APÍPOLIS
TRAS MOITOS DÍAS INVESTIGANDO E APRENDENDO SOBRE AS ABELLAS...CHEGOU O GRAN DÍA,
A VISITA A APÍPOLIS !!!
ADEMAIS DE LEMBRAR MOITAS COUSAS QUE XA SABÍAMOS, APRENDEMOS OUTRAS MOITAS COUSAS NOVAS COAS DIFERENTES ACTIVIDADES QUE ALÍ REALIZAMOS.
UNHA DESAS ACTIVIDADES FOI A VISITA AO APIARIO, PARA A CAL NOS TIVEMOS QUE VESTIR CO TRAXE DE APICULTOR. DESTA VEZ NON NOS VETIMOS CUN DISFRACE...SENÓN CUN TRAXE DE APICULTOR DE VERDADE!!!
AO PRINCIPIO, ISTO DE ESTAR TAN PRETO DAS ABELELAS A ALGÚNS NOS DOU UN POUQUIÑO DE MEDO, PERO FOMOS MOI VALENTES E TRAS COMPROBAR QUE ESTÁBAMOS PERFECTAMENTE PROTEXIDOS COS NOSOS TRAXES XA NON TIVEMOS MEDIÑO NINGÚN.
OUTRA DAS ACTIVIDADES FOI UN TALLER DE COCIÑA. NO CAL PREPARAMOS UNHAS DELICIOSAS GALLETAS DE MEL QUE LOGO LEVAMOS PARA A NOSA CASIÑA.
TAMÉN FIXEMOS UNHA VISITA POLA SALA DE EXPOSICIÓNS...
CANTAS COUSAS INTERESANTES APRENDEMOS E QUE COUSAS FERMOSAS VIMOS. DENDE UNHA COLMEA NATURAL DE VERDADE CHEA DE ABELLAS TRABALLANDO ATA UN VIDEO NO QUE A ABELLA RAÍÑA POÑÍA UN OVO. XOGAMOS A UN XOGO DE LAZARLLE A PELOTA A UN ZÁNGANO, BUSCAMOS A ABELLA RAÍÑA CUNHA LUPA, VIMOS OS DISTINTOS TIPOS DE PANAIS... E MOITAS COUSAS MÁIS.
VIMOS COMO SE FAI O PROCESO DE EXTRACIÓN DO MEL E PROBAMOS COMO SABE O POLEN QUE RECOLLEN AS ABELLAS DAS FLORES...
E POR ÚLTIMO RIMONOS MOITO CUN CONTO DE ABELLAS MOIIII DIVERTIDO.
PASÁMOLO MOI BEN
- APIs de Blogue