2015-2016

FACEMOS GALLETAS DE ESTRELAS

NOS ÚLTIMOS DÍAS DE COLE DO ANO PASADO ESTIVEMOS EXPERIMENTANDO A NOSA FACETA COMO COCIÑEIR@S E FIXEMOS GALLETAS DE MANTEQUILLA!! PASAMOLO MOI BEN!! COMO O NADAL ESTABA CERCA FIXEMOS GALLETIÑAS DE ESTRELAS!ADEMÁIS SON MOI FÁCILES DE FACER! O TRUCO É AMASAR BEN!!! E ENTRE TODOS QUEDOUNOS UNHA MASA XENIAL!

 

 

NADAL CON ARTE

O PASADO 18 DE DECEMBRO A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CRA DE RIANXO REUNIUSE NO AUDITORIO DE RIANXO PARA CELEBRAR UN FESTIVAL DE "NADAL CON MOITA ARTE".

NA ENTRADA RECIBÍANNOS O APALPADOR E O ESPANTALLO AMIGO, XUNTO CUNHA CITA DA FAMOSA OBRA DE XOSÉ NEIRA VILAS, RECENTEMENTE FINADO.

E PRECISAMENTE PARA RECORDALO E HOMENAXEALO, OS NENOS DE 2º DE QUINTÁNS CONVERTIDOS EN "BALBINOS", LÍAN O INICIO DE MEMORIAS DUN NENO LABREGO.

 OS PROFES YOLI E ÁLEX FORON OS MESTRES DE CERIMONIA DO FESTIVAL, AÍNDA QUE ÁLEX SE TRABUCARA DE CELEBRACIÓN.

E AS NENAS DE PRIMARIA DE RAÑÓ (AIDA, LUCÍA E CLARA) SERÍAN AS ENCARGADAS DE PRESENTAR AS ACTUACIÓNS DAS DIFERENTES ESCOLAS. E QUE BEN O FIXERON!

O AUDITORIO, ENGALANADO COAS OBRAS ARTÍSTICAS DO ALUMNADO PARA A OCASIÓN, CONVERTÍASE NUN CINE, NUNHA SALA DE CONCERTOS, NUN TEATRO OU NUN SALÓN DE BAILE!

COMEZABAN OS COMPAÑEIROS/AS DE CUVIDE CUNHA PELÍCULA MUDA E BAILANDO O CHARLESTON DE CHAPLIN.

OS RAPACES DE CAPELA CONVERTÉRONSE EN ARTISTAS CANTANDO, BAILANDO E TOCANDO UNHA CHEA DE INSTRUMENTOS.

DENDE TARAGOÑA CHEGABA O BALLET DA ESCOLA ROSALÍA DE CASTRO DE CRUCEIRO INTERPRETANDO "O LAGO DOS CISNES"

EN PAZO CANTABAN "EU TEÑO ALGUÉN", BAILABAN AO SON DO "CREBANOCES" E DRAMATIZABAN O POEMA "TRES PAXES E TRES REIS SUMAN SEIS"

EN OUTEIRO ESCENIFICARON O POEMA "CAIN AS FOLLAS" DE UXÍO NOVONEYRA.

OS DE QUINTÁNS PUXÉRONLLE ROCK AND ROLL A ESTE FESTIVAL CUN MIX DOS BEACH-BOYS.

CON "CANTANDO BAIXO A CHUVIA" DOS COMPAÑEIROS/AS DE ABUÍN VOLVIAMOS AO CINE PERO POR POUCO TEMPO, PORQUE AXIÑA MUDARÍAN DE REXISTRO PARA INTERPRETARNOS UNHA PANXOLIÑA "NAVIDAD ROCK".

E PECHARÍAN A ROLDA DE ACTUACIÓNS OS NENOS E NENAS DE RAÑÓ CUNHA OBRA DE TEATRO "O DÍA QUE AS CORES FIXERON FOLGA" E COA CANCIÓN "A LUZ DE NADAL".

OS MESTRES E MESTRAS NON QUEDARON ATRÁS E INTERPRETARON UN CANTO DE NADAL, "O DINGUIDÍN".

E PARA REMATAR, A VISITA DAS SÚAS MAXESTADES OS REIS MAGOS DE ORIENTE. QUE EMOCIÓN CANDO LLES ENTREGAMOS AS NOSAS CARTAS!

SÓ NOS QUEDA AGRADECER A TODOS/AS, PROFES, FAMILIAS, NENOS/AS TODO O SEU TRABALLO E DESEXARVOS UNHAS FELICES FESTAS.

BOS DESEXOS

E...

NADAL

O VENRES 18 DE DECEMBRO, COA CELEBRACIÓN DO FESTIVAL DE NADAL NO AUDITORIO DE RIANXO, FINALIZARON AS ACTIVIDADES LECTIVAS DO PRIMEIRO TRIMESTRE.

O EQUIPO DE MESTRES E MESTRAS DO CRA DE RIANXO QUERE TRASLADAR A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA OS MELLORES DESEXOS PARA ESTAS DATAS DE CELEBRACIÓNS E ENCONTROS FAMILIARES

LECTURAS RECOMENDADAS POR DANIEL

CANTO GOSTAMOS DE RECIBIR NA ESCOLA AS RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS DE DANIEL!!
E CANTO GOZAMOS AO DESCUBRIR ALÍ TANTOS LIBROS E AUTORES CÓMPLICES NOS PLACERES DA LECTURA...

DENDE QUINTÁNS...BO NADAL!

ASÍ PREPARAMOS O NADAL NA ESCOLA DE QUINTÁNS E O QUEREMOS COMPARTIR CONVOSCO.

DENDE A NOSA ESCOLA @S PROFES E @OS NEN@S, DESEXAMOS QUE ESTE ANO QUE ENTRA VOS VEÑA CARGADIÑO DE SAÚDE E LEDICIA PARA TOD@S VÓS.

BO NADAL E FELIZ 2016!

 

CAIN AS FOLLAS

CAIN AS FOLLAS...

SINTO UNHA COUSA

QUE SE APOUSA EN MIN

E NON ME TOCA...


CHOVE PRA QUE EU SOÑE...

 

FALA A TARDE BAIXIÑO

I O CORAZÓN SÍNTEO...

UXÍO NOVONEYRA

(música de Emilio Cao)

Distribuir contido