ORZAMENTOS 2014
O consello escolar do centro na súa reunión de 25 de marzo de 2014 e previo estudio da comisión económica aprobou o proxecto de orzamento para o ano 2014 e do que a continuación se dá conta.
PREVISIÓN DE INGRESOS: 24.118,01 euros.
Realízase a proposta de ingresos en base ás seguintes previsións:
-
Dotacións procedentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, 16.665 euros que corresponden 8.450,16 euros a gastos de funcionamento, 8.214,84 a indemnizacións por itinerancias. Esta partida pódese incrementar coas aportacións da Secretraría Xeral de Política Lingüística e coas aportacións correspondentes á participación do Centro no Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares..
-
Procedentes doutros organismos públicos: neste apartado prevese a aportación do concello de 1600 euros que ten como finalidade axudar a sufragar os gastos de desprazamento do alumnado do centro dentro do Concello (saidas ao Polideportivo, Aula de Música e Biblioteca, Auditorio de Rianxo) Nesta mesma partida prevese e a aportación de 487,50 euros do FOGGA, dentro do programa de distribución de froita nas escolas. Na actualidade existe a posibilidade de que a aportación do FOGGA se amplie.
-
Legados e doazóns, non se prevé
-
Convenios, non se prevé
-
Alleamento de bens mobles, non se prevé
-
Prestación de servizos: Aportacións da familias para a realización de actividades complementarias, (5.350euros) neste apartado o centro prevé que as familias con dificultades económicas graves queden exentas. 350 euros adicaranse a financiar a edición dos calendarios escolares
-
Uso de instalacíons, non se prevé
-
Remanente da anualidade de 2013: 15,94 euros
-
Venda fotocopias e uso de tfno., non se prevé
-
Achegas para comedor escolar, non se prevé
-
Xuros da conta; -0,43
-
Calquera outro ingreso autorizado, non se prevé.
PREVISIÓN DE GASTOS: 24.118,01 EUROS
-
Arrendamentos, non se prevé
-
Reparación e mantemento de edificios, maquinaria, mobiliario, equipos informáticos 250 euros repartidos según se indica no cadro adxuntos
-
Material de oficina 200 euros
-
Sumnistración a aulas e especialistas 4.793,17 euros. Dentro desta partida incluese a asignación a aulas e departamentos para o ano 2014 e a asignación aos departamento pendente de 2013, en total 4.205,67 euro. Os criterios de reparto desta asignación serán os utilizados en anualidades anteriores: asignación fixa a especialidades, e asignación variable as aulas (esta asignación variable está constitiuda por unha cantidade fixa por aula e unha cantidade variable por numero de alumnos) tamén será variable a asignación ás áreas de Relixión e Atención Educativa en función do número de alumnos/as. Nesta partida inclúense ademáis o gasto pola distrubución de froita con cargo ao programa financiado polo FOGGA en total 487,50 euros. Tamén se inclue a asignación ao programa de Normalización Lingüística por importe de 100 euros. En canto a programa de Formación das Familias, prevese que as actividades de formación do profesorado que organice o centro sexan abertas ás familia, polo que a asignación para formación das familias irá con cargo ao Plan de Formación específico do profesorado.
-
Comunicacións 1.800 euros, corresponde a previsión para atender os gastos derivados da telefonía e da correspondencia postal
-
Transporte dentro dos Plan de Actividades complementarias 6.850 euros. Dentro desta partida que pode variar en función das actividades que se organicen, o centro preve a cantidade de 250 euros para atrender os gastos do alumnado con dificultades económicas
-
Outras empresas, mantemento fotocopiadora 700 euros
-
Primas de seguros, non se prevé
-
Tributos, non se prevé
-
Axudas a custo e locomoción correspondentes ás itinerancias do profesorado, 8214,84 euros
-
Gastos diversos que incluen: Publicacións 810 euros (Revista escolar, 460 euros e 350 euros para a edición dos calendarios escolares
-
Mobiliario e utensilios inventarables, non se prevé
-
Outros materiais inventariables. Adquisición de fondos para a biblioteca do centro 400 euros, que se engadirán a axuda que corresponda por continuar no PMB
-
Comedores escolares, non se prevé.
PROXECTO DE ORZAMENTO EN FORMATO DE TÁBOA REMITIDO Á CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Modelo de orzamento 2014_xuga.pdf | 52.79 KB |
- APIs de Blogue