Escola de Pazo

VISITAMOS O CASTELO DA LÚA!

O CASTELO DA LÚA ESTÁ MOI PRETO DA NOSA ESCOLA.

HOXE, APROVEITANDO ESTA MAÑÁN SOLEADA, DECIDIMOS BAIXAR A VELO.


ADEMÁIS SOUBEMOS QUE ESTES DÍAS COMEZARON AS OBRAS DE RESTAURACIÓN DO CASTELO.

AO CHEGAR RECIBIUNOS MARIO CÉSAR VILA, O ARQUEÓLOGO QUE DIRIXE A OBRA E GUIOU A NOSA VISITA

EXPLICÁNDONOS A HISTORIA DO CASTELO DA LÚA TAMÉN COÑECIDO COMO CASTELO OU TORRE DE RIANXO.

ENCANTOUNOS AS SÚAS EXPLICACIÓNS E TAMÉN VER COMO TRABALLABAN AS ARQUEÓLOGAS E RESTAURADORAS.

NON PODEMOS MÁIS QUE AGRADECER A SÚA ATENCIÓN!

HIXIENE DENTAL NA AULA DE INFANTIL

LOGO DE VISITAR AOS MAIORES DE PAZO, CLARA ESTIVO NA NOSA AULA.

DUN XEITO MOI DIVERTIDO EXPLICOUNOS O IMPORTANTE QUE É LAVAR OS DENTES.

SAMAÍN 2017

UN ANO MÁIS CHEGA O TEMPO DE SAMAÍN E NA ESCOLA DE PAZO FESTESÁMOLO COMA SEMPRE...

CALACÚS, MEDO, DOCES E... FESTA!!!

Taller de hixiene dental na Escola de Pazo

Clara Alcalde Comojo, estudante de Odontoloxía na USC,

fixo con nós un taller de hixiene dental

Antes de comezar co taller cubrimos unha enquisa,

tiñamos que responder a preguntas como,

cantas veces lavamos os dentes?

quen nos ensinou?

se comemos moitas larpeiradas ...

Logo fixemos varios experimentos,

un deles consitiu en poñer na boca

un líquido que nos descubriu a

cantidade de placa que se creaba

na boca despoisde comer gominolas

Despois Clara mirounos a dentadura,

tan vermella que tiñamos

Ensinounos como tiñamos que cepillar

a dentadura a modo e despacio,

os dentes por fora e por dentro

e a língua tamén.

Finalmente aprendimos

a cepillarnos os dentes.

 

ENCANTOUNOS O TALLER E

APRENDIMOS A COIDAR DOS DENTES

Chega o tempo das cabazas e dos doces, chega o Samain

O SAMAÍN NA ESCOLA DE pAZO

     Viñeron as cabazas

      á Escola de Pazo

     e con elas chegaron doces

     e larpeiradas

Queremos cores nos bosques

Na aula de Eduación Primaria de Pazo queren que os bosques teñan cores.

Porqué será?

VISITAMOS A ILLA DE CORTEGADA

XA CHEGOU O DÍA QUE TANTO ESTABAMOS ESPERANDO!!!

VAMOS DE EXCURSIÓN Á ILLA DE CORTEGADA!

SUBIMOS NO BUS QUE NOS LEVOU A CARRIL E ALÍ MONTAMOS NAS LANCHAS PARA DESPRAZARNOS Á ILLA,

ANTES, PUXÉMONOS OS SALVAVIDAS.

NA ILLA FIXEMOS UN ROTEIRO COS NOSOS AMIGOS DE ARENARIA,

MARÍA CONTÓUNOS MOITAS COUSAS INTERESANTES E... POIDEMOS VER GOLFIÑOS!

POLA TARDE XOGAMOS NA PRAIA E PARA REMATAR, BAÑÁMONOS...E ADIVIÑADE A QUEN MOLLAMOS.

Premede!

 

"TITA" E VISITA Á BIBLIOTECA CASTELAO

HOXE FUMOS AO AUDITORIO DE RIANXO A VER "TITA" DO GRUPO BABALUVA.

AO REMATAR VISITAMOS A BIBLIOTECA DE DANIEL ONDE PABLO NOS CONTOU O CONTO

"O MONSTRO DE CORES".

A GALIÑA AZUL

CANDO SE ESTABA ACHEGANDO O TEMPO DE CELEBRAR AS NOSAS LETRAS TIVEMOS UNHA ENCOMENDA ESPECIAL,

FACER UNS TÍTERES AO NOSO GUSTO PARA REPRESENTAR UNHA PEQUENA PARTE DO CONTO

"A GALIÑA AZUL" DE CARLOS CASARES.

DECIDIMOS QUE OS NOSOS TÍTERES REPRESENTARAN O DISFRAZ QUE LEVAMOS NO ENTROIDO,

E ASÍ NOS PUXEMOS MANS Á OBRA:

NOVE GALIÑAS AZUIS CON CINCO PLUMAS VERMELLAS NA Á DEREITA, LEONCIO E A SÚA GALIÑA VERMELLA E CINCO GARDAS.

LOGO PABLO VEU A GRABARNOS. TODA UNHA EXPERIENCIA!

E ASÍ QUEDOU A NOSA ADAPTACIÓN DA GALIÑA AZUL:

https://www.youtube.com/watch?v=kSDPYp7cJ2M

CARREIRA DAS LETRAS 2017

UN ANO MÁIS XUNTÁMONOS EN CAMPO MANEIRO TODAS AS ESCOLAS DO NOSO CRA.

ALÍ TIVEMOS UNHA XORNADA FESTIVA PARA CELEBRAR AS NOSAS LETRAS.

CORREMOS A PROL DA NOSA LINGUA, HOMENAXEAMOS A CARLOS CASARES, CANTAMOS, BAILAMOS E TAMÉN MERENDAMOS.

UNHA XORNADA MOI ENTRAÑABLE!

 

 

Distribuir contido