Celebracións

UNHA FESTA INCRIBLE!!

O noso compañeiro Raúl dixo que a Guadalupe é " unha festa incrible  porque me encantan os coches de choque". Ben se nota o moito que disfruta nestas atraccións..., pero despois de falar durante máis dunha semana das festas grandes de Rianxo descubrimos entre todos  distintos elementos que fan desta unha festa realmente incrible!!!

A PROCESIÓN MARÍTIMA

OS FOGUETES DE CORES

AS ATRACCIÓNS

AS BENGALAS E...

 

... A RIANXEIRA!!!

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

PARA QUE EU SOÑE...
ESTÁN OS VERSOS E AS PALABRAS DE UXÍO NOVONEYRA E DE TANTOS AUTORES GALEGOS.
PARA QUE EU SOÑE...
ESTÁ TODA A NOSA CULTURA, PARTE DA CAL REIVINDICAMOS NA CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS.
 CON ALGÚN DOS NOSOS SOÑOS ENCHEMOS O LIBRO DE UXÍO CO QUE TRABALLAMOS NA ESCOLA E O LIBRO WEB DESTE NOSO PORTAL.

ENTROIDO EN PAZO

  ESTA SEMANA EN PAZO, COMO NO RESTO DAS ESCOLAS,

 ADEMÁIS DE FACER O QUE MANDABA TORIBIO,  

 FIXEMOS ALGUNHAS ACTIVIDADE

PARA O ENTROIDO.

   

                                                         MÁSCARAS DE XIRAFAS

             

   

                                                     MÁSCARAS  "VENECIANAS"

   

                                                       MARACAS PARA O PASA-RÚAS

   

                                         FOTOS CON TORIBIO E POR ÚLTIMO FESTA 

                                           GRANDE EN RAÑÓ, DÓNDE COMEMOS 

                                                         ORELLAS, FILLOAS

                                                                       E

                                                   UN ESTUPENDO CHOCOLATE!!!

ENTROIDO

 

GÚSTANOS O ENTROIDO

NA ESCOLA DE CURCEIRO.

UN DÍA IMOS DE "ZORRO"

E OUTRO DE CHOQUEIROS!

   

O XOVES NA ESCOLA TIVEMOS GRANDES AVENTURAS COMO "ZORROS".

 

O VENRES VIÑERON CHOQUEIROS DE CUVIDE, OUTEIRO E CAPELA. NON COLLIAMOS NA ESCOLA E TIVEMOS QUE SAÍR POLOS CAMIÑOS DE TARAGOÑA A CORRER O ENTROIDO ( E A ESCORRENTAR O FRÍO).

DÉRONNOS GALLETAS, GALLETAS DE CHOCOLATE, BOMBÓNS,... E NA ESCOLA ESPERÁBANOS UNHA FARTURENTA MERENDA CON FILLOAS, ORELLAS E CHOCOLATE QUENTIÑO!

GRAN FESTA DO ENTROIDO EN RAÑÓ!!!

ESTE ANO A ESCOLA DE RAÑÓ INVITOUNOS Á FESTA DO ENTROIDO 

AOS NENOS E NENAS DE VACARIZA, QUINTÁNS, ABUÍN E COMO NON, A NÓS TAMÉN. 

CADA ESCOLA CANTOU A SÚA CANTIGA. AÍ VAI A NOSA:

OS NENOS DE PAZO

VIMOS A RAÑÓ

A COMER ORELLAS

E CANTAR CANCIÓNS!!!

 

ANTES DE "PARTIR" SACAMOS UNHAS FOTOS CO NOSO  TORIBIO E CUN "HOME MOI FEO"

 

 

PASÁMOLO MOI BEN PASEANDO POLOS CAMIÑOS DE RAÑÓ,

CANTANDO CANCIÓNS E ATA NOS DERON CARAMELOS.

O XOVES DE ENTROIDO NA ESCOLA DE PAZO

HOXE, XOVES, O TORIBIO DIXO QUE TIÑAMOS QUE VIR Á ESCOLA ASÍ DE GUAPOS:

 E, COMO O QUE O TORIBIO DI, DITO ESTÁ, ALÍ ESTIVEMOS

CON MANDIL, ALGO NO PESCOZO, ALGO NA CABEZA E ALGO PINTADO NA CARA

* * * * *

PERO NÓS, TIÑÁMOSLLE GARDADA UNHA SORPESA AO TORIBIO, ...

* * * * *

ESTAS SON AS NOSAS CARAUTAS,

IMAXINADES COMO PASAMOS POR DIANTE DEL Á SAÍDA?

DISFRAZÁMONOS DE PERSOAXES DOS CONTOS DA NOSA BIBLIOTECA:

    3 CEBRAS CAMILAS                                                         3 OSIÑOS ROSAS

   

2 GALOS QUIRICOS                     1 OSO PANDA (outro enfermo)                 2 PITOS CAIROS

    

E TRES COELLIÑOS BRANCOS

 E AGORA TODOS XUNTOS, CON CARAUTA E SEN CARAUTA:

 

GUSTARÍAMOSLLE AO TORIBIO? A NÓS SÍ QUE NOS GUSTAMOS.

BO ENTROIDO A TODOS

Un bico para todos dos nenos e nenas de Pazo

O TORIBIÑO DI

 O TORIBIÑO DI:

O LUNS HABERÁ QUE IR Á ESCOLA CUN MANDIL VESTIDO

O MARTES, TRAER TAMÉN ALGO NO PESCOZO 

O MÉRCORES HAI QUE PÓR ADEMAIS ALGO NA CABEZA

O XOVES ENGADIMOS UN POUCO DE PINTURA NA CARA 

E O VENRES, TODOS DE CHOQUEIROS !!!

E O QUE DI O TOBIBIÑO,

DITO ESTÁ!

A CANDELORIA

En Galicia, a data da candeloria era considerada coma un preludio da chegada da primavera e con ela o renacer da natureza.

Dicíase que era a época do casamento dos paxaros e para os mariñeiros tamén era o comezo da navegación despois da longa espera no período invernal, no cal a maior parte das embarcacións non saían dos portos. 

OS NOSOS CORAZÓNS PACÍFICOS

NA ESCOLA DE PAZO, COMO NO RESTO DAS ESCOLAS, ESTES DÍAS ADICÁMOSLLOS Á PAZ

(aínda que ben sabemos que a PAZ a temos que facer todos os días do ano).

LEMOS E TENTAMOS ENTENDER O SEGUINTE TEXTO DUN MONXE BUDISTA DE CAMBOIA:

***

" O SUFRIMENTO DO NOSO PAÍS FOI PROFUNDO,

DESTE SUFRIMENTO XURDE UNHA GRAN TENRURA,

A TENRURA PON PAZ NO CORAZÓN. UN CORAZÓN PACÍFICO DÁ PAZ AO SER HUMANO.

UN SER PACÍFICO PON PAZ NA FAMILIA. UNHA FAMILIA PACÍFICA PON PAZ NA COMUNIDADE.

UNHA COMUNIDADE PACÍFICA PON PAZ NUNHA NACIÓN.

UNHA NACIÓN PACÍFICA PON PAZ NO MUNDO." 

***

LOGO DE ENTENDER O QUE QUERÍA DICIR O MONXE BUDISTA NESTE TEXTO

DECIDIMOS QUE TODOS OS NENOS E NENAS PODEMOS EMPEZAR A CONSTRUIR A PAZ 

SE TEMOS NO NOSO CORAZÓN, A PAZ, E NA NOSA FACIANA UN RISO.

AÍ VAN OS NOSOS CORAZÓNS PACÍFICOS:

***

 

 

 

 

 
 
 
 
       
       

 

FESTIVAL DE NADAL 2009

OUTRO ANO MÁIS NO C.R.A. DE RIANXO CELEBRAMOS A CHEGADA DO NADAL

CUN ESPECTACULAR FESTIVAL AO QUE ESTABAN INVITADOS

PAIS, NAIS, AVÓS, AVOAS, TÍOS, TÍAS,... TODOS OS QUE QUIXERAN VIR. 

MIRADE QUE BEN O FIXEMOS!!!

  

  

AS NOITIÑAS DE NADAL DA ESCOLA DE VACARIZA            CUVIDE CUNHA CANCIÓN ADICADA AOS CANS

  

O RELOXO DE BELÉN   E    ALÓ ENTRE AS PALLAS DA ESCOLA DE PAZO

   

 QUINTÁNS  CUNHA CANCIÓN MOI CHULA     E     OUTEIRO BUSCANDO A ÁRBORE DE PAPÁ NOEL

   

COA PUNTA E CO TALÓN DA ESCOLA DE ABUÍN                           PACO PAPÁN DOS NENOS E NENAS DE RAÑÓ

 E, PARA REMATAR AS NOSAS ACTUACIÓNS A GRAN ORQUESTRA DA ESCOLA DE CRUCEIRO

 COMO OS NENOS, NENAS E MESTRES  DO C.R.A. DE RIANXO FOMOS TAN BOS ESTE ANO

OS REIS MAGOS APURARON AS SÚAS VIAXES

 E VIÑERON BUSCAR AS NOSAS CARTAS, QUE SORTE!

 

                  

Distribuir contido