2015-2016

ENTROIDO

A verdade é que o Entroido é unha das nosas datas preferidas. Moito nos gusta aos de Rañó seguir as consignas do nos@ Toribi@. Cada día unha nova sorpresa!Guay

Grazas aos amigos e amigas de Outeiro por darnos tan boa acollida na súa escola. As Margaritas e os Velázquez quedamos che@s de frío pero moi, moi, moi content@s.

Unha mágoa que nos faltasen 3 membros do noso equipo neste gran día.Triste

 

Pero para recordar que guap@s nos puxemos ese día mirade o video.

Diseccionamos un peixe!

Este trimestre, os nen@s da aula de primaria de Quintáns, estivemos estudando os distintos tipos de animais e as súas características. Tíñamos algunhas dúbidas cos peixes e as súas partes, así que o profe Pablo trouxo unha Lubina á clase para que visemos todo moito máis claro.

Foi unha experiencia ben chula e entre todos puidemos ver todas e cada unha das partes dos peixes que saían no noso libro de ciencias naturais.

Vimos a pel e as escamas e abrimos o lateral da súa cabeza para ver e tocar as branquias. Eran como pulmóns humanos pero en pequeno! Tamén tivemos ocasión de observar as súas aletas e cola con detalle.

Despois abrímolo para comprobar se era certo que os peixes son vertebrados, é dicir, que teñen esqueleto interno. Unha vez aberto pola metade, comprobamos que era certo e que a lubina tiña espiña dorsal, que é o esqueleto dos peixes.

Foi unha experiencia moi interesante e divertida!

Aquí vos deixamos fotos da nosa pequena investigación científica.

 

O TORIBIO QUERE MANDAR E COA ARTE DEBEU ATOPAR

O VENRES Á SAÍDA

NAS ESCOLAS DO NOSO CRA

O TORIBIO APARECÍA

DISPOSTO A MANDAR:


"PARA SERDES UNS ARTISTAS

SEGUIDE AS MIÑAS PISTAS"        

LUNS

"UN ZAPATO DE CADA COR

DEBERÁS CALZAR PARA PODER PINTAR"

MARTES

"SE COMA PICASSO QUERES PINTAR

ALGO NA CABEZA TERÁS QUE LEVAR"

MÉRCORES

"SE COMA DANIEL QUERES ESCRIBIR

CUNS LENTES TERÁS QUE VIR"

XOVES

"SE COMA CHAPLIN QUERES ACTUAR

UN BIGOTE TERÁS QUE PINTAR"

DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

En Rañó tamén traballamos pola PAZ. Coñecemos máis curiosidades sobre un dos nosos pintores favoritos Pablo PICASSO e a súa pomba da paz. Sabiades que lle chamou PALOMA á súa filla? e que a súa neta chámase PAZ? e se vos fixades todos comezan por P de Pablo, de Paula Vicente e de Paula Benzamouche.

Neste día tan especial lembramos a importancia desta conmemoración co poema de Xosé Neira Vilas da CANTAROLA DOS NENOS, que decidimos plasmar no noso mural da PAZ.

 

PARABÉNS LOIS!

No mes de xaneiro Lois cumpreu 4 anos. Este neno faise maior!

FRIDA KAHLO

A AMIGA FRIDA  REGRESOU  A NOSA ESCOLA
E NÓS QUIXEMOS QUE NOS ACOMPAÑARA ATA A CHEGADA
DO ENTROIDO

DALÍ: UNHA PEQUENA ABELLA...

UNHA ABELLA VOA AO REDOR DUNDA GRANADA.
OU É UN TIGRE QUE SAE DUN PEIXE QUE SAE Á SÚA VEZ DO INTERIOR DUNHA GRANADA?

 POIS... É O "SOÑO CAUSADO POLO VOO DUNHA ABELLA AO REDOR DUNHA GRANADA, UN SEGUNDO ANTES DE ESPERTAR"

E O SEU AUTOR É SALVADOR DALÍ !

DALÍ: A PERSISTENCIA DA MEMORIA

DE SALVADOR DALÍ, O PINTOR SURREALISTA, NON SÓ GOSTAMOS DOS SEUS GRANDES BIGOTES...

TAMÉN GOZAMOS DESCUBRINDO A SÚA OBRA. COMO "A PERSISTENCIA DA MEMORIA", ONDE ADEMAIS DOS FAMOSOS RELOXOS BRANDIÑOS...

... DALÍ PINTOU O SEU AUTORRETRATO.
VELO?

MISIÓN DO CAPITÁN PLANETA

Para a nosa sorpresa, a primeira misión que nos encomendou o Capitán Planeta foi PLANTAR LIXO. Ao principio non confiabamos moito nesta misión xa que non era moi lóxico que o heroe que defende o coidado do planeta nos propuxese plantar lixo. Pero, coma sempre, quería darnos unha boa lección. Mirade, mirade canto aprendemos deste experimento.

FESTIVAL DE NADAL

Moitos foron os nervios acumulados antes da nosa actuación! Pero quen se acorda diso agora? Foi unha experiencia fantástica para as nosas presentadoras, para os/as intérpretes e bailaríns e bailarinas. Podedes recordalo vendo as nosas fotos. Un forte aplausooooooo!

Distribuir contido