Orientación
Fotografías pola igualdade
A Federación Galega de ANPAS de Compostela, compartiu coa ANPA, do C.R.A. de Rianxo, as imaxes da exposición:
Fotografías pola Igualdade.
No contacontos de martes 5 de novembro poderemos velas na Biblioteca.
Logo as profesoraas e os profesores, levaremos as fotografías polas escolas.
- APIs de Blogue
23 Outubro, comezamos as actividades co club de ciencia
Hoxe comezamos outra vez os experimentos no Club de Ciencia
Somos moitas nenas e nenos, 24 en total. Vimos de Abuin, de Capela, de Cruceiro, de Cuvide, de Outeiro, de Pazo, de Quintáns e de Raño. En fin de todas as escolas.
Estivo con nos María e despois de presentarnos fixemos varios experimentos con auga.
Antía explicounos que a auga está composta de partículas que se agarran entre elas, por eso, cando as botamos nun obxecto, a auga queda como agarrada ao obxecto. Fixemos experimentos con moedas e con vasos para comprobar que a auga queda agarrada. Tamén vimos como a auga nos protexe do lume.
Aqui estamos, faltaba algún neno, pero xa somos moitas María dixo que teríamos que facer dous grupos |
Xulia coa pipeta, bota gotiñas de auga enriba dunha moeda e as gotiñas quedan agarradas á moeda, non se escapan. |
Iker mira como Xulia tapa un vaso con auga cunha media. Se consigue estirar ben a media e logo dar volta ao vaso rápido, a auga non caerá. Ten algo de dificultade pero podemos intentalo |
- APIs de Blogue
Contacontos na Biblioteca de Daniel
Hoxe, martes 22 de outubro, comezamos as sesións de contacontos na Biblioteca de Daniel.
Laura, unha mamá da Escola de Capela contaranos a historia de PelosTortos e a súa Figueira
Agardámoste hoxe ás 5 da tarde na Biblioteca de Daniel na sede do C.R.A. de Rianxo, na Atalaia en Asados.
- APIs de Blogue
Presentación do Proxecto de Internacionalización do C.R.A. de Rianxo
Os nosos compañeiros Baltasar e Pablo, presentaron o Proxecto de Internacionalización do C.R.A. de Rianxo, dentro das Xornadas de Internacionalización Educativa organizadas polo CAFI.
Estas xornadas ás que asistiron profesores e profesoras de centros públicos de todas as etapas educativas da Comunidade Galega clebráronse o sábado 19 de outbro en Santiago e alí expúseronse diversas experiencias de internacionalización que se levan adiante en centros públicos galegos.
- APIs de Blogue
Club de Ciencia Nautilus
Mércores 23 de outubro pola tarde comezamos de novo as actividades do Club de Ciencia Nautilus.
Non esquezades anotarvos. Entregade a solicitude de inscripción antes de martes 22 de outubro á vosa profesora ou profesor.
Agardámosvos
- APIs de Blogue
Programación Xeral Anual 2019-20
Podes acceder aos contidos da Programación Xeral Anual do curso 2019-20, pulsando no seguinte enlace:
Podes acceder como convidado/a
- APIs de Blogue
Xornadas Erasmus
O C.R.A. de Rianxo participará nas Xornadas Erasmus+ e Twining que se celebrarán na Escola Galega da Administración Pública, en Santiago, o día 19 de Outubro.
Pablo García Lorenzo, actuará como ponente ás 12:00 en representación do C.R.A. de Rianxo.
Nestas xornadas participará tamén como ponente a profesora Tamara Carreira Astray, que foi profesora no noso centro e actualmente traballa no C.E.I.P. Plurilingüe de Sigüeiro.
- APIs de Blogue
1º Roteiro da natureza
O Clube da Natureza da ANPA Irmáns Ínsua, programa o 1º Roteiro da Natureza:
DATA: 12 DE OUTUBRO
PUNTO DE ENCONTRO: PRAIA DA TORRE
DURACIÓN: 2 HORAS
PREZO: 2 EUROS
- APIs de Blogue
O C.R.A. de Rianxo entra no programa de Bibliotecas Creativas
A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos inclúe ao C.R.A. de Rianxo dentro do programa de Bibliotecas Creativas.
Enlace á resolución da Dirección Xeral de Centros
Enlace a experiencias publicadas en Bibliotecas escolares de Galicia
Rianxo a 4 de Outubro de 2019
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »