2013-2014
TODOS A EMPUXAR
BEN INTUÍA MIKEL O QUE SUCEDÍA CANDO FALABA DA "RESISTENCIA" QUE A AUGA É QUEN DE MANTER CON ALGÚNS OBXECTOS E NON CON OUTROS.
A FORZA, O EMPUXE QUE A AUGA EXERCE MANTÉN OS OBXECTOS A FLOTE, SE É QUE ESTES NON FAN AÍNDA MÁIS FORZA OU EMPUXE PARA ABAIXO...
E ISTO É O QUE FAI A BÓLA DE PLASTILINA: UN GRAN EMPUXE, QUE A AUGA QUE TEN XUSTO DEBAIXO NON É QUEN DE CONTRARRESTAR E COMO CONSECUENCIA... VAISE AO FONDO
PERO SE ESTENDEMOS A PLASTILINA, DÁNDOLLE FORMA DE BARCO, AUMENTAMOS A SUPERFICIE DE AUGA QUE EMPUXA E EMPUXA E COMO CONSECUENCIA... A PLASTILINA MANTENSE A FLOTE
aula de 4 e 5 anos
- APIs de Blogue
ORZAMENTOS 2014
O consello escolar do centro na súa reunión de 25 de marzo de 2014 e previo estudio da comisión económica aprobou o proxecto de orzamento para o ano 2014 e do que a continuación se dá conta.
PREVISIÓN DE INGRESOS: 24.118,01 euros.
Realízase a proposta de ingresos en base ás seguintes previsións:
-
Dotacións procedentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, 16.665 euros que corresponden 8.450,16 euros a gastos de funcionamento, 8.214,84 a indemnizacións por itinerancias. Esta partida pódese incrementar coas aportacións da Secretraría Xeral de Política Lingüística e coas aportacións correspondentes á participación do Centro no Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares..
-
Procedentes doutros organismos públicos: neste apartado prevese a aportación do concello de 1600 euros que ten como finalidade axudar a sufragar os gastos de desprazamento do alumnado do centro dentro do Concello (saidas ao Polideportivo, Aula de Música e Biblioteca, Auditorio de Rianxo) Nesta mesma partida prevese e a aportación de 487,50 euros do FOGGA, dentro do programa de distribución de froita nas escolas. Na actualidade existe a posibilidade de que a aportación do FOGGA se amplie.
-
Legados e doazóns, non se prevé
-
Convenios, non se prevé
-
Alleamento de bens mobles, non se prevé
-
Prestación de servizos: Aportacións da familias para a realización de actividades complementarias, (5.350euros) neste apartado o centro prevé que as familias con dificultades económicas graves queden exentas. 350 euros adicaranse a financiar a edición dos calendarios escolares
-
Uso de instalacíons, non se prevé
-
Remanente da anualidade de 2013: 15,94 euros
-
Venda fotocopias e uso de tfno., non se prevé
-
Achegas para comedor escolar, non se prevé
-
Xuros da conta; -0,43
-
Calquera outro ingreso autorizado, non se prevé.
PREVISIÓN DE GASTOS: 24.118,01 EUROS
-
Arrendamentos, non se prevé
-
Reparación e mantemento de edificios, maquinaria, mobiliario, equipos informáticos 250 euros repartidos según se indica no cadro adxuntos
-
Material de oficina 200 euros
-
Sumnistración a aulas e especialistas 4.793,17 euros. Dentro desta partida incluese a asignación a aulas e departamentos para o ano 2014 e a asignación aos departamento pendente de 2013, en total 4.205,67 euro. Os criterios de reparto desta asignación serán os utilizados en anualidades anteriores: asignación fixa a especialidades, e asignación variable as aulas (esta asignación variable está constitiuda por unha cantidade fixa por aula e unha cantidade variable por numero de alumnos) tamén será variable a asignación ás áreas de Relixión e Atención Educativa en función do número de alumnos/as. Nesta partida inclúense ademáis o gasto pola distrubución de froita con cargo ao programa financiado polo FOGGA en total 487,50 euros. Tamén se inclue a asignación ao programa de Normalización Lingüística por importe de 100 euros. En canto a programa de Formación das Familias, prevese que as actividades de formación do profesorado que organice o centro sexan abertas ás familia, polo que a asignación para formación das familias irá con cargo ao Plan de Formación específico do profesorado.
-
Comunicacións 1.800 euros, corresponde a previsión para atender os gastos derivados da telefonía e da correspondencia postal
-
Transporte dentro dos Plan de Actividades complementarias 6.850 euros. Dentro desta partida que pode variar en función das actividades que se organicen, o centro preve a cantidade de 250 euros para atrender os gastos do alumnado con dificultades económicas
-
Outras empresas, mantemento fotocopiadora 700 euros
-
Primas de seguros, non se prevé
-
Tributos, non se prevé
-
Axudas a custo e locomoción correspondentes ás itinerancias do profesorado, 8214,84 euros
-
Gastos diversos que incluen: Publicacións 810 euros (Revista escolar, 460 euros e 350 euros para a edición dos calendarios escolares
-
Mobiliario e utensilios inventarables, non se prevé
-
Outros materiais inventariables. Adquisición de fondos para a biblioteca do centro 400 euros, que se engadirán a axuda que corresponda por continuar no PMB
-
Comedores escolares, non se prevé.
PROXECTO DE ORZAMENTO EN FORMATO DE TÁBOA REMITIDO Á CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
- APIs de Blogue
O HOMIÑO DE PAPEL
DESPOIS DE ESCOITAR A HISTORIA DO
"HOMIÑO DE PAPEL" ZOE
ESCRIBIUNA E FIXO OS DEBUXOS.
- APIs de Blogue
April Fool's Day
En boa parte de Europa e América celébrase hoxe o April Fool's Day, o equivalente do día dos Santos Inocentes. O que pouca xente sabe é que na Galicia tradicional, o 1 de abril tamén era o día tradicional das bromas e das trampas, igual que en boa parte do continente. Tamén na illa balear de Menorca onde lle chaman o día d'Enganar. Xa o di o dito, "O primeiro de abril van os burros a onde non deben ir".
- APIs de Blogue
DEBUXOS DO SALÓN DO LIBRO
UN ANO MÁIS ATOPAMONOS CON "ORBIL"
A MASCOTA DO SALÓN DO LIBRO.
DISFRUTAMOS CON ÉL E COAS SORPRESAS
QUE ENCERRABA O SALÓN .
E ESTES SON OS DEBUXOS QUE FIXEMOS AO CHEGAR A ESCOLA.
- APIs de Blogue
SORPRESA EN QUINTÁNS!
Esta mañá mentres estabamos na clase de Relixión na escola de Quintáns tivemos un curioso visitante, queredes saber de quen se trata?
Pois síiiiiiii! acertáchedes, veunos visitar o noso amigo o Arco da Vella, vímolo pola fiestra mentres traballabamos e llo ensinamos a profe Celia
Estaba precioso e se vía moi ben, e como nos gustou tanto decidimos compartir estas imaxes con todos vós. Esperamos que vos gusten, moitos bicos dos nenos e nenas de Quintáns.
- APIs de Blogue
AUGA QUE EMPUXA A AUGA
MESMO A AUGA DOCE PODE FLOTAR NA AUGA SALGADA!
PARA QUE POIDERAMOS VELO A PROFE MARÍA PREPAROU UNS CUBIÑOS DE XEO CON AUGA COLOREADA E DISOLVEUNOS EN DOUS RECIPIENTES: UN DE AUGA DOCE E OUTRO DE AUGA SALGADA
AO DERRETERSE O XEO, NUN DOS RECIPIENTES A AUGA COLOREADA MESTUROUSE COMPLETAMENTE COA AUGA QUE ALÍ HABÍA. NO OUTRO, A AUGA COLOREADA MANTÍVOSE NA SUPERFICIE SEN MESTURARSE APENAS.
SABERÍAS DICIR EN CAL DOS DOUS RECIPIENTES CONSEGUIMOS QUE FLOTARA A AUGA COLOREADA?
aula de 4 e 5 anos
- APIs de Blogue
VISITAMOS PONTEVEDRA!
APROVEITANDO QUE ESTABAMOS EN PONTEVEDRA FIXEMOS UN ROTEIRO POLA PARTE ANTIGA DA CIDADE
PARA VER ARCIMBOLDOS: ROTEIRO DE ESCAPARATES SABOROSOS.
(Dez artistas interviron en escaparates de tendas relacionadas coa alimentación,
creando obras de arte a partir dos produtos dos propios establecementos, nós vimos catro deles)
- APIs de Blogue
INVESTIGANDO CON PAULA: O OIDO
NESTA SESIÓN ADICADA AO SENTIDO DO OÍDO DESCUBRIMOS COMO FUNCIONA E COMO CHEGA A INFORMACIÓN AO CEREBRO.
AS PERSOAS XORDAS SON AS QUE NON OEN, PERO TAMÉN SE COMUNICAN COA LINGUAXE DE SIGNOS,
POIS OS QUE NUNCA OIRON NON SABEN TAMPOUCO FALAR.
DESPOIS ESCOITAMOS UNHA MELODÍA COS OLLOS PECHADOS E EN SILENCIO
Á VEZ QUE DEBUXAMOS O QUE NOS PARECÍA QUE DICÍA A MÚSICA (GALOPE DE ROSSINI)
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- …
- seguinte ›
- última »