2013-2014

MARIÑEIROS E RIANXEIRAS PASEAN POLO PAZO

MARIÑEIROS E RIANXEIRAS POIDEMOS FACER O PASARRÚAS POLA ALDEA DO PAZO.

E, COMO NON, LEVAMOS A NOSA XEITEIRA Á PRAIA E  NELA ÍA UNHA PASAXEIRA ESPECIAL: A MORENIÑA

E NÓS, COMO BOS RIANXEIROS E RIANXEIRAS MOITO DESFRUTAMOS NA AREA

(AÍNDA QUE NON O FIXEMOS DESCALCIÑOS)

 

E CANTAMOS BEN FORTE:

OS NENOS DE PAZO

SOMOS  MARIÑEIROS

QUEREMOS IR AO ENTROIDO

DISFRAZADOS DE RIANXEIROS

 

A ROSALÍA

 

"DO MAR POLA ORELA

MIREINA PASAR

NA FRENTE UNHA ESTRELA

NO BICO UN CANTAR..."

CURROS ENRÍQUEZ

aula de 4 e 5 anos

PARABÉNS BORJA

HOXE DÍA 7 DE MARZO... BORJA ESTIVO DE CUMPLEAÑOS !!!

E COMO NON PODÍA SER DOUTRO XEITO , QUIXO CELEBRALO CON TODOS NÓS.

PARA A OCASIÓN TROUXONOS UN DELICIOSO BISCOITO FEITO POLA SÚA MAMÁ E UNS ZUMES DE MOITOS SABORES.

UUUUMMM... COMO NOS PUXEMOS !!   Canso

   

MOITOS PARABÉNS BORJA

ESTÁS FEITO TODO UN MOZO

XARDIÑEIROS/AS

TRAS MOITAS SEMANAS DE CHUVIA... POR FIN SAÍRON OS PRIMEIROS RAÍÑOS DE SOL !!

 E COMO NON PODÍAMOS DESPERDICIAR ESTE ESTUPENDO DÍA, APROVEITAMOS PARA COMEZAR A TRABALLAR NO NOSO XARDÍN.

1º TAREFA: ARRANCAR AS MALAS HERBAS

ADEUS TORIBIÑO

AI MEU TORIBIÑO, QUE NOVO MORRICHES

DE MORTE MORRIDA!!

CHORAMOS Ó ENTROIDO QUE FOI E MARCHOU

E DE HOXE NUN ANO DIREMOS: CHEGOU!!

aula de 4 e 5 anos

ENTROIDO 2014... O GRAN DÍA

E DESPOIS DE MOITO TRABALLAR... CHEGOU O GRAN DÍA  E O MOMENO DE LUCIR OS NOSOS FERMOSOS DISFRACES...

CON TODOS VÓS... OS VOLANTEIROS DE RAÑÓ

SEN DÚBIDA , TANTO TRABALLO MERECEU A PENA !!

   

QUE BEN O PASAMOS DISFILANDO COS NOSOS VOLANTES, VENDO AOS NOSOS COMPAÑEIROS/AS DAS OUTRAS ESCOLAS COS SEUS FERMOSOS DISFRACES E DEGUSTANDO AS DELICIOSAS ORELLAS, FILLOAS E ROSQUILLAS FEITAS POLAS NOSAS FAMILIAS.

¡¡ UN DÍA MOI ESPECIAL !!

ENTROIDO 2014

Por fin chegou a tan desexada semana do ENTROIDO, e con el... as consignas de "Toribiña" para poder entrar no cole...

E como non podía ser doutro xeito... SEGUÍMOLAS AO PÉ DA LETRA !!

Durante a semana... estivemos coñecendo algúns dos disfraces típicos de Galicia, facendo unhas divertidas caretas...

E TRABALLANDO MOIIIIIIITÍSIMO PARA FACER OS NOSOS DISFRACES DE...VOLANTEIROS !!!

(marcamos, cortamos, clasificamos por cores e logo por tamaños, montamos, etc)

PARA OS QUE NON O SABEDES...

OS VOLANTES OU VOLANTEIROS son uns disfraces típicos de Chandada (Galicia).

Trátase dunha estructura con forma ovalada chea de flores de tela de distintas cores que se coloca enriba da cabeza e da que colgan cintas de moitas cores. Esta estructura pode chegar a pesar de 15 a 18 kilos e sempre é levada por homes.

Os volantes ou volanteiros son os encargados de bailar ao redor do Santo Entroido unha vez que se leva a enterrar para o fin das festas. Mentres eles bailan e o cura do pobo o intenta resucitar, o Santo Entroido fuxe do seu sepelio, para non volver ata o seguinte Entroido.

COPLAS DE ENTROIDO

PARA FACER UN AUTÉNTICO ENTROIDO CON XENERAIS DO ULLA TIVEMOS QUE APRENDER A
BATALLAR CON COPLAS

"TEN COIDADO _____________

QUE ESTAMOS NUNHA BATALLA

VOUCHE MANDAR UNHA COPLA

QUE CHE VAI RACHAR A BRAGA"

"TEN COIDADO _____________

ESCOITA A NOSA CANCIÓN

AGACHA BEN O CÚ

QUE VAS QUEDAR SEN CALZÓN"

 E APRENDEMOS TAMÉN A DAR ENTUSIASTAS VIVAS A TODOS NÓS:

"QUE VIVA  _____________
E TODA A SÚA FAMILIAAAAA!!!!

aula de 3 e 4 anos

Distribuir contido