Escola de Cruceiro

A SEREA DE SÁLVORA

Un bo cabaleiro de nome Don Froilan, andando un día co seu cabalo por riba do mar, achou unha muller mariña na ribeira.  Ela era moi fermosa, pero non era quen de falar nin unha migalla.
Froilán namorouse dela e quixo poñerlle nome. E pensou que lle non caía nome mellor
ca o de Mariña, porque saíra do mar.
Froilan amábaa moito e tivo con ela un fillo, pero nunca se lle quitou a pena de que Mariña non poidese falar.
Un día mandou facer unha moi grande fogeira no seu pazo, e ela viña de fóra, e traía aquel seu fillo consigo, a quen amaba tanto coma ó seu corazón.
E don Froilán foi coller aquel fillo seu e dela, e fixo que o quería botar ó lume. E ela, coa rabia e a dor polo filho, esforzouse en berrarr, e co berro botou pola boca un anaco de carne, e dalí adiante falou...»
 

Conde de Barcelos,"Livro de Linhagens", século XIV

*
O xogo da serea dos Mariño

112

VIÑERON VISITARNOS, UN ANO MÁIS , OS BOMBEIROS.

COMO AS EMERXENCIAS NON SON COUSAS COAS QUE SE POIDAN XOGAR, VIÑÉRONNOS  APRENDER O QUE TEMOS QUE FACER EN CASO DE PERIGO.
E TAMÉN, A XOGAR UN POUCO CON NÓS...

( ESTA NOVA ESTÁ ADICADA A FRAN,
QUE ESTIVO A ESPERAR NA CASA A QUE SE PUBLICARAN AS FOTOS DESTA SESIÓN NO PORTAL)

BARCOS DE CARGA. O GUADAIRA

ANTIGAMENTE, MOITOS PRODUTOS ERAN TRANSPORTADOS POLO MAR. NA MIÑA FAMILIA TAMÉN HOUBO QUEN TRABALLOU TRANSPORTANDO CARGAS NO SEU BARCO.

 O GUADAIRA ERA UN BARCO CARGUEIRO.
ERA UN BARCO DE MADEIRA, COMA TODOS OS DAQUELA ÉPOCA, PERO NON ESTABA TRATADO CONTRA OS TÉRMITES QUE ROEN A MADEIRA. CONTAN QUE, RECÉN CHEGADO DO BRASIL, CANDO NAVEGABA Á ALTURA DA PRAIA DA TORRE, AS TÉRMITES XA DERAN BOA CONTA DO BARCO E ESTE COMEZOU A DESMORONARSE DEIXANDO TRAS DE SI UN RONSEL DE MADEIRA ROÍDA.
CONTAN TAMÉN QUE, DURANTE UNS DÍAS, A XENTE DE TARAGOÑA PUIDO IR Á PRAIA DA TORRE APAÑAR TABACO E CAFÉ, POIS ESA FORA A DERRADEIRA CARGA DO BARCO.

Fabiola Lorenzo

DA PEDRA DA VIÚDA ÁS LOBEIRAS

ENTRE TARAGOÑA E RIANXO PODEMOS IR POLA BEIRAMAR DESCUBRINDO NOMES DO MAR:
A PEDRA DA VIÚDA, A PUNTA DA POSTA, A PEDRA DOS LADOS, O CASTILLO, A PEDRA DA OSTREIRA, AS LONGRAS, AS LOBEIRAS,...

POLO PASEO MARÍTIMO QUE UNE OS DOUS LUGARES OBSERVAMOS ADEMAIS DIVERSOS TIPOS DE ÁRBORES, COMO OS CARBALLOS E OS PIÑEIROS.
NELES POUSANSE DIFERENTES TIPOS DE AVES: CORVOS, ESTORNINOS, GAIVOTAS.
E AS LAVANDEIRAS, QUE  POÑEN OS SEUS NIÑOS NOS CASCOS DOS BARCOS VELLOS QUE ESTÁN NO MAR.

NA TORRE VEMOS A CHEMINEA DUNHA FÁBRICA DE MADEIRA, QUE COS ANOS RECONVERTIUSE NUN TALLER DE TANQUES, OU FLOTADORES DE BATEAS.

PERO SE QUEREMOS IR DENDE TARAGOÑA ATA RIANXO BUSCANDO NOVOS CAMIÑOS, SÓ TEMOS QUE ATOPAR O TÚNEL QUE,  SEGUNDO CONTAN, HABÍA ENTRE TANXIL E O MONTE DO CASTRO...

FABIOLA

ARTES DE PESCA

POR SE ALGUNHA VEZ VIAXADES DENTRO DUN GRAN PEIXE, PÓDEVOS SER DE INTERESE COÑECER O QUE A XENTE DO MAR NOS APRENDEU DAS ARTES DE PESCA COAS QUE TRABALLABAN  NESTA ZONA...

O TRASMALLO:
ÚSASE PARA TODO TIPO DE PEIXE , E A PESCA VARÍA SEGÚN O TIPO DE MALLA

O XEITO:
SÓ PARA XOUBA E SARDIÑA

O "ATRAVESAMENTO":
USÁBANA ANTIGAMENTE  ENTRE TARAGOÑA E CESPÓN.
LARGABAN AS REDES EN BAIXAMAR E Ó SUBIR A MAREA
, OS PEIXES QUE ÍAN EN DIRECCIÓN TARAGOÑA E CESPÓN QUEDABAN ENGANCHADOS NA REDE, O QUE ASEGURABA UNHA BOA CAPTURA.

Fabiola Lorenzo

MAR FLORAL

NA PRAIA DA TORRE HAI MOITOS TIPOS DE ALGAS ARRASTRADAS POLAS MAREAS, QUE CUBREN DUN MANTO VERDE A AREA.

 

 

SEMELLA UNHA ALFOMBRA FLORAL !

PERO AS ALGAS PODEN USARSE COMO ABONO PARA A TERRA...


NESTA ÉPOCA DO ANO PÓDENSE ENCONTAR AS PRAIAS SUCIAS E CHEAS DE BASURA, PERO NON TODO É FEO !

COA BASURA PODEMOS CREAR COUSAS BONITAS...

 

 

FAMILIA DE FABIOLA

POSTA DE IÑOBRE

Entre a desembocadura do río Té ou do Castelo e o lugar da Burata en Taragoña hai un anaco de costa no que a terra se mete no mar formando un pequeno arrecife de baixo fondo.
É a Punta da Posta ou Posta de Iñobre, lugar moi coñecido en Taragoña e comarca por ofrecer dende a súa pequena lomba unha preciosa paisaxe marítimo-terrestre que deleita e causa pracer nos sentidos de calquer ser humano.

Venlle o nome de Posta por ser ideal para pescar e Iñobre porque pertencen esas terras á aldea do mesmo nome. Aínda non hai moitos anos que os mariñeiros de Rianxo e doutros lugares largaban os aparellos da "secada" na Posta de Iñobre. Os homes tiraban polas betas da rede e cando o "cope" chegaba a terra repartían o "quiñón" que o patrón da lancha lles asignaba. O quiñón de peixe ía para a casa na "encambada" (pola pequena dunha árbore, con gallos e sen follas para enganchar os peixes) e viña moi ben para os fogares daqueles tempos, que esperaban por eles para quentalos enriba dunhas ascuas e quita-la fame daquel longo día case sen probar alimento.


Na restinga da Posta de Iñobre había mexillóns, caramuxos, ostras, camaróns, fanecas, lorchos e algún congrio despistado que non se enteraba que baixaba a marea. Nos arredores había ameixas, algo moi cotizado hoxe en día no noso país e no exterior.

Había un mariñeiro que toda a súa vida andivo polo mundo a navegar en barcos doutros donos  e dicía que si algún día tivera un barco de seu ía poñerlle o nome de Punta de Iñobre porque este sitio tenlle dado moitas e boas viandas que lle quitaron moita fame naqueles tempos en que as barrigas estaban valdeiras.

Familia de Clara
( adicado ó avó Che)

CORRUBEDO

CORRUBEDO, CAMIÑOS DE AUGA, TERRA, VENTO E AREA

PRAIA DO VILAR

NA PRAIA DO VILAR,  VIMOS UN MAR
DE ESCUMAS DE PRATA
E BERROS BRUADORES...

A PRAIA DA TORRE

OLA, SON ALEX.
NA MIÑA CASA FIXEMOS UN LIBRO DA PRAIA DA TORRE PARA LEVAR PARA A ESCOLA E AGORA, PARA QUE O PODADES VER TODOS, POÑÉMOLO TAMÉN NESTE LIBRO DO MAR

A Praia da Torre é a máis longa de Rianxo. Accédese a ela dende o pobo de Rianxo por un agradable paseo marítimo.

Se vimos camiñando dende Rianxo, sabemos que ó cruzar esta ponte entramos en Taragoña, e viceversa...

 

A praia da Torre ten unha area fina e case non ten oleaxe. Conta cun bó número de servizos, entre os que se inclúen unha zona de aparcamentos, e unha zona de recreo para nenos e anciáns con merendeiros.
Dise que é unha praia de caracter semiurbán  e de ocupación media

Se camiñamos dende Taragoña pola beiramar ata Rianxo, topamos cos restos do Castelo da Lúa.

O castelo foi derruído polos irmandiños pero nunca desapareceu de todo

 

 

FIN

(Familia de Alex)

Distribuir contido