2015-2016

MAGOSTO NA ESCOLA DE RAÑÓ

Este foi un día para non esquecer. Cantamos, bailamos, xogamos e comemos a fartar!! Pasámolo en grande! Moitas grazas familias polo voso esforzo e traballo para que todo saíse ás mil marabillas e moitas grazas profes, nenos e nenas por compartir con nós esta xornada.

AS DONCELAS DO MILLO

 Esta foi a nosa primeira visita á biblioteca de Daniel neste curso. Alí tamén nos agardaba o profe Rubén para ensinarnos unha fermosa canción. Non perdades detalle do ben que o pasamos!

ENTROIDO EN OUTEIRO!!!

E POR FIN CHEGOU O GRAN DÍA!

ESTÁBAMOS CONVIDADOS POLOS NENOS E NENAS DE OUTEIRO A FESTEXAR ALÍ O ENTROIDO.

CON MOITA ILUSIÓN ESTIVEMOS PREPARÁNDONOS PARA ESTE DÍA...

ATA INVENTAMOS UNHAS CANTIGAS:

 

"OS NENOS DE PAZO VIMOS A OUTEIRO

CON MOITAS CARAUTAS E ALGÚN SOMBREIRO"

 

"CLARAS, CREBANOCES, RATOS, FLORES E CARAMELOS

SOMOS OS DE PAZO QUE VIMOS A OUTEIRO"

 

O DÍA FOI ESPECTÁCULAR, UN SOL RADIANTE ACOMPAÑOUNOS AO LONGO DO PASARRÚAS.

Á CHEGADA Á ESCOLA MERENDAMOS CON DOCES TÍPICOS DO ENTROIDO

QUE ELABORARON AS NOSAS FAMILIAS. MOITAS GRAZAS

 E MOITAS GRAZAS AOS NENOS E NENAS, MESTRA E FAMILIAS DE OUTEIRO!!!

PREMEDE E VEREDES:

PREPARÁNDONOS PARA O ENTROIDO!

AO LONGO DESTES DÍAS ESTIVEMOS PREPARÁNDONOS PARA O ENTROIDO.

ELABORAMOS AS CARAUTAS DE CLARA, CREBANOCES, PASTEIS, REI RATO E FLORES.

SON OS PERSOAXES DA OBRA "EL CASCANUECES" DE TCHAIKOSVKI.

O TORIBIO MANDA...

UN ANO MÁIS CHEGA O TEMPO DE ENTROIDO E APARECE O TORIBIO COS SEUS MANDATOS:

2ª SEMANA DA FROITA EN PAZO

DESTA VEZ DEGUSTAMOS MAZÁS, LARANXAS, MANDARINAS, FRESAS E PERAS:

PARABÉNS, IZAN!!

IZAN CUMPRE 5 ANOS!

E CELEBRÁMOLO TODOS XUNTOS COMENDO

UN DOCE E UNHAS GALLETAS QUE ESTABAN DELICIOSAS.

 

"PARABÉNS PARA TÍ

NESTA DATA QUERIDA

MOITAS FELICIDADES

MOITOS ANOS DE VIDA!!!"

E QUE VIVA O ENTROIDO!

@S NEN@S E NENAS DE QUINTÁNS VIVIMOS ESTE ENTROIDO QUE NOS ACABA DE DEIXAR NON SÓ NA NOSA FESTA CON TODOS OS COMPAÑEIR@S DO CRA NA ESCOLA DE OUTEIRO, SENÓN QUE TAMÉN DISFRUTAMOS ARREO FACENDO OS NOSOS DISFRACES E POR SUPOSTO...CO NOSO DEMO DE TORIBIÑO QUE NOS TOLEOU A CABEZA UNHA SEMANA ENTEIRA!

PERO CON TODO, QUEDARON UNHA CHEA DE RECORDOS BONITOS!

AQUÍ VOS DEIXAMOS UN VÍDEO DO BEN QUE O PASAMOS! GuayBesoSeladoCansoRisa

 

E...CHEGARON OS REIS MAGOS!

OUTRO ANO MÁIS OS REIS MAGOS PASARON POLA NOSA ESCOLA E DEIXARONNOS ESTES AGASALLOS.

LOGO DE LER AS SÚAS LETRAS FOMOS ABRÍNDOOS CON MOITA ILUSIÓN.

MOITAS GRAZAS!!!

Distribuir contido