Escola de Pazo

ÁNGELES ALVARIÑO, EXPERIMENTOS E BOCATAS NA 2ª VISITA Á BIBLIOTECA DE DANIEL

ESTA SEGUNDA VISITA Á BIBLIOTECA DE DANIEL FOI MOI COMPLETA:

TIVEMOS UNHA SESIÓN DE "PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA" ONDE NOS EXPLICARON QUE BEN NOS FAI COMER SAN.

LOGO CON MARÍA COÑECEMOS A UNHA MULLER PIONEIRA "ÁNXELES ALVARIÑO"

E CON DAVID FIXEMOS MOITOS EXPERIMENTOS INTERESANTES.

AÍ VAI UN RESUMO DESTA RICA MAÑÁ:

AS NOSAS MAMÁS!

PARA AS NOSAS MAMÁS!

CHEGOU O BO TEMPO E O MOMENTO DE PLANTAR.

ASÍ, LOGO DE TER PREPARADO O NOSO HORTO

DECORAMOS UNHAS MACETAS PARA AGASALALLAS AS NOSAS NAIS.

O NOSO HORTO

UN ANO MÁIS CHEGA A PRIMAVERA, E CON ELA, O MOMENTO DE ADECENTAR O NOSO HORTO:

ESTA VEZ PLANTAREMOS LEITUGAS, COGOMBROS, XIRASOIS, CABAZAS, FRESAS, PEMENTOS, TOMANTES,...

VISITA AO MUSEO DE ARTE CONTEMPORÁNEO DE VIGO

HOXE VISITAMOS O MUSEO DE ARTE CONTEMPORÁNEO DE VIGO CON MOITA ILUSIÓN.

ALÍ EXPUÑAN ALGÚNS CADROS DE MARUJA MALLO, PINTORA DA QUE ESTE CURSO COÑECEMOS MOITO.

MIRADE!!!:

FACEMOS PALMEIRAS!

FIXEMOS PALMEIRAS!

DESTA VEZ CHEGOU ÁS NOSAS MANS UNHA RECEITA QUE NOS TIÑA MOI BOA PINTA.

E PUXÉMONOS MANS Á OBRA. E O RESULTADO...RIQUÍSIMAS

PARA TI, PAPÁ!

FIXEMOS UNS CADROS MOI BONITOS PARA AGASALLAR AOS NOSOS PAIS.

FELIZ DÍA, PAPÁ!

PARABÉNS, AARÓN!!

 

HOXE AARÓN CUMPRE 6 ANOS!!!

E TODOS XUNTOS FESTEXAMOS O SEU ANIVERSARIO!!

PARABÉNS PARA TÍ

NESTA DATA QUERIDA

MOITAS FELICIDADES,

MOITOS ANOS DE VIDA!!!

 

UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA

NA NOSA BIBLIOTECA TEMOS UN CONTO QUE ESTE ANO DESFRUTAMOS MOITO:

"UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA"

TANTO NOS GUSTOU QUE DECIDIMOS FACER UN PARA LEVAR ÁS NOSAS CASAS

 

A MULLER NA PRENSA

COMO O DÍA DA MULLER CADROU COA SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA DECIDIMOS ATOPAR NOVAS NAS QUE APARECERAN MULLERES.

ATOPAMOS ALGUNHAS E SEPARÁMOLAS EN DISTITNAS SECCIÓNS: MULLERES TRABALLADORAS, ROSALÍA, DEPORTISTAS, NAIS, INTERESANTE...

E ASÍ NOS QUEDOU:

E SE QUEREDES VER O ARTIGO QUE SE FIXO CON TODAS AS NOVAS QUE TROUXESTES, PREMEDE:

http://www.edu.xunta.gal/centros/crarianxo/node/4329

 

 

 

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

UN ANO MÁIS ADICAMOS ESTE DÍA AS MULLERES MÁIS IMPORTANTES DAS NOSAS VIDAS: AS NOSAS NAIS

TAMÉN TIVERON UNHA MENCIÓN ESPECIAL AS NOSAS AVOAS.

AQUÍ ESTÁN AS NOSAS NAIS:

Distribuir contido