Escola de Cruceiro
PRIMAVERA PARA AFORRAR ENERXÍA
PRIMAVERA, DÁMOSCHE A BENVIDA
E AS GRAZAS POR AXUDARNOS POUCO A POUCO, DÍA A DÍA,
A AFORRAR ENERXÍA NAS CALEFACCIÓNS, NOS DESHUMIDIFICADORES, NAS LUCES DAS HABITACIÓNS E DAS RÚAS,..
E LEMBRA, PRIMAVERA, QUE POR TI ESTÁ XA A AGARDAR O VERÁN, O TEU IRMÁN.
( GRAZAS TAMÉN A ANDREA E A ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO POLOS VERSOS QUE NOS APRENDEN)
UGÍA E MARINA
NA DERRADEIRA XORNADA DO SEGUNDO TRIMESTRE, UGÍA E MARINA VISITARON A NOSA ESCOLA.
MARINA CONVIDOU A BAILAR ÁS PALABRAS, UGÍA ALIMENTOUNAS CON MÚSICA.
E ENTRE TODOS FIXEMOS DAS PALABRAS DANZA, MÚSICA E POESÍA.
Marina é Marina Oural, poeta e bailarina.
Ugía é Ugía Pedreira, cantante e... poeta
- APIs de Blogue
PETRÓGLIFO DE "OS CAMPOS"
QUE É ?
UNHA VENTA ? |
UNHA COVA ? |
UNS PELOS ? |
UN SAMURAI ? |
UNHA ENTRADA CASTREXA ? |
UN SOL ? |
UNHA PORTA ? |
UNHA ÁRBORE ? |
UN CERVO ? |
UNHA FONTE DE PODER ? |
UN TOURO ? |
UNHA LUVA? |
NOON !!
SON DOUS ANIMAIS (CERVOS?, CABALOS?) DUN
PETRÓGLIFO DOS CAMPOS (RIANXO)
PETRÓGLIFO DE RIAL
QUE É?
UNHA SEREA ? |
FORMIGAS ? |
UN CAN ? |
UN RAPOSO ? |
UN CARACOL ? |
FLORES? |
UN CANGREXO ? |
UNHA CARA ? |
UN OSO FORMIGUEIRO ? |
OVOS ? |
UN XEADO ? |
UN EXTRATERRESTRE ? |
NOON ... |
É O PETRÓGLIFO DE RIAL !!!
CERVOS NA PEDRAS
ADEMAIS DE CAZOLETAS, ESPIRAIS E LABIRINTOS DESCUBRIMOS NOS PETRÓGLIFOS CERVOS ALTIVOS
- APIs de Blogue
GRAVANDO A PEDRA
OS POBOADORES DE GALICIA NA IDADE DE BRONCE DEIXARON A SÚA PEGADA GRAVADA EN PEDRA
- APIs de Blogue
EN BUSCA DO CAMBESES
TIVEMOS QUE CRUZAR PONTES, SUBIR E BAIXAR MONTES, ENFRONTARNOS A UN ENORME LOBO, A TREMENDAS MAQUINARIAS E A SEIS SERIOS BARBUDOS.
PERO CONSEGUIMOS ATOPAR A MOTORA CAMBESES E O CONTO "OS NENOS VEÑEN DE VILAGARCÍA" !!
( MAIS, NON NOS DEU TEMPO DE MIRAR NIN ESTE, NIN OS OUTROS TRES LIBROS DE " BANDA DESEÑADA" . PODERÁNNOLO PRESTAR OS NOSOS COMPAÑEIROS DO " BREA SEGADE"? )
- APIs de Blogue
ANDREA E O "CAMBESES"
A NOSA AMIGA ANDREA VEU DESTA VEZ Á ESCOLA A FALARNOS DO "CAMBESES", A MOTORA QUE TANTAS VECES LEVOU ÓS NOSOS AVÓS E BISAVÓS DE RIANXO A VILAGARCÍA.
ANDREA SABE MOITO DO CAMBESES PORQUE NOS ESTALEIROS DA SÚA FAMILIA FOI ONDE SE CONSTRUIU O BARCO. E SABE MÁIS AÍNDA PORQUE NO " BREA SEGADE", O COLEXIO ONDE ELA ESTUDA, ESTIVERON A INVESTIGAR SOBRE A MOTORA E COA INFORMACIÓN RECOLLIDA ELABORARON CATRO LIBROS E UNHA MAQUETA DO BARCO.
ANDREA CONVIDOUNOS A MIRAR ESTES TRABALLOS NO SALÓN DO LIBRO, EN PONTEVEDRA, QUE VEN SENDO UN PEIRAO ÓPTIMO PARA ATRACAR Ó NOVO CAMBESES.
A NOSA AMIGA FÍXONOS VER ADEMAIS A MAXIA QUE TEN "ORBIL", A MASCOTA DO SALÓN DO LIBRO, NO SEU NOME. QUE PASA SE O LEMOS DO REVÉS?
DO MAR
UN XABRÓN, UNHA GOMINOLA, UN MEDICAMENTO.
SON PRODUTOS QUE QUITAMOS DA CAIXA QUE NOS TROUXO YOLANDA E QUE ESTÁN ELABORADOS CON SUBSTANCIAS QUE PROVEÑEN DO MAR.
NÓS XA LEMBRABAMOS DO CURSO PASADO QUE COAS ALGAS SE PODEN ELABORAR XELATINAS, PERO NON SABIAMOS NADA DE MEDICINAS FEITAS CON CARTÍLAGO DE TIBURÓN OU DE BABOSAS MARIÑAS QUE PODEN CURAR O CANCRO !!
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- 50
- 51
- …
- seguinte ›
- última »