2013-2014
MENUDA AVENTURA!!!!
COMO TODOS OS DÍAS QUE NON CHOVE, SAIMOS Ó PARQUE QUE TEMOS Ó LADO DA ESCOLA, PERO NADA MÁIS CHEGAR... ATOPAMOS UNHA BOLSIÑA. QUÉ SERÁ???? PREGUNTÁMONOS TODOS. RÁPIDAMENTE ABRIMOS A BOLSA E... "O CAN TRAMPULLEIRO" UN CONTO!!!!!!
Ó CHEGAR Á AULA A PROFE CONTOUNOS O CONTO E ENCANTÓUNOS!!!!!!! ASÍ QUE HOXE, 22 DE MAIO DO 2014, DEIXÁMOLO AGOCHADO NALGÚN SITIO DE TARAGOÑA. ESPERAMOS QUE O ATOPEN PRONTO E QUE DISFRUTEN TANTO COMA FIXEMOS NÓS.
APÍPOLIS
TRAS MOITOS DÍAS INVESTIGANDO E APRENDENDO SOBRE AS ABELLAS...CHEGOU O GRAN DÍA,
A VISITA A APÍPOLIS !!!
ADEMAIS DE LEMBRAR MOITAS COUSAS QUE XA SABÍAMOS, APRENDEMOS OUTRAS MOITAS COUSAS NOVAS COAS DIFERENTES ACTIVIDADES QUE ALÍ REALIZAMOS.
UNHA DESAS ACTIVIDADES FOI A VISITA AO APIARIO, PARA A CAL NOS TIVEMOS QUE VESTIR CO TRAXE DE APICULTOR. DESTA VEZ NON NOS VETIMOS CUN DISFRACE...SENÓN CUN TRAXE DE APICULTOR DE VERDADE!!!
AO PRINCIPIO, ISTO DE ESTAR TAN PRETO DAS ABELELAS A ALGÚNS NOS DOU UN POUQUIÑO DE MEDO, PERO FOMOS MOI VALENTES E TRAS COMPROBAR QUE ESTÁBAMOS PERFECTAMENTE PROTEXIDOS COS NOSOS TRAXES XA NON TIVEMOS MEDIÑO NINGÚN.
OUTRA DAS ACTIVIDADES FOI UN TALLER DE COCIÑA. NO CAL PREPARAMOS UNHAS DELICIOSAS GALLETAS DE MEL QUE LOGO LEVAMOS PARA A NOSA CASIÑA.
TAMÉN FIXEMOS UNHA VISITA POLA SALA DE EXPOSICIÓNS...
CANTAS COUSAS INTERESANTES APRENDEMOS E QUE COUSAS FERMOSAS VIMOS. DENDE UNHA COLMEA NATURAL DE VERDADE CHEA DE ABELLAS TRABALLANDO ATA UN VIDEO NO QUE A ABELLA RAÍÑA POÑÍA UN OVO. XOGAMOS A UN XOGO DE LAZARLLE A PELOTA A UN ZÁNGANO, BUSCAMOS A ABELLA RAÍÑA CUNHA LUPA, VIMOS OS DISTINTOS TIPOS DE PANAIS... E MOITAS COUSAS MÁIS.
VIMOS COMO SE FAI O PROCESO DE EXTRACIÓN DO MEL E PROBAMOS COMO SABE O POLEN QUE RECOLLEN AS ABELLAS DAS FLORES...
E POR ÚLTIMO RIMONOS MOITO CUN CONTO DE ABELLAS MOIIII DIVERTIDO.
PASÁMOLO MOI BEN
- APIs de Blogue
DISFRAZÁMONOS DE APICULTORES/AS
HOXE AO CHEGAR AO COLE ESPERÁBANOS UNHA PEQUENA SORPRESA...
O MESTRE IVÁN DA ESCOLA DE QUITÁNS PRESTOUNOS O SEU DISFRACE DE APICULTOR E COMO NON PODÍA SER DOUTRO XEITO...TODOS PROBAMOS A EXPERIENCIA DE SENTIRNOS APICULTORES/AS POR UN DÍA.
GRAZAS MESTRE IVÁN !!!
- APIs de Blogue
VISITA A APÍPOLOS
O CRA DE RIANXO REALIZOU OS DÍAS 20 E 21 DE MAIO UNHA VISITA DIDÁCTICA A "APÍPOLIS", CENTRO DE EDUCACIÓN AMBIENTAL UBICADO EN XEVE, PONTEVEDRA.
"APÍPOLOS" TEN COMO OBXECTIVO PRINCIPAL AMOSAR A IMPORTANCIA QUE TEÑEN AS ABELLAS PARA OS SERES HUMANOS E PARA O MEDIO NO QUE NOS DESENVOLVEMOS
ver a visita da
- APIs de Blogue
"MERCADILLO EN TARAGOÑA"
PERO QUÉ BEN O PASAMOS EN TARAGOÑA COS NOSOS VECIÑ@S!!!!! TIVEMOS A SORTE DE PASAR UN RATIÑO CON ELES O VENRES NO MERCADILLO E ESPERAMOS PODER VELOS DE NOVO ÉSTA SEMANA.
E MOITAS GRAZAS POLAS FRESAS, OS CHOURIZOS E A PLANTIÑA!!!!!! ENCANTOUNOS!!!!!
- APIs de Blogue
CELEBRANDO AS LETRAS
PRIMEIRO DÉMOSLLE FORMA AS LETRAS.
COAS LETRAS FORMAMOS PALABRAS.
COAS PALABRAS XURDIU A POESÍA
Aula de 4 e 5 anos
CELEBRANDO AS LETRAS
A COMUNIDADE ESCOLAR DO CRA DE RIANXO CELEBROU O 16 DE MAIO, NO LUGAR DE CAMPO DE MANEIRO, A FESTA DAS LETRAS
ver a celebración na
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »