que dependen da vontade dos lexisladores e gobernantes. Pero algunhas das prácticas, especialmente no contexto da aula, si se poden implementar. En todo caso, debemos ter en conta que as sociedades sobre as que se asenta a escola non funcionan exactamente igual polo que cómpre reflexionar sobre o que pode encaixar ou non; non vale o copia e pega. O profesorado de Educación Física da Bell HS impartía varias materias dentro do ámbito do departamento: Healthy Living and Personal and Fitness Activities, Healthy Living and Large-Group Activities, Introductory Kinesiology, Healthy Living and Rhythm and Movement Activities, entre outras. Estas foron o foco de observación durante a estadía e supuxo a parte máis interesante, máis aínda pola posibilidade de participar en actividades ligadas ao deporte nacional como o hóckey sobre xeo, algo bastante alleo á realidade galega. Porque outra das características das escolas é a excelente dotación en equipamento e espazos de que dispoñen; no caso da Bell HS tiña a súa disposición o Bell Arena (con pista de xeo regulamentaria), campo de béisbol, de fútbol, un sala de fitness e outra de spinning, un ximnasio e varios espazos máis para EF. En definitiva, asistir ás clases de Physed (Physical Education), como eles lle chaman, interactuar con alumnado e profesorado supuxo un reto enriquecedor. O manexo da clase de Physed é bastante similar ao que se leva a cabo en Galicia pero a forma de organizar esta materia nas escolas difire polo optatividade das materias, a duración dos períodos lectivos (75 minutos) e o currículo. Con todo calquera estudante ou profesor galego non tardaría en adaptarse a estas clases (mesmo ao sosego e ausencia de ruído que caracterizan o desenvolvemento das clases en xeral) Ademais, asistiu como observador a outras clases como ESL (Inglés como Segunda Lingua), grupos onde se podía comprobar o grado de diversidade cultural das escolas canadenses e o tratamento do ensino da lingua. Tamén puido observar o desenvolvemento noutras áreas como Artes. En definitiva, unha experiencia recomendable para todo docente e que, por outro lado, tamén nos fai ver que aquí, nas escolas galegas, tamén se está a innovar e a desenvolver moi boas prácticas.
O IES Laxeiro participa no XOGADE (deporte en idade escolar): campo a través en SilledaEste mércores 4 celebrouse no recinto ferial da semana verde de Silleda unha nova edición do “Cross escolar”, actividade programada dentro do XOGADE que é o plan de deporte en idade escolar da Xunta de Galicia. Para ver as fotos debes identificarte coa túa conta @ieslaxeiro.com Educación STEM para o alumnado do Laxeiro.Un grupo de alumnos e alumnas do IES participaron na semana STEM do 24 ao 30 de novembro. Un campamento de innovación educativa deseñado para espertar o interese na Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas, a través de actividades cun enfoque eminentemente Maker (aprender facendo). Makey Makey, Microbit, Robótica, Xogos Matemáticos, Efecto invernadoiro ou Pegada ecolóxica, son algunhas das actividades realizadas polo noso alumnado e que abrangen as áreas inluídas no acrónimo STEM. Un acercamento interdisciplinar ao aprendizaxe que desenvolve habilidades como a investigación, o pensamento crítico, a solución de problemas, a creatividade, a comunicación e a colaboración. Ver mais Fotos - >Fai Click sobre a imaxe... ou ben en https://drive.google.com/open?id=1w6ql4g-231gkl9VTqdhzO8IGDaRZ2K2I
Novembro contra a violencia de xéneroO alumnado de 2º de ESO- A na materia de igualdade escribiu e realizou unha performance para o 25 de novembro, poñendo o acento en que as mozas non deben vestir nin comportarse segundo os estereotipos de xénero que a sociedade impón.
O alumnado de 2º de ESO-B da materia de Igualdade realiza unha performance para o 25 de novembro, a partir dun poema de Ana Cerezuela (do seu libro "Lejos")
Máis alá da aulaE o día chegou. Un día cheo de emocións, de bágoas, un día no que Luís Gustavo foi quen de tirarnos aínda agora máis dun sorriso. Luís Gustavo era moito más ca un xefe de estudos. Moito máis ca un profesor de Física e Química. Moito máis ca un compañeiro. Moito máis ca un esposo. Moito máis ca un fillo. Moito máis ca un pai. Todo el era "moito máis".
Na prensa:
|
Novos números
|