Escola de Cruceiro

CASTRO DE TARAMUNDI (ASTURIAS)

HELENA VIAXOU COS SEUS PAIS A ASTURIAS E VISITOU O CASTRO DE TARAMUNDI

O CASTRO ESTÁ SITUADO NO MESMO POBO DE TARAMUNDI E PÓDESE OBSERVAR NEL AS MODIFICACIÓNS QUE SE FIXERON DESPOIS DA CHEGADA DOS ROMANOS, COMO ESTE MURO QUE DIVIDE A VIVENDA DA IMAXE DA DEREITA.

PERO O QUE MÁIS INTERESANTE LLE PARECEU A HELENA FOI DESCUBRIR OS RESTOS DUNHA SAUNA CASTREXA ENTRE AS ANTIGAS EDIFICACIÓNS...

COMO SE COIDABAN ESTES CASTREXOS!!!

DEBUXO ARQUEOLÓXICO DA ESTELA DE RUFINO

COMO OS ARQUEÓLOGOS, APRENDEMOS A DEBUXAR OS RESTOS ARQUEOLÓXICOS PARA O SEU ESTUDO E PUBLICACIÓN ...

     
     

CARACOL

ABEL ATOPOU UN PEQUENO CARACOL AVENTUREIRO E CONVIDOUNO A VIR UN RATIÑO Á ESCOLA.

CUN COMPAÑEIRO TAN ESPECIAL PRESTOUNOS ESCOITAR OS VERSOS DE MANUEL MARÍA E O CONTO DA CEBRA CAMILA...


FALA CASTREXA

A MAMÁ DE JULIA FÍXENOS PENSAR EN COMO SERÍA A LÍNGUA QUE FALABAN OS CASTREXOS. AIDA PRESTOUNOS UN LIBRO DE PEPE CARREIRO, TITULADO "HISTORIA DA LÍNGUA GALEGA", ONDE PUIDEMOS EMPEZAR A DESCUBRIR ALGO SOBRE O TEMA...

"... como os "galegos" de entón non escribían, da língua que falaban pouco quedou. Só podemos saber algo polos nomes dos lugares, que se foron transmitindo de xeración en xeración, e por algunhas palabras que aínda conservamos: Samil,..., toxo, alpendre, burato, touciño..."


E, GRAZAS Á INFORMACIÓN QUE ATOPAMOS NUN LIBRO DO INSTITUTO, PUIDEMOS COCIÑAR, COMO NOS ENSINARON TUNIA E AUNIA, AS CASTREXAS DA BIBLIOTECA, MÁIS PALABRAS DAQUEL TEMPO E ... APRENDER CASTREXO!!

TRABALLO DE ARQUEÓLOGOS

OS ARQUEÓLOGOS ESTUDAN OS RESTOS MATERIAS DOS NOSOS ANTEPASADOS, E VANOS IDENTIFICANDO E DESENTERRANDO DOS XACEMENTOS ARQUEOLÓXICOS.

NA ESCOLA FOMOS QUEN DE ATOPAR, EN DISTINTOS XACEMENTOS, UN MONTÓN DE RESTOS DA CULTURA CASTREXA E DESPOIS DE IDENTIFICALOS DEPOSITÁMOLOS NUN MUSEO.


ESTAMOS A APRENDER O OFICIO DE ARQUEÓLOGOS!!


PARIS

A PROFE PAULA CONVIDOUNOS A COÑECER PARÍS.
O ARCO DO TRIÚNFO QUE IMITA ÓS ARCOS CONSTRUÍDOS POLOS ROMANOS, O MUSEO QUE GARDA A "MONA LISA" E GRANDES TESOUROS ARQUEOLÓXICOS, AS GÁRGOLAS DE NOTRE DAME E A TORRE EIFFEL...

 CO QUE NOS AMOSOU A PROFE, E COA AXUDA DE JULIA E FABIOLA, APRENDEMOS UN MONTÓN DE COUSAS.

"OH, LA FRANCE...", DIXO FRAN, "O PAÍS DE PARÍS..."

MESMO FOMOS QUEN DE CONSTRUÍR Á NOSA PROPIA TORRE EIFFEL. MIRÉMOLA DENDE ARRIBA OU DENDE ABAIXO, QUE ALTA É...!

BATIDO DE PLÁTANO

DESPOIS DE ESTAR DURANTE MÁIS DE 1 SEMANA COMENDO A FROITA QUE NOS TROUXO A NOSA VECIÑA JULIA, QUIXEMOS TAMÉN PROBAR A BEBELA

CON PLÁTANOS CANARIOS BEN MADURIÑOS E LEITE GALEGO, FIXEMOS UN NUTRITIVO BATIDO

E ESTABA BEN SABOROSO !!!


BICHOS

 

ESTE ANO, QUE APRENDEMOS QUE HAI QUE COIDAR A TODOS OS SERES VIVOS,  QUIXEMOS FACER UNS BICHOS CON PINZAS PARA PODELOS COIDAR NA CASA ...

POLIDEPORTIVO

UNHA MAÑÁ NO POLIDEPORTIVO PARA PRACTICAR O DEPORTE E A AMIZADE

A ENERXÍA

QUIQUE CONVIDOUNOS A IR NOVAMENTE A AULA ACTIVA DO MAR. 

DESTA VEZ APRENDEUNOS QUE COA FORZA DAS MAREAS PÓDESE PRODUCIR ENERXÍA. E, AMOSÁNDONOS UN LIBRO DOS BOLECHAS, DESCUBIUNOS MOITAS MÁIS COUSAS INTERESANTES SOBRE A ENERXÍA.
PERO O MÁIS IMPORTANTE DE TODO FOI ...
SABER QUE NÓS, NA ESCOLA E NA CASA, PODEMOS EVITAR QUE SE MALGASTE A ENERXÍA !!!

Distribuir contido