O noso centro foi seleccionado para participar na Semana STEM

Teremos un grupo de 25 alumn@s de 1º ESO de Campamento "Científico-Tecnolóxico-Enxeñería-Matemático" na semana do 2 ao 8 de decembro deste ano.

Serán 13 nenas e 12 nenos que terán a oportunidade de participar nun escenario propicio para desenvolver capacidades, coñecementos e técnicas, a través dunha invitación ao descubrimento, que aumenten o seu interese por saber, cada vez mais, sobre os diversos campos da Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería  e Matemáticas - STEM.

Esta actividade está organizada baixo a acción de Estratexia Galega de Educación Dixital (EduDixital2020) nas instalacións do Centro Vermislab.

O IES Laxeiro rende homenaxe o día 1 de outubro a Marisol Soengas, unha das investigadoras máis prestixiosas do mundo na loita contra o cancro de mama

Marisol Soengas, paixón e método científico

 Marisol Soengas González, Agolada (Pontevedra) 1968, doutorouse en Bioquímica e Bioloxía Molecular na Universidade Autónoma de Madrid en 1996. Posteriormente, iniciou unha etapa de investigación en EE UU, no Cold Spring Harbor Laboratory de Nova York e na Universidade de Michigan. En 2008, regresa a España ao Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO), onde dirixe o Grupo de Melanoma, o mesmo que en 2009 identificou un composto sintético capaz de desencadear a destrución masiva das células deste cancro de pel, achado que mereceu a portada da prestixiosa revista científica Cell, e descubriu 40 xenes específicos do melanoma en 2014. É unha das investigadoras máis prestixiosas do mundo na loita contra o melanoma, o cancro de pel máis común e tamén o máis letal. Formouse xunto á histórica científica Margarita Salas e o seu exemplo serviulle para que sempre considerase natural que unha muller ocupase cargos de responsabilidade na ciencia. Toda unha honra para a comunidade do IES Laxeiro contar coa súa presenza entre nós e poder adicarlle un espazo do noso instituto

 

 

Programa homenaxe

 

 

Entrevistas á Marisol Soengas

                              

 

 

 

 

Estadía de alumnas e alumnos do IES Laxeiro en Rho (Milán)

Un grupo de quince alumnas e alumnos de cuarto da ESO,  xunto cos profesores Socorro Goldar e Xosé Manuel López, atópanse estes días en Rho, cidade da rexión da Lombardía, a uns 14 km de Milán. A estadía encádrase no intercambio con estudantes do instituto técnico Enrico Mattei, os cales visitaron o noso centro a principios de marzo. Unha etapa máis na internacionalización do IES Laxeiro e  no fomento da interculturalidade e da competencia lingüística dos membros da nosa comunidade educativa.

 

 

 

Reunión transnacional Erasmus+ no IES Laxeiro

Do xoves 24 de maio ao mércores 30 recibiremos a visita de estudantes e profesoras dos países socios no proxecto Erasmus+ Tunnel of Time, no que participa o IES Laxeiro. Un total de 15 alumnas e alumnos procedentes de Finlandia, Francia e Turquía, acompañadas por seis profesoras, dúas por cada país socio, convivirán con familias lalinenses e participarán nas actividades escolares dos estudantes do IES Laxeiro. O proxecto implica a realización de obradoiros, actividades culturais e a integración nalgunhas horas lectivas por parte de estudantes e profesores visitantes.

No IES Laxeiro sentímonos moi honrados de participar no proxecto coa escolas:

cartaz ToT

 

Londres 2018

Londres foi o destino das nosas alumnas e alumnos de 4º de ESO na súa viaxe de fin de etapa, neste curso 2017-18. A experiencia abrangueu as visitas aos recoñecidos museos londinenses (Natural History Museum, Science Museum, British Museum, Tate Modern, National Gallery) e o ruar polos seus populosos barrios, rúas e mercados como Camden Tow, Borough Market, Leadenhall Market, Picadilly Circus, Leiscester Square, Whitehall St., Trafalgar Square ou The Mall avenue. Tampouco deixaron de visitar sitios emblemáticos como Westminster Abbey, Houses of Parliament, Big Ben, Buckingham Palace, London Tower, Shakespeare Globe, catedral de St. Paul... Unha panorámica xeral que puideron condensar desde as cápsulas do London Eye. Densa experiencia que, de seguro, pervivirá nas memorias.

Expo na residencia As Dores

Os traballos realizados polo alumnado do IES Laxeiro, nomeadamente as fotos de One day in my life - Un día na miña vida, expóñense na residencia As Dores, con cuxa valiosa colaboración contamos para o desenvolvemento do proxecto Tunnel of Time.

O programa RCP nas aulas no IES Laxeiro

 

O IES Laxeiro, por medio do departamento de Educación Física, participa, por segundo ano, da experiencia RCP na Aula, froito do convenio entre as consellarías de Sanidade e Educación. Este convenio, impulsado pola Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia 061, trata de estender a experiencia RCP na Aula da provincia de Lugo, permitindo espallar a formación en soporte vital a todos os nenos e nenas de Galicia ao longo da Educación Secundaria Obrigatoria.

 O devandito convenio contempla a formación polo FPUS de Galicia 061 dos profesores de Educación Física (e todos aqueles que voluntariamente queiran participar na experiencia) como provedores de RCP DEA e que estes á súa vez formen aos alumnos e alumnas como provedores de soporte vital básico. O ensino da reanimación cardiopulmonar (RCP-B) na escola nos niveis obrigatorios representa a oportunidade de instruír a un gran número de cidadáns. En Europa, a RCP- B está incluída no currículo escolar en Noruega, Dinamarca, Francia, Reino Unido e España. RCP na aula é un sistema no que persoal sanitario do 061 de Galicia forma como instrutores de RCP-B e desfibrilador externo semiautomático (DESA) aos profesores de educación física dos institutos, e estes a outros profesores e alumnos/as.

Distribuir contido