Escola de Cruceiro
ALXIBES
A PROFE PAULA CONVIDOUNOS A POÑER A PROBA NA PIZARRA DIXITAL OS NOSOS COÑECEMENTOS SOBRE A CULTURA CASTREXA E A DESCUBRIR INFORMACIÓN DA QUE NON OÍRAMOS AÍNDA FALAR.
GRAZAS A ELA DESCUBRIMOS, POR EXEMPLO, QUE NOS CASTROS FACÍANSE ALXIBES: DEPÓSITOS TALLADOS NA ROCHA, AMPLOS PERO DE POUCA PROFUNDIDADE, PARA RECOLLER A AUGA DA CHUVIA PARA O SEU USO DIARIO.
ALXIBE DO CASTRO DE ELVIÑA
- APIs de Blogue
GALLAECIA PETREA
"GALLAECIA PETREA", "GALICIA DE PEDRA" . PAULA É QUEN DE ENTENDER A LÍNGUA QUE FALABAN OS ROMANOS...
A NOSA COMPAÑEIRA PAULA SABE LATÍN !!
- APIs de Blogue
IDADE DE FERRO
NA ESCOLA DESCUBRIMOS QUE OS CASTREXOS COÑECÍAN A METALURXIA E ERAN QUEN DE ELABORABAR ARMAS E DISTINTOS UTENSILIOS CON METAL FUNDIDO.
NA EXPOSICIÓN "GALLAECIA PETREA" SOUBEMOS QUE OS HISTORIADORES CHAMAN "IDADE DE FERRO" Á ÉPOCA NA QUE VIVIRON ESTES NOSOS ANTEPASADOS.
PUIDEMOS TAMÉN CONTEMPLAR ALGUNHAS MOSTRAS DA ARTE CASTREXA EN PEDRA...
E COÑECER A JORGE, UN AUTÉNTICO ARQUEÓLOGO !!
- APIs de Blogue
ALDEA FORTIFICADA
UN CASTRO É UNHA ALDEA FORTIFICADA, CONSTRUÍDA NUN LUGAR ALTO, BEN PROTEXIDO, ÁS VECES Á BEIRA DO MAR, CON CASAS CASE SEMPRE CIRCULARES OU OVALADAS, FEITAS CON PEDRA E TELLADAS DE PALLA.
SÁBEO BEN JULIA, QUEN AXUDADA DA SÚA NAI, ESTIVO A FACER DESTA VEZ UNHA MAQUETA NA QUE PODEMOS OBSERVAR FACILMENTE A ESTRUTURA DUN ASENTAMENTO CASTREXO E MESMO MIRAR COMO ERA UNHA VIVENDA POR DENTRO...
GRAZAS JULIA !!
GRAZAS MAMI DE JULIA !!!
- APIs de Blogue
A PEDRA DE RUFINO
ESTA QUE VEDES AQUÍ, DETRÁS DE BRUNO, É A "PEDRA DE RUFINO"
ATOPOUNA JACINTO, O AVÓ PATERNO DE BRUNO, HAI MÁIS DE 20 ANOS, SOTERRADA NA ADEGA DA SÚA CASA, NA ALDEA DA IGREXA, EN TARAGOÑA. ANOS DESPOIS, O PAI DE BRUNO, MIGUEL, FALOULLE DELA AOS ARQUEÓLOGOS DE NEIXÓN.
HOXE PÓDESE VER EXPOSTA NO CENTRO ARQUEOLÓXICO DO BARBANZA, EN NEIXÓN.
A PEDRA ERA A LOUSA DUNHA TUMBA ROMANA (ESTELA FUNERARIA) E NELA OBSÉRVANSE
OS DEBUXOS DUN SOL, DUNHA LÚA E UNHAS LETRAS NAS QUE PODEMPOS LER O
NOME DE RUFINO
(“D (is) M (anibus) . Pos(uit)Ursus Ingenu o suo . Rufino . Pin (ta?)ni (fillo?)" Aos Deuses Manes. Puxo Urso, para o seu ( amigo?) Rufino (fillo?) de Pin (ta?)no, de nacemento libre)
- APIs de Blogue
ARQUEOLOXÍA
A PAULA INTERESOULLE MOITO A VIDA DOS CASTREXOS.
PARA SEGUIR INVESTIGANDO FÓRA DA ESCOLA, FOI VISITAR COA SÚA FAMILIA O MUSEO DOS CASTROS DE NEIXÓN. FALOUNOS MOITO DO QUE VIU ALÍ E PUIDO ADEMAIS ACLARARNOS UNHA DÚBIDA QUE TIÑAMOS.
OS QUE ESTUDAN OS RESTOS QUE SE PODEN ATOPAR NUN CASTRO SON ARTEÓLOGOS? SERÁN PARQUEÓLOGOS? OU QUIZAIS PALEONTÓLOGOS?
UN DOS FOLLETOS QUE NOS TRUXO DEUNOS UNHA INFORMACIÓN BEN PRECISA:
TAMÉN BRUNO E LUCAS APORTARON LIBROS ONDE ENTENDIMOS O QUE ERA A PALEONTOLOXÍA. E ASÍ FOI COMO FORON QUEDANDO AS IDEAS MÁIS CLARAS
- APIs de Blogue
A FROITA DE JULIA
JULIA É A NOSA VECIÑA.
A JULIA GÚSTALLE VIR VISITARNOS E GÚSTALLE TAMÉN SABER QUE COMEMOS FROITA. POR ESO PARTICIPA NA CAMPAÑA DA "FROITA NA ESCOLA" TRAÉNDONOS UN MONTÓN DE FROITA SABOROSA.
MOITAS GRAZAS, JULIA!!!
- APIs de Blogue
O CONVITE DE DANIEL
O VENRES 16 DE NOVEMBRO, ACEPTANDO O CONVITE DO NOSO AMIGO, FOMOS Á BIBLIOTECA DE DANIEL.
XOGOS, MÚSICA ,CONTOS, AGASALLOS E ATA UNHA VIAXE Ó TEMPO DOS CASTREXOS, ESTABAN A ESPERAR POR NÓS...
CASTRO DE BAROÑA
BRUNO CONVÍDANOS A VISITAR O CASTRO DE BAROÑA
A TRASPASAR ÓS SEUS GRANDES MUROS
E A INVESTIGAR COMO PODÍA SER A ALIMENTACIÓN DOS SEUS HABITANTES
(A NÓS XA NOS TROUXO Á ESCOLA UNHA PISTA)
GRAZAS, BRUNO !
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 48
- 49
- 50
- 51
- 52
- 53
- 54
- 55
- 56
- …
- seguinte ›
- última »