Estadía de alumnas e alumnos do IES Laxeiro en Rho (Milán)

Un grupo de quince alumnas e alumnos de cuarto da ESO,  xunto cos profesores Socorro Goldar e Xosé Manuel López, atópanse estes días en Rho, cidade da rexión da Lombardía, a uns 14 km de Milán. A estadía encádrase no intercambio con estudantes do instituto técnico Enrico Mattei, os cales visitaron o noso centro a principios de marzo. Unha etapa máis na internacionalización do IES Laxeiro e  no fomento da interculturalidade e da competencia lingüística dos membros da nosa comunidade educativa.