Escola de Pazo

ENTROIDO EN ABUÍN

ESTE ANO FESTEXAMOS O ENTROIDO NA ESCOLA DE ABUÍN.

ALÍ FOMOS OS NENOS E NENAS DE PAZO  DE GALIÑAS AZUIS.

TAMÉN ESTABAN OS ESPANTALLOS DE RAÑÓ, MARUJA MALLO E AS SÚAS MÁSCARAS DE CRUCEIRO, OS CASTELAOS DE CAPELA,

OS CEGOS DE CASTELAO DE OUTEIRO, LEMBRANDO A MANUEL ANTONIO OS NENOS E NENAS DE ABUÍN,  OS NENOS E NENAS DE CUVIDE,

AS AUGAS MARIÑAS DE QUINTÁNS.

E LEMBRANDO A MANUEL ANTONIO E O MAR OS ANFITRIÓNS E ANFITRIONAS  DA FESTA.

MOITAS GRAZAS AMIGOS E AMIGAS DE ABUÍN POR TER TODO TAN PREPARADO!!!

 

 

 

 

 

PARABÉNS, IAGO!!!

HOXE IAGO FESTEXA O SEU ANIVERSARIO CON TODOS NOS.

XA TEN 6 ANOS. MOITOS PARABÉNS, AMIGO!!!

PARABÉNS PARA TÍ,

NESTA DATA QUERIDA,

MOITAS FELICIDADES,

MOITOS ANOS DE VIDA!!!

ROSALÍATE

AO LONGO DO MES DE FEBREIRO TIVEMOS PRESENTE EN MOITAS DAS ACTIVIDADES A ROSALÍA DE CASTRO,

BEN COÑECIDA PARA NÓS DENDE QUE VISITAMOS O ANO PASADO A SÚA CASA.

COINCIDINDO CO SEU DÍA PINTAMOS UNHAS CAMISETAS CON ESTE LEMA ROSALÍATE

 

CONCERTO "O TEMPO DOS XOGOS" E CHARLA DE SAÚDE BUCODENTAL

BEN DIVERTIDO E ANIMADO FOI O CONCERTO  "O TEMPO DOS XOGOS"

AO QUE ACODIMOS NO AUDITORIO DE RIANXO.

TEÑO FAME, AVOA MARÍA, MARIÑEIRO PAPI, A VACA MARELA....FORON ALGUNHAS DAS CANCIÓNS QUE CANTAMOS E  BAILAMOS,...

EN DEFINITIVA, DESFRUTAMOS MOITO DEL.

AO REMATAR O CONCERTO MERENDAMOS NO PARQUE DA RIBEIRA.

LOGO ESCOITAMOS A VANESA QUE NOS DEU UNHAS SINXELAS PAUTAS MOI INTERESANTES E

IMPORTANTES  RELACIONADAS COA SAÚDE BUCODENTAL.

VOLVE O TORIBIO Á NOSA ESCOLA!

UN ANO MÁIS O TORIBIO APARECEU NA NOSA ESCOLA PARA DARNOS AS CONSINAS DA SEMANA DO ENTROIDO:

E AO REMATAR A SEMANA DESPEDÍMONOS DEL ATA O ANO QUE VEN.

ATA O ANO TORIBIO!!

 

SAÍDA AO POLIDEPORTIVO DE RIANXO E MERENDA SAUDABLE NA AULA ACTIVA

HOXE FOI UN DÍA MOI INTENSO: CHEGAMOS A RIANXO E O NOSO GRUPO DIRIXIUSE AO POLIDEPORTIVO

PARA DESFRUTAR DUNHA SESIÓN ADICADA A DISTINTOS/AS DEPORTISTAS GALEGOS E GALEGAS

QUE NOS TIÑA PREPARADO O PROFE OSCAR.

AO REMATAR A SESIÓN ENCAMIÑÁMONOS A AULA ACTIVA PARA DEGUSTAR UNHA MERENDA SAUDABLE

A BASE DE CONSERVAS QUE NOS CEDEU "CONSERVAS CORTIZO".

DE TER TODO PREPARADO ENCARGÁRONSE MARIA E PABLO DE ARENARIA.

ATA NOS VISITARON AS CÁMARAS DE TELEVISIÓN E A RADIO.

PARABÉNS, BRUNO!!!

DESTA VEZ PUXEMOS O FORNO A FUNCIONAR PARA FACER O DOCE DO ANIVERSARIO DE BRUNO.

TODOS XUNTOS FESTEXAMOS QUE XA TEN 4 ANOS.

MOITOS PARABÉNS BRUNO!!!

1ª SEMANA DA FROITA

AO LONGO DESTA SEMANA TIVEMOS Á MEDIA MAÑÁ FROITA.

TOMAMOS MAZÁS, MANDARINAS, PERAS, FIXEMOS ZUMES DE LARANXA,

BROCHETAS DE FROITA E O PROFE MARTÍN PREPAROUNOS UN DOCE MELÓN.

FACEMOS MADALENAS!

OS PEQUENOS E A PEQUENA PASTELEIRA ESTÁN PREPARADOS PARA FACER MADALENAS...

E SAÍRON MOI BEN!!!

E APROVEITAMOS PARA FACER UN PEQUENO EXERCICIO:

PREMEDE E VEREDES:

PARABÉNS PAULA E TIAGO!

CANDO VOLTAMOS DO NADAL PAULA E TIAGO ERAN UN POUQUIÑO MÁIS MAIORES.

O ÚLTIMO DÍA DO ANO CUMPRIRON ANOS:

PARABÉNS NO TEU TERCEIRO ANIVERSARIO, PAULA!!

E PARABÉNS TIAGO NO TEU QUINTO ANIVERSARIO!!!

...MOITAS FELICIDADES

MOITOS ANOS DE VIDA!!!

Distribuir contido