2013-2014

CORRENDO POLAS NOSAS LETRAS!!!

NUNHA SOLEADA MAÑÁ CORREMOS EN PROL DAS NOSAS LETRAS.

AQUÍ VAI UN RESUMO DO BEN QUE O PASAMOS...

CORRENDO, ANIMANDO, HOMENAXEANDO, CANTANDO O NOSO HINNO, XOGANDO  E MERENDANDO

 

E SE QUEREDES VER MÁIS, PREMEDE:

 

CARREIRA POLAS LETRAS GALEGAS 2014

HOXE 16 DE MAIO, FESTEXAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS CUNHA CARREIRA SIMBÓLICA EN DEFENSA DO NOSO IDOMA NUN ENTORNO PRIVILEXIADO (Campo Maneiro, Taragoña).

TRALA CARREIRA ESCOITAMOS A LECTURA DUNS FERMOSOS POEMAS DE XOSÉ MARIA DÍAZ CASTRO ( a quen se lle adica este ano o día das letras galegas, 17 de maio)... E TODO CON ACOMPAÑAMENTO MUSICAL INCLUÍDO A CARGO DA PROFE TAMARA E O PROFE RUBÉN.

XA POR ÚLTIMO... TOCOU RECUPERAR FORZAS CUNHA ESTUPENDA MERENDA PREPARADA POLAS NOSAS MARABILLOSAS FAMILIAS. ¡¡¡ CANTO NOS COIDAN !!!

¡¡¡ PASÁMOLO REQUETEBÉN !!!

¡¡¡ MOITÍSIMAS GRAZAS FAMILIAS POR FACELO POSIBLE !!!

ESPERAMOS QUE VÓS TAMÉN O PASÁRADES IGUAL DE BEN

   

 

OS PRIMEIROS FROITOS DA TEMPADA

DESPOIS DE MOITO TRABALLAR NA NOSA HORTIÑA... POR FIN COMEZAMOS A RECOLLER OS PRIMEIROS FROITOS DA TEMPADA!!!

UNHAS FERMOSAS E DELICIOSAS FRESAS

  

 UMMM... COMO NOS PUXEMOSCanso !!!

¡¡¡ RIQUÍSIMAAAAASSSSS !!!

ENGALANAMOS A NOSA ESCOLA!

NESTA CÁLIDA MAÑÁN DE PRIMAVERA DECIDÍMONOS A ENGALANAR A NOSA ESCOLA COMO SE MERECE.

LOGO DE MOITO TRABALLAR QUEDOU BEN BONITA.

SE A QUEREDES VER, XA SABEDES ONDE ESTAMOS!!!

 

 

 

PALABRAS

CANDO NOS PROPUXERON FACER AS PALABRAS COLGANTES DECIDIMOS QUE SERÍAN DÚAS:

NIMBOS LEMBRANDO A XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO E AO SEU ÚNICO LIBRO, E

PRIMAVERA PARA QUE VEÑA O BO TEMPOE SE QUEDE CON NOS UNHA LONGA TEMPADA.

E ASÍ FOI COMO AS FIXEMOS:

PROBANDO RECEITAS

ONTE DURANTE A MERENDA CREAMOS UNHA RECEITA CULINARIA QUE COMBINA A FROITA CUN DOS PRODUCTOS QUE PRODUCEN AS ABELLAS:

MAZÁS CON MEL

 

DEUSE A CIRCUNSTANCIA DE QUE ESTA SEMANA ESTAMOS COÑECENDO OS PRODUCTOS DAS ABELLAS PORQUE IMOS IR VISITAR A APÍPOLIS E HELENA TROUXO UN TARRO DE MEL Á ESCOLA PARA QUE A PROBÁSEMOS TODOS;

 

 

E COMO NOS COINCIDEU QUE NESTA SEMANA ESTAMOS PARTICIPANDO NA SEMANA DA FROITA, POIS FIXEMOS ESTA COMBINACIÓN TAN EXQUISITA:

 

 

 

INVITÁMOSVOS A QUE PROVEDES A FROITA CON MEL ESTA RÍQUISIMA!

 

MOITOS BICOS DOS NENOS E NENAS DE CRUCEIRO!

PEPÓN E AS LETRAS GALEGAS!

CON PEPÓN E A PROFE MARI CARMEN COMEZAMOS A PREPARARNOS PARA FESTEXAR AS NOSAS LETRAS.

O AVÓ DE PEPÓN VISITOU GALICIA E GUSTOULLE MOITO ESTA CELEBRACIÓN.

TANTO QUE FOI O PRIMEIRO QUE LLE CONTOU A PEPÓN AO CHEGAR DE NOVO Á CASA.

Recycling in English too!

Os alumnos/as de infantil e 1º ciclo de primaria traballamos cun paquete de xogos en liña sobre a reciclaxe e a separación do lixo nos diferentes colectores.

                 1. Recycle round-up

A través deste xogo, aprendemos a separar os residuos reciclables (blue bin), dos que non se poden reciclar (red bin) e dos orgánicos que van para o composteiro (green bin).

               2. Recycling game

Unha vez que xa sabemos que obxectos podemos reciclar, procedemos a separalos  segundo o material: plastic (green bin)  paper (blue bin) and glass (pink bin)

               3. Duckie Deck (recycling)  

Por último, mediante este simple xogo, vemos como o lixo xa separado nos distintos colectores se transforma en obxectos necesarios para as nosas vidas.  

CLUB DE LECTURA

O Club de lectura "Frores do meu amigo" pon fin ós seus encontros neste curso escolar con lecturas escollidas da obra "Memorias dun neno labrego".

A cita, na Escola de Outeiro o xoves 15 ás 16:30, e coa asistencia especial de persoas participantes nos Talleres de Memoria do concello

ver "Memorias dun neno labrego"

MEMORIAS DUN NENO LABREGO

"Memorias dun neno labrego" é unha obra emblemática dentro da literatura xuvenil en galego, ademais de ser a máis lida e reeditada da nosa literatura e, a día de hoxe, unha das máis traducidas.

O libro relata as vivencias dun rapaz labrego duns doce ou trece anos, Balbino, na Galicia dos anos corenta do século vinte. As súas páxinas reflicten a vida e costumes do mundo rural, que hoxe en día imos esquecendo paulatinamente debido ao forte cambio social acontecido nestas últimas décadas.

Pero, ademais de conservar este prezado legado para as xeracións vindeiras, a obra denuncia claramente, dende o comezo, as tremendas inxustizas ás que se ve sometido o mundo da infancia, dos labregos e dos pobres. O protagonista encarna, desgraciadamente, as tres condicións:
"Eu son… BALBINO. Un rapaz da aldeia. Coma quen dis, un ninguén. E ademáis, probe".


Segundo Xosé Neira Vilas, autor da obra, foi escrita no segundo semestre do ano 1960 nun café da rúa Cullen de Buenos Aires, cidade á que chegara, dende a súa Galicia natal, en 1949.

(http://www.realacademiagalega.org)

 

 

Distribuir contido