Escola de Pazo

O CRUCEIRO DO LAXIDO E A FONTE DO BARRAL

HUGO E A SÚA NAI PASEARON POLA SÚA ALDEA, O BARRAL E QUIXERON AMOSARNOS

O PATRIMONIO QUE TEÑEN PRETO DA SÚA CASA:

O CRUCEIRO DO LAXIDO

 

O CRUCEIRO DO LAXIDO SITÚASE NUNHA ENCRUCILLADA DE

CAMIÑOS ENTRE VILAS, OUTEIRO E LUSTRES. PARECE MOI

ANTIGO E POSIBLEMENTE SEXA DO SÉCULO XVII. ASÉNTASE

NUNHA PLATAFORMA HEXAGONAL, DE AÍ A SÚA SINGULARIDADE,

POIS OS QUE ACOSTUMAMOS A VER TEÑEN A BASE CADRADA.

TEN A IMAXE DE SAN ANDRÉ NO SEU FUSTE.




 

A FONTE DO BARRAL

A FONTE DO BARRAL ESTÁ MOI PRETO DA CASA DE HUGO.

A SÚA AGUA É POTABLE E SON MOITOS OS VECIÑOS E

VECIÑAS QUE ACODEN A ELA PARA COLLER AUGA.

 

 

O ENTROIDO

"A ESCOLA DE PAZO VAMOS A CRUCEIRO

A CELEBRAR O ENTROIDO

DISFRAZADOS/AS DE CHOQUEIROS"

ESTE ANO AS NENAS E NENOS DE CRUCEIRO INVITÁTONNOS A CELEBRAR O ENTROIDO

NA SÚA ESCOLA.

A CHUVIA CASE NOS ESTRAGA O DÍA PERO AS FAMILIAS XA O TIÑAN

TODO PENSADO E PREPARADO.

CANTAMOS, FIXEMOS O PASARRÚAS POLA ALDEA E VOLVEMOS PARA MERENDAR

E DEGUSTAR DOCES TÍPICOS DESTE TEMPO.

LOGO XOGAMOS E BAILAMOS DISFRAZADOS DE CHOQUEIROS.

O TORIBIO MANDA!

UN ANO MÁIS CHEGA O TEMPO DE ENTROIDO E APARECE NA  NOSA ESCOLA ALGUÉN

QUE NOS VISITA POR ESTAS DATAS, O TORIBIO.

 

 

E COMO SEMPRE, TRÁENOS UNHAS ENCOMENDAS PARA QUE ESTA SEMANA SEXA BEN FESTEIRA:

ALGO NA CABEZA, ALGO NO PESCOZO, ALGO PINTADO NA CARA,

DISFRAZADO DO QUE UN QUEIRA E O VENRES, DE CHOQUEIRO

 

AS NOSAS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS DE CRUCEIRO FIXÉRONNOS

UNHAS INVITACIÓNS MOI CHULAS PARA QUE VAIAMOS FESTEXAR

O ENTROIDO Á SÚA ESCOLA. E NÓS, COMO NON, IREMOS ENCANTADOS!

MOITAS GRAZAS AMIGAS E AMIGOS!

 

 

 

 

MARÍA E DAVID VOLVEN Á NOSA ESCOLA

 

MARÍA E DAVID VOLVERON Á NOSA ESCOLA A PRESENTARNOS O CLUBE DE CIENCIA DIVERTIDA QUE EN BREVE VAI COMEZAR NO NOSO C.R.A.

CUNHAS PEQUENAS DEMOSTRACIÓNS INVITÁRONNOS A PARTICIPAR E A SEGUIR DISFRUTANDO COAS SÚAS PROPOSTAS.

O HOMIÑO DE PAPEL

O HOMIÑO DE PAPEL E O LÁPIS MÁXICO DE MALALA SON DOUS CONTOS

NOS ACOMPAÑARON AO LONGO DESTA SEMANA QUE ADICAMOS Á PAZ.

 

 

 O HOMIÑO DE PAPEL PÚXOSE TAN APENADO CANDO SE DEU CONTA QUE FACÍA CHORAR AOS SEUS AMIGOS PORQUE SÓ COÑECÍA

HISTORIAS TRISTES. PERO NON SE DEU POR VENCIDO, NA LAVANDERÍA VALEIRÁRONO DESAS HISTORIAS E  EL POUQUIÑO A POUCO

FOISE ENCHENDO DE BONITAS HISTORIAS.

 

E MALALA CO SEU LAPIS IMAXINABA DEBUXAR COUSAS BONITAS PARA TODOS E QUE SE FACÍAN REALIDADE.

CO TEMPO DEUSE CONTA QUE CO SEU LÁPIS E AS SÚAS PALABRAS INICIOU UNHA CAMPAÑA A PROL DO ACCESO UNIVERSAL Á EDUCACIÓN.

TAMÉN NOS LEMBRAMOS DE PICASSO E DAS SÚAS POMBAS, DE GANDHI, WANGARI,...E MOITAS MULLERES E HOMES BOS

QUE FIXERON TANTO BEN Á HUMANIDADE.

FESTIVAL DE NADAL 2017

 

BO NADAL E FELIZ  2018!

PERCORRIDO POLA VILA DE RIANXO

APROVEITANDO QUE ESTA MAÑÁ ÍAMOS A VER "ALÉN" UNHA OBRA DE TEATRO  NA QUE CHUQUIÑO MARCHA Á PROCURA DO

SEU TÍO RANDULFO A ÁFRICA FIXEMOS UN PERCORRIDO POLAS RÚAS DE RIANXO QUE ESTÁN BEN CARGADIÑAS DE PATRIMONIO:

A PRAZA DA XEITEIRA, A PRACIÑA E AS SÚAS CASAS, A BIBLIOTECA CASTELAO, A IGREXA, O CAMPO DE ARRIBA, A CAPELA DE GUADALUPE,

AS CASAS DE CASTELAO E RAFAEL DIESTE, CASA MUSEO DE MANUEL ANTONIO....

Presentacion da Guía de lectura

Nenos e nenas da Escola de Pazo participan no acto de presentación da Guía de Lectura que se celebrou o día 15 de decembro no Auditorio de Rianxo..

No acto participaron os Colexios Brea Segade, Ana María Diéguez e  Castelao ademais do noso Centro e a Biblioteca Municpal de Rianxo.

Os alumnos e alumnas do C.R.A. de Rianxo recitaron poemas de Antonio García Teijeiro

 

PAZO EN NEGRO


DENDE A NOSA ESCOLA SUMÁMONOS AOS ACTOS QUE

AO LONGO DESTES DÍAS SE ESTÁN A REALIZAR POLO

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER.

ASÍ DENTRO DA CAMPAÑA "RIANXO EN NEGRO"

DECORAMOS CAMISETAS ADAPTANDO O LEMA: PAZO EN NEGRO

 

MAGOSTO EN VACARIZA

HOXE VISITAMOS A ESCOLA DE VACARIZA PARA CELEBRAR CON TODAS AS ESCOLAS

DO CRA DE RIANXO O MAGOSTO.

ENCANTOUNOS A FESTA QUE AS FAMILIAS DA ESCOLA DE QUINTÁNS NOS TIÑAN PREPARADO.

MOITAS GRAZAS!

                    PREMEDE SE QUEREDES VER UN RESUMO DA MAÑÁN:

Distribuir contido