Celebracións

SAMAÍN

DENDE A NOITE DOS TEMPOS, CHEGA ATA OS NOSOS DÍAS O SAMAÍN.

ESCURIDADE, LUME E CAVEIRAS

ARREPIÁNDONOS ATA O MENCER ...

*

ver

Samaín no Pazo

Celebramos o samaín  (Abuín)

Noite de samaín ( Cruceiro)

Creamos as nosas caveiras ( Rañó)

O móbil de samaín ( Rañó)

O samaín ( Capela)

DÍA DO LIBRO

" Fermoso este libro web dedicado a Novoneyra ..." di Antonio García Teijeiro do libro "Para que eu soñe " creado no pasado curso escolar nas aulas do CRA de Rianxo.
Este curso, para celebrar o Día Mundial do Libro, querémosvos convidar a reler os distintos libros web creados no noso centro nos derradeiros cinco anos

LIBRO DA AUGA

PARA QUE EU SOÑE

LIBRO DE RIANXO

O GATO CEGATO

FRORIÑAS DOS BALADOS

A HORA DO PLANETA

ESTE SÁBADO, DÍA 26 DE MARZO, DE 20:30 A 21:30 HORAS, CELÉBRASE A HORA DO PLANETA.
DURANTE ESA HORA, MILES DE PERSOAS, EMPRESAS E ORGANISMOS DE TODO O MUNDO APAGARÁN AS SÚAS LUCES, FACENDO UN CHAMAMENTO A UN USO MÁIS SOSTIBLE DA ENERXÍA EN BENEFICIO DA NATUREZA E  DE TODOS NÓS.
O SÁBADO 26 APAGA A LUZ, ENCENDE O PLANETA!!

DÍA MUNDIAL DA AUGA

EN 1992, A ORGANIZACIÓN DAS NACIÓNS UNIDAS DECLAROU O 22 DE MARZO DÍA MUNDIAL DA AUGA.

Ó REDOR DESTA DATA CONVÍDASE ÓS PAÍSES A REALIZAR ACTIVIDADES RELACIONADAS COA CONSERVACIÓN DA AUGA.

NÓS, DENDE O NOSO CENTRO, FACEMOS EXTENSIVA ESTE CONVITE A TODOS OS MEMBROS DA NOSA COMUNIDADE EDUCATIVA E ANIMÁMOLOS A LER O NOSO LIBRO WEB DESTE CURSO :

O LIBRO DA AUGA

QUE BEN O PASAMOS NO ENTROIDO!!!

OS NENOS E NENAS DA ESCOLA DE PAZO

AO IGUAL QUE OS OUTROS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS

DAS ESCOLAS DO NOSO C.R.A

FOMOS Á VACARIZA A CELEBRAR O ENTROIDO.

CANDO CHEGAMOS POLA MAÑÁ Á ESCOLA VESTIMOS IMPACIENTES

OS NOSOS DISFRACES DE NUBES.

LOGO, XA PREPARADOS,SAÍMOS A ESPERAR O AUTOBÚS...

  

....E CHEGAMOS A VACARIZA E ALÍ ESTABAN TODOS:

 

 NUBES E PINGAS, LAVANDEIRAS, ARCOS DA VELLA,

PARAUGAS, FREGONAS, BARCOS, BONECOS DE NEVE E NUBES DE TORMENTA

 

QUE GUAPOS E GUAPAS ESTÁBAMOS TODOS!!! E QUE BEN O PASAMOS!!!

O TORIBIÑO MANDA

EN TEMPO DE ENTROIDO...

MANDA O TORIBIÑO!!!

O LUNS, TRAER Á ESCOLA ALGO NO PESCOZO!!!

O MARTES, TER ALGO NA CARA...

 O MÉRCORES, ALGO NA CABEZA...

O XOVES, PARA IR INDO, TODO O QUE LEVABAMOS ...

E ZAPATOS DISTINTOS!!!

E O VENRES...A CORRER O ENTROIDO!!!

MIRA AS NOVAS DO ENTROIDO NA ESCOLA DE

Pazo

Cruceiro

Capela

Fotos da festa en Vacariza

Fotografías tomadas polo alumno Anxo Domínguez Cervera (Escola de Abuin)

 

ARCO DA VELLA

NO FESTIVAL DE NADAL, COA ACTUACIÓN DA ESCOLA DE CRUCEIRO, SAIU O ARCO DA VELLA...

 

DÍA DOS HUMIDAIS

UNHA NOVA CELEBRACIÓN DA NATUREZA:

O DÍA DOS HUMIDAIS.

COMO NOS LEMBRA VOZ NATURA, EN GALICIA TEMOS CINCO ESPAZOS PROTEXIDOS E MÁIS DE 1.000 HUMIDAIS IMPORTANTES RECOLLIDOS NO REXISTRO DE HUMIDAIS GALEGOS.

DOUS DELES PERTENCEN Á NOSA CONTORNA:

PONTE BELUSO E O ESTEIRO DO ULLA.

 

DÍA DA CANDELORIA

Despois do Día da Paz, recibimos a Candeloria con toda a alegría e amor da natureza.

"Tanto que din que o meu amor
quere algún día ser esa flor
o meu segredo hei de coidar
para te saber a ti namorar".

♣ 

Escoitade a Faltriqueira cantar esta estrofa en:

http://www.ghastaspista.com/lfaltriq.htm#4

A Candeloria na escola de:

CRUCEIRO

PAZO

Distribuir contido