2013-2014
Celebrando a Pascua
Nos próximos días os cátolicos de todo o mundo imos celebrar a Semana Santa, datas de recollemento onde lembramos a paixón e a morte de Xesús. Estas datas culminan no Domingo de Pascua, día no que, segundo nos contan os evanxeos, conmemoramos a Resurrección de Xesús. Este é un día moi feliz para todos os cristiáns e dende fai moitos séculos, un día onde se agasalla aos amigos e os nenos e nenas con doces e xoguetes.
Aos nenos de Relixión encántanos facer agasallos para as nosas familias polo que este ano decidimos elaborar unhas tarxetas de "Felices Pascuas" para celebrar a festa da Pascua. Como debuxo central escollemos ovos e coelliños. Aquí tendes uns exemplos do noso traballo:
Nestes días nas escolas tamén traballamos a Semana Santa e as procesións, nalgunhas nos deu tempo a debuxar os nazarenos. Ahí van algúns exemplos.
Os nenos e nenas de 2º de Primaria dentro do noso proxecto do Ciclo Litúrxico tamén fixemos unha felicitación de Pascua especial, a fixemos a modo de Cirio Pascual. mirade que bonitos nos quedaron:
Para rematar como tamén íamos levar para a casa as cousiñas que fixemos polo día da Paz, a profe Celia preparounos un sobre feito con folios de cores, onde metimos os nosos traballos para levar para a casa:
Bueno pois todo isto fixemos antes de comezar coas vacacións de Semana Santa, a continuación podedes ver a galería de imaxes destas actividades.
Esperamos que vos guste moito o noso traballo, moitos bicos dos nenos e nenas de Relixión do CRA, e FELICES PASCUAS PARA TODOS E TODAS!
CURIOSIDADE:
Sabedes cal é a orixe do Coelliño de Pascua? Pois contan as lendas cristiás que no sepulcro onde foi depositado o corpo de Xesús había un tobo de coellos, e cando Xesús volveu a vida os coelliños estaban alí mirando, polo que se convertiron nos primeiros testigos da Resurrección, de ahí xurde a súa fama, e por iso é costume agasallar aos nenos e nenas non só con ovos senón tamén con coelliños de pascua feitos de chocolate. Na nosa terra a tradición é agasallar con rosca ou roscón de Pascua, dende Relixión animámosvos a seguir conservando esta tradición. Moitos bicos.
- APIs de Blogue
EXPOSICIÓN NO AUDITORIO
O AUDITORIO DE RIANXO AMPLÍA O TEMPO DE EXPOSICIÓN DOS PARAUGAS DA PAZ PINTADOS NAS AULAS DO CRA ATA O SÁBADO 3 DE MAIO
ver o apartado do Día da Paz no libro-web "Festexamos"
ESTÁS AÍ, MONSTRO?
A MARCO CHAMOULLE A ATENCIÓN
UN DOS CONTOS QUE VIMOS NO SALÓN DO LIBRO:
ESTÁS AÍ, MONSTRO?
ATOPOUNO NUNHA LIBRARÍA E TROUXOO PARA QUE O LERAMOS NA ESCOLA...
E,...PARECE QUE O MONSTRO ESTABA AÍ!!!
E LOGO FIXEMOS UNS PEQUENOS MONSTROS-MARCAPÁXINAS
QUE DAN MOITO, MOITO MEDO!!!
- APIs de Blogue
RIANXO FALA...GALEGO
CO GALLO DO DÍA DO LIBRO INFANTIL E DENTRO DO PROGRAMA RIANXO FALA
TIVEMOS A VISITA DUNHAS RAPAZAS DO INSTITUTO FELIX MURIEL QUE NOS CONTARON DOUS CONTOS EN GALEGO.
E NÓS DESFRUTAMOS MOITO ESCOITANDO AS HISTORIAS DE MONCHO... E DESE CAPITÁN...
- APIs de Blogue
SIMULACRO DE INCENDIO
LOGO DE ESCOITAR BEN ATENTOS A CHARLA DOS BOMBEIROS, FIXEMOS UN SIMULACRO DE INCENDIO:
AO CHEIRAR A QUEIMADO A MESTRA TOCA A PORTA E COMPROBA QUE ESTÁ FRÍA, POLO QUE PODEMOS SAÍR.
EN FILA, EN SILENCIO E ABAIXADIÑOS SAIMOS DETRÁS DELA
AO CHEGAR AO PATIO, TENNOS QUE CONTAR E COMPROBAR QUE ESTAMOS TODOS/AS...
SE NON É ASÍ HAI QUE INFORMAR AOS BOMBEIROS QUE FALTA ALGUÉN PARA QUE VAIAN RESCATALO.
E, MENTRAS, NÓS, TEMOS QUE ESPERAR XUNTIÑOS E TANQUILOS A QUE SE APAGUE O LUME.
E LOGO, COMO FACÍA UNHA SOLEADA MAÑÁN,
PUIDEMOS PROBAR O CASCO DE BOMBEIROS E BOTAR AUGA COA MANGUEIRA. MIRADE:
- APIs de Blogue
VISITA DOS OS BOMBEIROS
UN ANO MÁIS RECIBIMOS A VISITA DOS BOMBEIROS
PARA LEMBRAR O QUE TERÍAMOS QUE FACER
NUNHA SITUACIÓN DE EMERXENCIA.
FOI UN MOMENTO DIVERTIDO SOBRE TODO,
CANDO SAÍMOS AO PATIO
A TIRAR AUGA.
...E COMO O DÍA ERA SOLEADO FORMOUSE ESTE
MAGNÍFICO ARCO DA VELLA.
- APIs de Blogue
It's dinner time (Capela Primaria)
Os nenos/as de Capela Primaria fixemos esta gravación da historia It's dinner time.
Esperamos que vos guste.
It's dinnertime (kids) from Tamara Carreira on Vimeo.
- APIs de Blogue
Xogos sobre o poeta Díaz Castro
Dende o equipo de Normalización e Dinamización Lingüística, propoñemos que o noso alumnado aprenda a través de xogos, sobre a figura do poeta Díaz Castro, ao cal se lle dedican as Letras Galegas no 2014. Mais abaixo, mostraranse as ligazóns a cada un dos 7 xogos que temos preparados. Lembrádevos de ter actualizado o java para que funcione todo correctamente, podedes descargalo aquí: https://www.java.com/es/download/
Sen mais, clicamos na ligazón e comecemos a xogar!!!
- Crebacabezas de Díaz Castro 9 pezas:
- Crebacabezas de Díaz Castro 25 pezas:
- Crebacabezas de Nimbos 9 pezas:
- Crebacabezas de Nimbos 25 pezas:
- Completa os ocos arrastrando palabras de abaixo:
- Emparella a fotografía coa lenda correspondente, relacionada coa vida do poeta Díaz Castro:
- Emparella as imaxes:
Desfrutádeas!!!
- APIs de Blogue
VISITA DOS BOMBEIROS Á ESCOLA DE CAPELA
HOXE POLA MAÑA A PRIMEIRA HORA, CANDO ESTABAMOS NA ASAMBLEA, ALGÚNS DOS NENOS E NENAS DERONSE CONTA DE QUE ACABABAN DE CHEGAR OS BOMBEIROS, XA QUE O SEU CAMIÓN FAI BASTANTE RUÍDO E ADEMÁIS VIRONO POLA VENTÁ! QUE QUE EMOCIÓN!!!
PRIMEIRO ESTIVEMOS MOI ATENTOS AS SÚAS EXPLICACIÓNS POR SE ALGÚN DÍA NA ESCOLA HAI ALGÚN INCENDIO E DESPOIS ENSINARONNOS O CAMIÓN DE BOMBEIROS E DEIXARONNOS UTILIZAR A SÚA MANGUEIRA!! FOI O QUE MÁIS NOS GUSTOU!!!!!!
PROMETERONNOS QUE VOLVERÍAN PRONTO PARA VER SE RECORDAMOS TODO O QUE NOS ENSINARON HOXE!!!!!!!!!!!
- APIs de Blogue
VISITA DOS BOMBEIROS Á ESCOLA
ONTE APRENDIMOS MOITÍSIMAS COUSAS GRACIAS Á VISTA DOS BOMBEIROS. FIXEMOS UN SIMULACRO, COÑECIMOS A SÚA VESTIMENTA E O MÁIS IMPORTANTE: O NÚMERO DE EMERXENCIAS 112
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »