23 Outubro, comezamos as actividades co club de ciencia
Hoxe comezamos outra vez os experimentos no Club de Ciencia
Somos moitas nenas e nenos, 24 en total. Vimos de Abuin, de Capela, de Cruceiro, de Cuvide, de Outeiro, de Pazo, de Quintáns e de Raño. En fin de todas as escolas.
Estivo con nos María e despois de presentarnos fixemos varios experimentos con auga.
Antía explicounos que a auga está composta de partículas que se agarran entre elas, por eso, cando as botamos nun obxecto, a auga queda como agarrada ao obxecto. Fixemos experimentos con moedas e con vasos para comprobar que a auga queda agarrada. Tamén vimos como a auga nos protexe do lume.
Aqui estamos, faltaba algún neno, pero xa somos moitas María dixo que teríamos que facer dous grupos |
Xulia coa pipeta, bota gotiñas de auga enriba dunha moeda e as gotiñas quedan agarradas á moeda, non se escapan. |
Iker mira como Xulia tapa un vaso con auga cunha media. Se consigue estirar ben a media e logo dar volta ao vaso rápido, a auga non caerá. Ten algo de dificultade pero podemos intentalo |
- APIs de Blogue