2015-2016

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

8 DE MARZO, DÍA INTERNACONAL DA MULLER

PINTAR O SUFRIMENTO E A ALEGRÍA

 

"AUTORRETRATO CON COLAR DE ESPIÑAS"

E

"VIVA A VIDA"

COMA FRIDA REPRESENTAMOS A NOSA ALEGRÍA E O NOSO SUFRIMENTO

VISITAMOS A BIBLIOTECA DE DANIEL

Coma no 1º trimestre, o pasado luns volveunos  tocar visita á biblioteca do noso amigo Daniel. Alí acompañáronnos as mestras Patri e Cris "as dúas de negro", como dicían algúns/as. Elas as dúas transportáronnos a nun abrir e pechar de ollos a Padrón, á Casa da Matanza, onde compartimos unha agradable xornada coa nosa escritora favorita, María Rosalía Rita de Castro.

 

Na aula de música case entramos co chuvasqueiro posto porque as gotiñas non paraban de pingar…

 

Disfrutamos moito tocando instrumentos e facendo coreografías con esta canción.

 

A QUÉ SABE A LÚA?

 

GRAZAS A UNHA INICIATIVA DA ANPA E A AXUDA DAS NOSAS FAMILIAS

DECORAMOS A NOSA ESCOLA.

ELEXIMOS O CONTO "A QUE SABE A LÚA?"

 

 

IRENE, A MAMÁ ARTISTA, REFLECTÍU NESTES MURAIS ESTA HISTORIA DE ANIMAIS.

ASÍ, O SÁBADO POLA MAÑÁN FAMILIAS E CRIANZAS ACHEGÁMONOS Á NOSA ESCOLA

E CON BROCHAS E PINCEIS COMEZAMOS A DARLLE

COR AO DEBUXO QUE A NOSA CAPATAZA IRENE XA TIÑA PREPARADO.

AÍNDA LLE FALTAN UNS RETOQUIÑOS,...PERO ASÍ VAI QUEDANDO...

SÓ QUEDA AGRADECER Á ANPA, A IRENE, ÁS FAMILIAS, AOS NENOS E NENAS...O SEU ESFORZO

MOITAS GRAZAS A TODOS/AS!!

2ª SESIÓN DE MÚSICA

O PROFE RUBÉN PREPAROU UNHA SESIÓN DE MÚSICA ADICADA A ROSALÍA.

ELIXEU  "COMO CHOVE MIUDIÑO" VERSIONADA POR UXÍA NO SEU LIBRO ROSALÍA PEQUENIÑA.

UNHA VEZ MÁIS, GRAZAS PROFE!

 

ROSALÍA NA BIBLIOTECA DE DANIEL!

 

 AS MESTRAS CRIS E PATRI PREPARARON UNHA SESIÓN NA BIBLIOTECA DE DANIEL

ADICADA A ROSALÍA QUE NOS GUSTOU MOITO.

ESCOITAMOS O CONTO "A PANTASMA DA CASA DA MATANZA"

E CANTAMOS A CANCIÓN DE "EU BEN VIN ANDAR O MOUCHO"

MOITAS GRAZAS, PROFES!!!

 

PARABÉNS, IAGO!!!

IAGO XA TEN 5 ANOS!!!

E FESTEXÁMOLO TODOS XUNTOS.

PARABÉNS PARA TÍ

NESTA DATA QUERIDA

MOITAS FELICIDADES,

MOITOS ANOS DE VIDA!!!

FROITA EN PAZO

DESTA VEZ DEGUSTAMOS MAZÁS, LARANXAS, MANDARINAS, PLÁTANOS E PERAS.

 

PARA ROSALÍA!

PARA ROSALÍA NO SEU 179 ANIVERSARIO

CONVIDACIÓN DE DANIEL

O NOSO AMIGO DANIEL CONVÍDANOS DE NOVO A SÚA BIBLIOTECA.
DESTA VEZ PROPONNOS COMPARTIR ESTAS XORNADAS CON ALGUÉN MOI CERCANO A ROSALÍA DE CASTRO...

Distribuir contido