Orientación
Alumnas da Facultade de Ciencias da Educación visitan o noso centro
Noemí Baleato Domínguez, Alba Rivas Carral, Natalia Carracedo Barros e Sheila Ceapón Abuin, alumnas da Facultade de Ciencias da Educación no Grao en Educación Primaria, visitan o noso centro.
Estas alumnas da Facultade de Ciencias da Educación na USC, está a realizar un traballo de investigación sobre os Colexios Rurais Agrupados dentro da Materia de Educación en Contextos Rurais.
É para o nos centro un privilexio telas recibido e poder colaborar na súa investigación. Valoramos o seu interés polos Colexios Rurais Agrupados.
Desexamoslle moito éxito no seu traballo de investigación e na súa formación como mestras de Educación Primaria.
- APIs de Blogue
Alumnas da Facultade de Ciencias da Educación visitan o noso centro
Noemi Baleato Domínguez, Alba Rivas Carral, Natalia Carracedo Barros e Sheila Cespón Abuin, alumnas da Facultade de Ciencias da Educación da USC, no grao en Mestras/es de Educación Primaria, visitan o noso centro.
Estas alumnas da Facultade de Educación, estan a realizar un traballo de investigación sobre os Colexios Rurais Agrupados, dentro materia de Eduación en Contextos Rurais.
Para o noso centro é un privilexio telas recibido e poder colaborar na investigación que están a realizar, non podemos deixar de anotar que unha das alumnas estivo escolarizada do noso centro, na Escola Cruceiro en Taragoña, Sheila Cespón Abuin.
Os nosos mellores desexos para o seu traballo de investigación e para a súa formación como mestras de Educación Primaria
- APIs de Blogue
O Castelo da Lúa, excavacións arqueolóxicas
Co motivo das intervencións arqueolóxicas que se están a realizar no xacemento e na contorna do Castelo da Lúa, Mario Cesar Vidal visitou a Escola de Cruceiro |
|
Mario Cesar Vila, explicou os traballos que están a realizar no Castelo da Lúa, ensinounos fotografías do Castelo, falou do oficio de canteiro e de como marcaban as pedras, falounos de contas de lendas do Castelo. Ao final convidounos a visitar as excavacións que están a realizar moi perto da praia da Torre.
|
- APIs de Blogue
O C.R.A. de Rianxo preseleccionado na convocatoria de Clubes de Ciencia
O C.R.A. de Rianxo foi preseleccionado pola Consellería de Educación para participar na convocatoria do programa de innovación educativa "Club de Ciencia". O C.R.A. de Rianxo presentou o proxecto "Clube de Ciencia Nautilus", no que se prevé a realización dos seguintes talleres: A Maxia da Ciencia Fauna Mariña Mundo é química Fovivos, a historia do Planeta Investigando o corpo humano O proxecto Clube de Ciencia Nautilus pretende animar a curiosidade científica dos nosos alumnos e alumnas, nunhas idades nas que a curiosidade invade os seus intereses. O proxecto busca formar nos nenos e nas nenas hábitos de coñecemento a través da investigación e da exploración |
|
- APIs de Blogue
Taller de hixiene dental na Escola de Pazo
Clara Alcalde Comojo, estudante de Odontoloxía na USC,
fixo con nós un taller de hixiene dental
Antes de comezar co taller cubrimos unha enquisa, tiñamos que responder a preguntas como, cantas veces lavamos os dentes? quen nos ensinou? se comemos moitas larpeiradas ... |
|
Logo fixemos varios experimentos, un deles consitiu en poñer na boca un líquido que nos descubriu a cantidade de placa que se creaba na boca despoisde comer gominolas |
|
Despois Clara mirounos a dentadura, tan vermella que tiñamos |
|
Ensinounos como tiñamos que cepillar a dentadura a modo e despacio, os dentes por fora e por dentro e a língua tamén. |
|
Finalmente aprendimos a cepillarnos os dentes.
ENCANTOUNOS O TALLER E APRENDIMOS A COIDAR DOS DENTES |
- APIs de Blogue
Pescas e mariñeiros en Rañó
No marco do proxecto "Patrimonio material" hoxe vestímonos de mariñeiros e pescas |
|
O pai de Pablo, Santi, cedeunos algunhas artes de pesca (nasa, jancha ...) pois eliximos as artes de pesca como tema para o noso calendario |
|
Pablo, moi vinculado ao muno do mar, explicounos cada unha das artes, que eran, como se utilizaban, e que se pescaba con cada unha delas. |
|
Os pais de Pablo, Santi e Pili, comprometeronse a darnos unha charla que nos premita afondar mais no mundo do mar. |
|
- APIs de Blogue
Chega o tempo das cabazas e dos doces, chega o Samain
Viñeron as cabazas á Escola de Pazo |
|
e con elas chegaron doces e larpeiradas |
- APIs de Blogue
Programación Xeral Anual curso 2017-18
O Consello Escolar na reunión de 25 de Outubro dou aprobación inicial a Programación Xeral Anual do C.R.A.. A P.X.A. está integrada por todos os documentos que organizan a actividade do centro para o presente curso: obxectivos, recursos, horarios, relacións coa contorna, programcións de departamento etc. Podedes consultar esta documentación no seguinte enlace e se o desexades facer achegas ao correo cra.rianxo@edu.xunta.es
|
- APIs de Blogue
As nenas e os nenos de Capela visitan o Horreo de Araño
As nenas e os nenos coas profesoras da escola de Capela visitan o Horreo de Araño. Acompañaronos algunhas mamas e papás
Fixeron unha cadea moi grande para medilo. Dariano conseguido?
Din que o horreo de Araño é un dos mais grande de Galiza, e tamén do mundo.
- APIs de Blogue
A ANPA IRMÁNS INSUA PROPÓN MELLORAS PARA OS PATIOS
VENRES 20 DE OUTUBRO 2017
Irene, Tamara e Ana en representación da ANPA, Irmáns Insua, reúnense co director do colexio
para realizar propostas de mellora dos patios escolares.
Suxiren a posibilidade de poñerse en contactocoa Asociación Alados de EducaciónMedioambiental para intervirnos patios escolares. A Asociación realiza propostas de intervención coas que elaborar elementos de xogo aproveitando recursos do medio natural.
|
|
Na reunión suxeriron tamén a posibilidade de organizar plantacións de árbores e plantas para humanizar os patios e tamén como xeito de fomentar a educación medioambiental dos nenos e das nenas e das familias. |
|
Como actividades de educación medioambiental valoraronse: A realización de pequenas rutas de sendeirismo Organización de charlas con persoas coñecedoras do medio natural |
|
Outros asuntos que se trataron foron a realización de actividades de formación para as familias. Tamén se ve necesario coñecer mellor as preocupacións e intereses das familias a través de cuestionarios.
|
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »